ANTIGUA PAPELERA DE RIOBÓ
A MOTA
A BARREIRA
A ESTRADA
O conxunto da Papeleira de Riobó está formado por varias edificacións.
Cada unha tiña usos concretos como o de branqueo, secado, almacén de trapos ou mesmo muíño fariñeiro.
Ademais, o edificio principal principal estaba dedicado a oficinas, contador, sala de cilindros, secadoiros ao vapor e ao aire e depósitos para as pastas de papel. Trátase dunha gran construción de cantaría que consta de baixo, tres alturas e faiado.
Posúe planta rectangular duns 25 metros de longo por 12 de ancho e tiña cuberta a dúas augas.
Tras varios anos sen actividade, Ramón María de Silva retoma o proceso e obtén a consideración de Real Fábrica en 1795. Despois de pertencer á saga dos Silva, no XIX aparece a nome de Ramón Otero Estévez, propietario do veciño Pazo da Mota.
Tralo falecemento dun dos seus herdeiros, Gumersindo Otero, quen dirixía a fábrica desde 1880, a papeleira é vendida, sendo comprada en 1940 polo noiés Ramón López Rodríguez, dono da papeleira de Soutorredondo, en Lousame.
Dirixida por este e o seu fillo, a fábrica de papel pecharía definitivamente en 1964. Porén, transformaríase primeiro nunha granxa de polos e logo nun criadeiro de troitas.
Con máis cambios de donos, e malia o seu estado de ruína, na actualidade segue acollendo unha piscifactoría.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901