martes, 18 de octubre de 2022

ALDEA ABANDONADA DE OUTEIRIÑOS - MELIAS - COLES

ALDEA ABANDONADA DE OS OUTEIRIÑOS

MELIAS

COLES

 Os Outeiriños
      Os Outeiriños é un lugar da parroquia de Melias no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense.

     Tiña 1 habitante no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, que era home.

Melias
     San Miguel de Melias é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 510 habitantes (239 homes e 271 mulleres) 19 menos ca en 2000.

     Ten 16 entidades de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (O Pereiro de Aguiar).

Lugares de Melias
     Belesar, Casanova, Cerdedo, Os Cruceiros, A Estación, Figueiredo, Fontao, Levices, Miegodevila, Neboade, Os Outeiriños, Outeiro, Pacios, San Lourenzo, Sobrado, O Souto


Coles
     Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro. 

     A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.

     O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. 

     O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes.

     Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.


Parroquias de Coles    
     Albán (San Paio), A Barra (Santa María), Cambeo (Santo Estevo), Coles (San Xoán), Gueral (San Martiño), Gustei (Santiago), Melias (San Miguel), Ribela (San Xillao), Santa Mariña de Albán (Santa Mariña), Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio), Ucelle (Santa María)

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 17 de octubre de 2022

CAPELA DE SAN BENITO - A FONTE SANTA - MELÓN

 IGREXA DE SAN BENITO

A FONTE SANTA

MELÓN

A Fonte Santa
     A Fonte Santa é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. 

      Tiña 8 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 3 mulleres.

Melón
     Santa María de Melón é unha parroquia do concello do mesmo nome (Melón), situada na provincia de Ourense.

      Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 603 habitantes (284 homes e 319 mulleres), o que supón unha diminución en 8 habitantes en relación ao ano anterior.

Lugares de Melón
     Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, A Costa do Cuco, A Fonte Santa, A Hedreira, Melón, As Mestas, Penavaqueira, A Ponte, O Retiro, Seoane, Tourón, Valmourisco

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

        A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

       Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DA VEIGA DAS MEÁS - OSOÑO - VILARDEVÓS

 CAPELA DA VEIGA DAS MEÁS

A VEIGA DAS MEÁS

OSOÑO

VILARDEVÓS


     Capela de nave rectangular con cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de sillería irregular, excepto na fachada que é regular e ben escadrada. 

      O pronunciado desnivel do terreo fixo que a fachada principal non teña porta, pero si un balcón moi orixinal para prédicas e avisos.

      Encima ten un reloxo e remata a fachada cunha espadana dun só van cunha cruz de ferro no alto flanqueada por dous pináculos.

     O penedo onde está asentada e escavada serviu asimesmo de canteira para a propia construción.

A Veiga das Meás
     A Veiga das Meás é un lugar da parroquia de Osoño, no concello ourensán de Vilardevós.

     Segundo o IGE do 2009 tiña 79 habitantes dos que 34 eran homes e 45 eran mulleres, o que supón unha perda de habitantes con respecto a 2008.


Osoño
      San Pedro de Osoño é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 308 habitantes, deles 140 eran homes e 168 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

     É a parroquia máis poboada do concello de Vilardevós.


Lugares de Osoño
     A Bemposta, Cavadas, Devesa, O Hospital, Osoño, O Peto, A Veiga das Meás 

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE DOADE - DOADE - SOBER

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE DOADE

DOADE

SOBER

 Doade
      San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

     Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres, agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

     En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

     As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave de 5,4 quilómetros cadrados de superficie que está situado 450 metros ao leste do resto da parroquia. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Lugares de Doade
   O Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá, Vilar de Mouros

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



domingo, 16 de octubre de 2022

IGREXA DE SAN PEDRO DE BOADO - BOADO - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE BOADO

BOADO

XINZO DE LIMIA

 Boado
     San Pedro de Boado é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia.

     Segundo datos do IGE en 2009 tiña 143 habitantes, 72 homes e 71 mulleres.

Economía
     As súas actividades económicas principais son a gandería (vacún), a agricultura (trigo, pataca e produtos da horta). Tamén hai outros servizos como a fontanería, mecánica, e sector servizos.

Topónimo
     Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo Boado. Pode provir da palabra céltica bed/bud, que significaba "auga parada, charca, fonte", pola súa proximidade á Lagoa de Antela.

     Tamén é posible que proveña do árabe ouadi ("río"), ou do latín uadum ("fonte"), dado o feito de que en Boado existen máis de vinte fontes.

Festas
     O patrón da parroquia é San Pedro, que se celebra a última fin de semana do mes de xuño, mais tamén se celebran misas e festas por Ramos, polo magosto e polo Entroido.

Lugares de Boado
     Boado, Porto Alto

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.

     A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. 


MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA