miércoles, 15 de enero de 2020

CAPELA DO ROSARIO - BRAVOS - VICINTE - OUTEIRO DE REI

CAPELA DO ROSARIO
BRAVOS
VICINTE
OUTEIRO DE REI


Capela da Confraría da Nosa Señora do Rosario
     Situada en Bravos (Vicinte), cando esta aldea foi suprimida como parroquia, no amaño parroquial de 1890, deixou de ser igrexa para pasar a subsistir como capela da confraría da Virxe do Rosario (fundada en 1704).


     Esta capela, de pedra de cantería, foi obxecto de varias reformas, algunhas dos primeiros anos do século XV de acordo á inscrición que recollemos máis tarde. 


     Na actualidade o monumento consta dunha nave e ábsida rectangulares, este máis reducido cá nave, ó modo clásico do románico rural. 


     Pero non conserva elemento algún desta primitiva fábrica románica, non anterior á segunda metade do século XII, agás as medidas.


      A parte principal ábrese cun arco de medio punto ó interior e apuntado ó exterior. 


     Cingue un tímpano adintelado esculpido cunha cruz con entrelazos uniformes abrazada por unha circunferencia.


     No muro Sur hai unha parte cun arco de medio punto, ademais dun tímpano decorado cun disco no que destaca un castelo de tres torres amearas. 


     Á dereita do disco leva unha inscrición en carácteres monacais e distribuída en catro liñas. 



Vicinte
     Santa María de Vicinte é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 96 habitantes (54 homes e 42 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.



Patrimonio
     Na aldea de Vicinte localízase un castro. 



     A Capela de Bravos é de orixe románico rural; preto dela sobresae dunha pena firme unha sepultura tallada na mesma pedra.


     En Bravos existe un Centro de Interpretación Avifauna.


Festas
    Virxe de Fátima, o 13 de maio.



Lugares de Vicinte
     Bravos, Bustelo, As Carballeiras, Fontefría, A Insua, Sancroio, Vicinte, Vilarelle 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901