lunes, 7 de febrero de 2022

PETROGLIFO EN LAMASUSÁN - LAMASUSÁN - AMOEDO - PAZOS DE BORBÉN

PETROGLIFO EN LAMASUSÁN

LAMASUSÁN

AMOEDO

PAZOS DE BORBÉN

      O Concello de Pazos de Borbén ten uns 50 km² de extensión, dividido en oito parroquias.

     Limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.

Parroquias e lugares de Pazos de Borbén
Amoedo
     O Cabalo, O Carballiño, A Igrexa, Lamasusán, As Penas
Borbén
     Cuartos de Borbén, O Mosteiro, O Pousiño, Sequeiros
Cepeda
     A Alén, O Campiño, A Presa
A Ermida
     A Ermida
Moscoso
     Fraga do Rei, O Gorgoreiro, As Lombas
Nespereira
     Alvite, O Areeiro, Barcenal, O Galleiro, O Outeiro, Torrente, O Valado, Zoce
Pazos
     As Muras, Pazos
Xunqueias
     O Cabo de Raña, Casqueiros, A Chan, Eidos de Riba

AMOEDO (SAN SADURNIÑO)
     Situada na parte NO do Concello, linda cos municipios de Redondela e Soutomaior.

     Amoedo distribúese en catro barrios: Lamasusán, Carballiño, O Cabalo e A Igrexa.

     A súa poboación ronda os 528 habitantes.

     Esta parroquia caracterízase por ser a zona máis industrializada do concello, ó contar co único parque industrial de Pazos de Borbén

As voces das pedras
      O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros cos que conta este municipio. O asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.

     Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida o marco cronolóxico que máis documentado está é a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación romana, coñecida como “Burbida”, pero hai desacordo entre os historiadores.

GRAVADOS RUPESTRES
     Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha historia da cal procedemos.

     Antano, según a visión popular das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso pobo desaparecido.

     De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas.

AMOEDO
     Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petroglifos de motivos xeométricos.

     Así temos “A laxe das cruces dos Carballiños”, os petroglifos de Lamasusán e os de Alvedosa, entre outros.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 6 de febrero de 2022

INAUGURACIÓN DA EXPO " O CAMIÑO E AS ARTES - MUSEO DE PONTEVEDRA

INAUGURACIÓN  "O CAMIÑO E AS ARTES"

ASOCIACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

MUSEO DE PONTEVEDRA

 
     Máis dunha trintena de artistas expoñen as súas creacións e serán protagonistas de concertos, exhibicións de danza e recitais de poesía

      O Museo de Pontevedra vén de abrir no claustro do Edificio Sarmiento a décimo primeira edición de ‘Camiños’, unha mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadoras e creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.

     Na inauguración desta tarde estiveron presentes o director do Museo de Pontevedra Xosé Manuel Rey, o comisario da Exposición Celestino Lores; a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra Marta Iglesias, e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores. 

     O acto comezou co interpretación dunha canción a capela a cargo da cantante Begoña Lorenzo, á que seguiu unha exhibición de danza de Glau Fonseca, que fixo unha intervención no primeiro andar e continuou a  bailar fóra do edificio.

     Recitaron poesía Ana Corzo, Carmen Quinteiro e Minerva, e César Loureiro interpretou varias pezas musicais cunha zanfoña.

     Segundo explicou o director do Museo. ‘Camiños. O Camiño e as Artes’ é unha exposición que deixa patente un dos principais valores das rutas xacobeas máis alá da súa innegable dimensión espiritual: “A cohesión entre culturas, por riba das fronteiras xeográficas e políticas, constitúe sen lugar a dúbidas unha das súas maiores riquezas”, dixo.

     Subliñou que fotografía, pintura, poesía, danza, artesanía e escultura conforman unha proposta que lembra a través de distintas miradas, a transcendencia dun itinerario secular herdeiro de calzadas e vías antigas como a que vertebraba a Gallaecia e que transcorría por esta cidade dende o país veciño.

     Finalmente, agradeceu á Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, e a o seu presidente e comisario desta exposición, Tino Lores, o labor que desenvolve desde hai 27 anos para preservar e impulsar a grandeza do itinerario, exemplo do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.

     Pola súa banda, Tino Lores tamén agradeceu ao Museo e á Deputación a cesión do espazo do Edificio Sarmiento para expoñer a mostra, que nesta ocasión cumpre once anos e chega ao seu cumio, “a súa maioría de idade, nun lugar onde só se expoñen obras de gran prestixio”.

      Lores explicou que a exposición é multidisciplinar “porque o Camiño é todo, está por riba de todos, tanto de ideoloxías, cultura, deporte ou espiritualidade. 

     É un conxunto, unión, é algo máis que un espazo físico”. Subliñou que a mostra pretende  recoller a través da arte todos os valores de unión, solidariedade,  paz que se fomentan na ruta a Santiago.

     O comisario tamén sinalou a idoneidade de que a mostra estea exposta no claustro dun mosteiro como o Edificio Sarmiento: “Que mellor lugar para expoñer que un claustro de mosteiro como os que acollen as e os peregrinos!”.

     A exposición estará aberta no Museo ata o 21 de marzo, ata cando se desenvolverán tamén varias actividades complementarias: dous concertos, un recital de poesía, a presentación do catálogo e unha exhibición de danza. 

     Despois a mostra irá a Barcelos, Ponte de Lima e Lisboa de maneira itinerante.

 VIDEO

MAPA

 

Fuente: Diputación de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA

CONVENTO DA FRANQUEIRA - PEREIRA - BARCELOS

CONVENTO DA FRANQUEIRA

PEREIRA

BARCELOS

      No máxico monte da Franqueira, a 6 km de Barcelos, situase a Quinta do Convento da Franqueira.

     Antigo Convento franciscano, construído em 1563, que encerra as pedras do Castelo de Faria.

Pereira
     Pereira es unha freguesía portuguesa do municipio de Barcelos.

      Según o censo de 2021, ten unha poboación de 1.240 habitantes.​

Patrimonio
    Ruinas do castelo de Faria e estación arqueolóxica subyacente.

Barcelos
     Barcelos é unha cidade portuguesa do Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5.200 habitantes.

     É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124.555 habitantes (2008), dividido en 89 fregresías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal).

     O concello limita ó nórte cos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e  Braga, ó sueste por Vila Nova de Famalicão, ó suroeste por Póvoa de Varzim e ó oeste con Esposende.

      D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. Está irmandada coa vila de Pontevedra.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 4 de febrero de 2022

SANTUIARIO DA FRANQUEIRA - PEREIRA - BARCELOS

SANTUARIO DA FRANQUEIRA

PEREIRA

BARCELOS

 Santuario da Franqueira

      É unha construción de princípios do século XV.

     A sua fundación esta adicada a Nosa Señora da Franqueira é por tradición a obra esta atribuída a Egas Moniz.


Pereira
     Pereira es unha freguesía portuguesa do municipio de Barcelos.

      Según o censo de 2021, ten unha poboación de 1.240 habitantes.​

Patrimonio
    Ruinas do castilo de Faria e estación arqueológica subyacente.

Barcelos
     Barcelos é unha cidade portuguesa do Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5.200 habitantes.

     É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124.555 habitantes (2008), dividido en 89 fregresías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal).

     O concello limita ó nórte cos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e  Braga, ó sueste por Vila Nova de Famalicão, ó suroeste por Póvoa de Varzim e ó oeste con Esposende.

      D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. 

     Está irmandada coa vila de Pontevedra. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 3 de febrero de 2022

ACUEDUCTO DA QUINTA DOS FIDALGOS - VAIRAO - VILA DO CONDE

 ACUEDUCTO DE VAIRAO

VAIRAO

VILA DO CONDE

 Vairão
    Vairão e unha fregresia portuguesa do concello de Vila do Conde, con 4,33 km² de superficie e 1.191 habitantes (2001).

     A sua densidade de población e de 275,1 hab/km².

Vila do Conde
     Vila do Conde é unha cidade portuguesa no distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 28.636 habitantes en 2011.

     Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79.533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías.

     O municipio limita o norte con da Póvoa de Varzim, o leste con Vila Nova de Famalicão e o sur con Maia e con Matosinhos, e o oeste co Océano Atlántico.

     Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, e configura un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.

Historia
     A poboación de Vila do Conde é moi antiga, anterior á fundación de Portugal, e o seu topónimo non sufriu alteracións; dende sempre foi Vila do Conde. 


     A primeira referencia a Vila do Conde é do ano de 953 da era actual no libro da condesa Mumadona Dias, onde é referida como Villa de Comite.

     Manuel I de Portugal concedeulle eido foral en 1516 e a poboación da vila participa activamente nos descubrimentos portugueses, entre eles Paulo e Francisco Faria na viaxe de Vasco da Gama á India. 

      A praza Nova, hoxe praza Vasco da Gama, abriuse en 1538, no reinado de Xoán III de Portugal, onde se edificaron novos edificios para os pazos do Concello. No século XIX, as invasións francesas causarán grandes danos á poboación. En 1987 é elevada á categoría de cidade.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA