lunes, 9 de enero de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BEADE - SANTA MARÍA DE BEADE - BEADE

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE BEADE

SANTA MARÍA DE BEADE

BEADE

     Do seu antigo esplendor, mantense neste pequeno municipio, o considerado por Otero Pedraio, como un dos máis belos conxuntos arquitectónicos da comarca, destacando tamén dentro del, esta relevante IGREXA DE SANTA MARÍA, que pola súa construción e localización, algúns autores sinálana como a máis maxestuosa do Ribeiro.

Santa María de Beade
     Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

     Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

Beade
     Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes. O seu xentilicio é beadés.

Historia
      Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

     A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga.

     A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

     En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona.

     En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

     A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Parroquias de Beade    
     Beade (Santa María), As Regadas (San Amaro)

MAPA 

 

Fuente: Web O Ribeiro Carballiño

XOAN ARCO DA VELLA  

domingo, 8 de enero de 2023

ESTACÍÓN DE CALDELAS - CALDELAS DE TUI - TUI

ESTACIÓN DE CALDELAS

CALDELAS DE TUI

TUI

 Estación de Caldelas de Tui.
      Caldelas de Tui ou Caldelas é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Caldelas de Tui, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. 

     Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 135,4 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 17 metros de altitude, entre as estacións de Salvaterra e Guillarei. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 13 de xuño de 1878 coa aperta do tramo Caldelas de Tui-Guillarei da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.

       Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

     En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     Aínda que conserva o seu edificio para viaxeiros orixinal formado por un corpo central de dúas plantas e dous anexos de planta baixa este permanece totalmente pechado aos viaxeiros. 


     A cambio habilitouse unha pequena marquesiña que se sitúa na plataforma lateral da estación. A ela accede a vía principal. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



CAPELA DA MISERICORDIA - SANTA MARÍA DE BEADE - BEADE

 CAPELA DE MISERICORDIA

SANTA MARÍA DE BEADE

BEADE

Santa María de Beade
     Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

     Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

Beade
     Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes. O seu xentilicio é beadés.

Historia
      Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

     A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga.

     A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

     En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

     A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Parroquias de Beade    
     Beade (Santa María), As Regadas (San Amaro)  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN VICENTE DE VER - AVDA. DE SAN VICENTE - BÓBEDA

 PETO DE SAN VICENTE DE VER

AVDA. DE SAN VICENTE

BÓBEDA

 Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE COIRA - COIRA - VIDUIDO - AMES

 PETO DE COIRA

COIRA

VIDUIDO

AMES

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...    

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA