MUIÑO DE VENTO DE FAMELGA
FAMELGA
AGUASANTAS
CERDEDO COTOBADE
Famelga
Famelga é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE en 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), 6 máis ca en 2007.
Neste lugar atópase a capela de San Bartolomeu e Santa Lucía, preto dun cruceiro de 1991.
Tamén está o peto de ánimas de Famelga, de 1825, e o Coto do Castro, un poboado castrexo da idade de ferro.
O topónimo fai referencia a un lugar de fame (do latín [villa] famellica).
Aguasantas
Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007.
Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.
Patrimonio
A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico.
No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.
Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.
Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.
Lugares de Aguasantas
Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA