IGLESIA DE BASCÓS
BASCÓS
MONFORTE DE LEMOS
Bascós
San Martiño de Bascós é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 96 habitantes, deles 47 eran homes e 49 eran mulleres.
Limita coas parroquias de Reigada e Chavaga ao norte, Pinel ao leste, Sindrán e Caneda ao sur, e con Monforte de Lemos ao oeste.
Lugares de Bascós
Barredo, O Campo, Carranchousa, A Estrada, Outorelo, A Rectoral, O Regueiro, O Torbido, A Vila
Monforte de Lemos
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.
Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital.
Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o»
Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade.
Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.
Parroquias de Monforte de Lemos
Baamorto (Santa María), Bascós (San Martiño), Caneda (Santalla), O Chao do Fabeiro (San Ramón), Chavaga (San Xoán), Distriz (Santo André), Fiolleda (San Cosmede), Gullade (Santo Acisclo), Guntín (Santa Lucía), Marcelle (San Miguel), Monforte de Lemos, Moreda (San Salvador), As Nocedas (Santo Estevo), A Parte (Santa María), A Penela (Santa María), Piñeira (San Martiño), Reigada (San Salvador), Ribas Altas (San Pedro), Rozavales (Santa María), San Xillao de Tor (San Xillao), Santa Mariña do Monte (Santa Mariña), Seoane (San Salvador), Sindrán (San Pedro), Tor (San Xoán), Valverde (San Pedro), A Vide (San Cibrao), Vilamarín (San Fiz)
Comarca da Terra de Lemos
A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.
A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901