martes, 9 de junio de 2020

SARTEGO DA CAMPA DA CARBALLEDA - A EIREXE - VENTOSA - AGOLADA

SARTEGO DA CAMPA DA CARBALLEDA
A EIREXA
VENTOSA
AGOLADA


Sartego da Campa da Carballeda de Ventosa
     Tumba antropomorfa situada ao 600 metros ao sueste da Igrexa de Ventosa. Atópase nun outeiro rochoso ao lado dereito dunha pista que sae ao leste do lugar da Eirexe e pasa pola banda sur da Campa da Carballeda. 


     Ten a particularidade de amosar na pía espazo para albergar dous corpos, como se deduce do rebaixe dobre da parte superior do elemento que correspondería coas cabezas. 


     Os pés da tumba están orientados ao leste e a cabeza ao oeste. Ao seu carón hai un gran rebaixe en forma de pía que parece natural e froito da erosión da pedra, pero ao lado dereito dos pés está un pequeno oco tallado con forma rectangular que parece formar parte do conxunto do sartego, pero foi feita polos canteiros que traballaban neste lugar de extracción de pedra para dar temple aos punteiros de picar a rocha. 


 Ventosa
     Ventosa San Xulián de Ventosa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes. Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa. 


 Patrimonio
     A igrexa parroquial data do século XIII pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior destaca o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro paneis completos dun baldaquino.



     En Axiaz hai varios túmulos dolménicos e unha casa grande que conserva unha cheminea flanqueada por gárgolas que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz.



     En San Xulián de Chaos hai sartegos antropoides tallados en rocha viva e un castro de pequenas dimensións.



Lugares de Ventosa
   A Aldea do Monte, Axiaz, Buxán, Cartimil, A Eirexe, Grixanova. Laxe, Quintela, Río, Os Toxás, Treilamas, Vilar



Parroquias de Agolada
     Agra (San Miguel), Artoño (Santalla), A Baíña (San Pedro), Basadre (Santa María), Berredo (Santa María), Borraxeiros (San Cristovo), Brántega (San Lourenzo), Brocos (San Miguel), Carmoega (San Pedro), Eidián (Santiago), Esperante (San Cibrao), Ferreiroa (San Pedro), Gurgueiro (San Miguel), Merlín (San Pedro), Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio), Santa Comba (San Xoán), Sesto (San Cibrao), O Sexo (Santiago), As Trabancas (San Mamede), Val de Sangorza (Santa María), Ventosa (San Xulián), Vilariño (Santa María)



Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.



     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.



     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901