lunes, 3 de agosto de 2015

SAN VICENTE POMBEIRO - PANTÓN

 SAN VICENTE POMBEIRO
PANTÓN
LUGO


 Igrexa de san Vicente Pombeiro
      Como é habitual en moitas outras igrexas da zona, San Vicente de Pombeiro formou parte, alá polo século X, dun mosteiro do que hoxe non quedan máis que algunhas pegadas. 


     A igrexa foi construída entre os séculos XII e XIII, aínda que en etapas posteriores sufriu diversas reformas. 


     É de planta basilical, con tres naves e outras tantas ábsidas semicirculares. A particular entrada principal está disposta entre dous contrafortes. 


     Dous pares de columnas sosteñen, por riba dun tímpano liso, arquivoltas levemente apuntadas. 


     Na parte superior vemos seis arcos decorados con cabezas humanas e formas xeométricas, conxunto que recibe o nome de "gardachuvias”. 


     Os muros norte e sur dispoñen tamén de portas de interese. A primeira é similar á da principal, mentres que a sur está situada baixo un rosetón decorado.


     A fachada oeste conta cunha torre de sección circular, rematada por un campanario de sección cadrada, resgardado por unha pequena cúpula. 



     Mirando por una cristaleira situada no muro norte poderemos ver os espazos interiores do templo. 


     Neles consérvanse retablos renacentistas e barrocos, así como restos de antigas pinturas murais do século XV. 


San Vicente de Pombeiro
     San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 contaba con 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Patrimonio
    Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, da que se conserva o templo. Nel destacan as súas pinturas murais.



 

Lugares e parroquias
     Amandi, Barreiro, O Barrio, Bazal, O Cancelo, Cascaxide, Cascortés, Cibrisqueiros, Mación, Moredo, Outeiro, Penaveada, A Piúca, A Presa, O Priorato, O Regueiro, Ribas de Sil, San Cosmede, San Pedro, O Souto, Telleiros, A Torre de Vilamirón, O Torrón, A Touza, Vilamirón.


Pantón
     Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 2.708 habitantes (1.372 homes e 1.488 mulleres), o que supón unha diminución en 76 habitantes en relación ao ano anterior.


Historia
     A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. 



     Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.


Patrimonio histórico e artístico
     Neste concello atópase unha das mostras máis salientables da arquitectura románica en Galicia, a igrexa de San Miguel de Eiré, antiga igrexa monástica con abondosa decoración escultórica.
    Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.
    Mosteiro de Santo Estevo de Atán.
    Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro.
    A torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce do século IX.
    O castro de Marce, chamado tamén castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño.
    A torre do Reloxo foi construída no ano 1950 no lugar de Marce pola Asociación de veciños de Marce en Bos Aires. É unha torre con reloxo de campá.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901