viernes, 29 de octubre de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA REDONDELA / PONTEVEDRA - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA REDONDELA / PONTEVEDRA

 AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

      O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 24 de Outubro tocou a etapa Redondela a Pontevedra, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que en todo momento estan atentos o que necesitamos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion puden asistir personalmente e quedei sorprendido dos milleiros de persoas que percorren o Camiño.

     O proximo Domingo 31 de Outubro estaremos facendo a etapa Pontevedra a Caldas de Reis e xa iredes vendo imaxes dese día

Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 27 de octubre de 2021

MUIÑO DE ABAIXO - VALLADARES - REGO DO POBO - MARCÓN

 MUIÑO DE ABAIXO

VALLADARES

REGO DO POBO

MARCÓN

Marcón

     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.

     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.

Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.


       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

     A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca

Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.


      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 26 de octubre de 2021

MUIÑO DE FONTE QUENTE - A REIGOSA - TOURÓN - PONTECALDELAS

 MUIÑO DE FONTE QUENTE

A REIGOSA

TOURÓN

PONTECALDELAS

A Reigosa
    A Reigosa é un núcleo da parroquia de Tourón, no concello de Pontecaldelas.

     Segundo o INE en 2008 tiña 200 habitantes, 3 máis ca en 2007.

     No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño.

     Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

     Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Pontecaldelas. 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía e patrimonio
      Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón.

Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

      Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

      Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Lugares de Tourón
      Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 25 de octubre de 2021

CAPELA DE SAN CIBRÁN - GULÁNS - PONTEAREAS

CAPELA DE SAN CIBRÁN

GULÁNS

PONTEAREAS

 Guláns
     San Xulián de Guláns é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 753 habitantes (381 mulleres e 372 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2009 cando tiña 777 habitantes.

Lugares de Guláns
     A Abelleira, A Abesoureira, O Aciviñeiro, O Arrabal, O Barreiro, A Barxa, O Casal, A Cima, A Costa da Groba, Costa de Sequeiros, Couso, A Cruz, A Devesa, O Eido Vello, O Lameiro, O Outeiro do Foxo, O Outeiro, O Padrán, Penadouro, O Pereiro, Porto, O Provizo, O Salgueiral, Santa Baia, O Souto, Suaviña, Valiñas

Ponteareas
     Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.


Parroquias de Ponteareas
    Angoares (San Pedro), Arcos (San Breixo), Areas (Santa María), Arnoso (San Lourenzo), Bugarín (Santa Cristina), Celeiros (San Fins), Cristiñade (San Salvador), Cumiar (Santo Estevo), Fontenla (San Mamede), Fozara (San Bartolomeu), Guillade (San Miguel), Guláns (San Xulián), Moreira (San Martiño), Nogueira (San Salvador), Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador), Paredes (San Cibrán), Pías (Santa Mariña), Ponteareas (San Miguel), Prado (San Nicolao), Ribadetea (San Xurxo), San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo), San Mateo de Oliveira (San Mateo), Xinzo (Santa Mariña)

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Demografía 

    41.780 habitantes

Toponimia
     O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA