lunes, 13 de febrero de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE FOXADO - FOXADO - CURTIS

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE FOXADO

FOXADO

CURTIS

Foxado
     Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.

     Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Toponimia
     O topónimo «Foxado» faría referencia ás trampas ou foxos para cazaren os lobos que noutrora habitaban na parroquia.

Xeografía
      A parroquia está bañada polo río Mandeo. Ao seu paso por Curtis recibe as augas do río Portocastro, o Casteirón, o Ramalleira e o Deo, todos eles troiteiros. 

     No último tramo o Mandeo esta represado pola Central Eléctrica da Castellana.

     Neste pequeno encoro pódense observar varias especies de anátidos, como o lavanco.

      Desemboca nel o río de Portabenza, que após nacer na parroquia fai de límite co concello de Aranga.

Historia
     Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Foxado perdeu o lugar de Samel, que pasou a formar parte da nova parroquia de Vilarraso, xunto con outros lugares procedentes de Muniferral, Aranga e Curtis.

     No entanto, a parroquia civil non sofreu perda ningunha e seguiu a ter os mesmos límites xa que, administrativamente, Vilarraso só se formou cos lugares das parroquias pertencentes ao concello de Aranga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 12 de febrero de 2023

ESTACIÓN DE RUBIÁN - BÓBEDA

 ESTACIÓN DE RUBIÁN

RUBIÁN

BÓBEDA

Estación de Rubián
     Rubián é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Rubián, no concello de Bóveda, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 375,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Bóveda e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 31 de agosto de 1883 coa posta en marcha do tramo Toural dos Vaos-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.

     Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.

A estación
     O edificio para viaxeiros é de base rectangular e tres alturas. A estación dispón de tres vías e unha única plataforma lateral, xunto ao edificio. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


ESTACIÓN-APEADOIRO DE FIGUEIRIDO - VILABOA

 ESTACIÓN APEADOIRO DE FIGUEIRIDO

FIGUEIRIDO

VILABOA

 Apeadoiro de Figueirido
     Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. 

     O antigo apeadeiro de viaxeiros consérvase na beira da liña A Coruña- Vigo, e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Figueirido
     Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 760 habitantes (391 mulleres e 369 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, 79 menos ca en 1999. É a parroquia menos poboada do concello.

Xeografía
     Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana.

      Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino. 

      Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA




sábado, 11 de febrero de 2023

ESTACION DE TREN DE CURTIS - CURTIS

 ESTACIÓN DE CURTIS

CURTIS

 Estación de Curtis
      Curtis é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Curtis, no concello de Curtis, provincia da Coruña.

     Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 497,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Piñoi. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
       A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña. A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.

      Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na parroquia coñecida como Curtis-Estación, ao norte do núcleo urbano de Curtis.

     Conta cunha plataforma lateral e outra central ás que acceden dúas vías. 

      A estación consta dun total de catro vías pasantes numeradas como 1, 2, 4 e 6, ás que se lles suman tres vías mortas, usadas para o estacionamento de vagóns, xa que nesas vías procédese a expedir trens madeireiros que son cargados alí.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 10 de febrero de 2023

ESTACIÓN DE TEIXEIRO - TEIXEIRO - CURTIS

 ESTACIÓN DE TEIXEIRO

TEIXEIRO

CURTIS

 Estación de Teixeiro
     Teixeiro é unha estación de tren de Adif situada na vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 487,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Guitiriz e Curtis. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña. A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.

     Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe.

     Antes do comezo da guerra civil española en xullo de 1936, o futuro guerrilleiro Benigno Andrade García, Foucellas, interveu nunha requisa de dinamita na estación, un dos motivos polo cal, temendo represalias dos sectores fascistas, se botou ao monte logo do estalido da guerra.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. 

     Sitúase no noroeste do núcleo urbano de Teixeiro. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden as dúas vías existentes na estación.

     A 2,5 quilómetros da estación existe un pequeno ramal que accede a un apartadoiro que dá servizo a unha planta de bioetanol.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 8 de febrero de 2023

A ENTREVISTA "NO LOBEIRA TODAY" - GRACIÑAS

 ENTREVISTA NA LOBEIRA TODAY

GRACIAS

 
      Meu agradecermo a Fran da Lobeira por convidarme a estar nos seus directos "A LOBEIRA TODAY" e convidarme as suas nas redes sociais.

     Gracias tamén os que nos acompañastes. GRAZAS

       Déixovos os enlaces nos que podedes  seguir os diferentes momentos do directo.

VIDEO

XOAN ARCO DA VELLA