martes, 14 de enero de 2020

TORRE DE CALDALOBA - A RABADÁ - PINO - COSPEITO

 TORRE DE CALDALOBA
A RABADÁ
PINO
COSPEITO


Torre de Caldaloba
     Na parroquia de Pino atópase o Castelo de Caldaloba que consta dunha torre de 25 metros de altura, emprazada no antigo couto do Mato aproveitando o emprazamento defensivo dun antigo castro, con 4 fosos.


     Só se conserva a torre da homenaxe do antigo castelo, de catro plantas, de anchos muros de cachotería de xisto e de granito, planta cadrada, remate superior abovedado e varios estreitos ventanais.


     Foi propiedade do Mariscal Pardo de Cela, e lugar onde a súa filla Constanza de Castro se rebelou en 1483 contra os enviados dos Reis Católicos, como vinganza á decapitación do seu pai en Mondoñedo. 


     As revoltas Irmandiñas e o paso do tempo ocasionaron o seu actual estado ruinoso, pois queda abandonada desde o s. XV, aínda que actualmente as súas ruínas están consolidadas. 


      Cóntase a existencia dun túnel que parte do castelo ata o pazo de Caldaloba, que se atopa preto da fortaleza.


Pino
      San Martiño de Pino é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertence ao arciprestado de Trobo, delimitada polas parroquias de Oleiros e Seixas polo norte; Xoibán e Támoga polo sur; Vilapene e Cospeito polo leste, e Nete polo oeste.


     Pino tiña unha poboación 441 veciños no ano 2016 nunha extensión de 15,6 km².


A poboación encóntrase agrupada en 19 lugares: 
     Bouza, Broz, Carracido, A Casiña, O Castro, A Costa, Desecabo, Fontesalgueira, A Fraga, Gaioso, Guldeiros, Infesta, O Mato, A Millarada, O Monte, Porto, A Quenlla, A Rabadá e O Sumeiro.


Cospeito
     Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertence á Terra Chá. 


Xeografía
     Está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa de Cospeito, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.


Patrimonio
     Existen no concello un gran número de sitios arqueolóxicos. Podemos destacar o da Medorra da Millara (tamén chamada Medorra do Marco) situado na Penalba, lugar da parroquia de San Martiño de Pino.


     Tamén na parroquia de Pino atópase a torre de Caldaloba (fortificación medieval) e o pazo de Caldaloba (pazo do século XVII).


     As Torres de Arneiro foron tres antenas de radionavegación de 112 metros de altura na actualidade derrubadas, que foron instaladas no concello polo exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial co fin de facilitar o posicionamento e seguimento dos submarinos (U-Boots) e dos avións no Golfo de Biscaia.


Turismo
     Na parroquia de Muimenta celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.


Parroquias de Cospeito    
     Arcillá (San Paio), Bestar (Santa María), Bexán (San Paio), Cospeito (Santa María), Goá (San Xurxo), Lamas (San Martiño), Momán (San Pedro), Muimenta (Santa Mariña), Pino (San Martiño), Rioaveso (Santalla), Roás (San Miguel), Santa Cristina (San Xiao), Seixas (San Pedro), Sisoi (Santalla), Sistallo (San Xoán), Támoga (San Xiao), Vilapene (Santa María), Vilar (Santa María), Xermar (Santa María), Xustás (Santiago)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901