jueves, 29 de abril de 2021

PETO DE SANDRENZO - SANDRENZO - CESPÓN - BOIRO

 PETO DE SANDRENZO

SANDRENZO

CESPÓN

BOIRO


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 28 de abril de 2021

MUIÑO DA CANCELA - A CANCELA - RÍO CUBEIRO - SALCEDO

MUIÑO DA CANCELA 

A CANCELA

RÍO CUBEIRO

SALCEDO

    San Martiño de Salcedo
     San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra.

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2.123 habitantes (1.027 homes e 1.096 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2004, cando tiña 2.241 habitantes (1.161 mulleres e 1.08 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.


     Antigamente formou un concello independente xunto coa parroquia de Lourizán.

     As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.

     En Salcedo hai restos de antigos castros, así como rochas en distintos barrios (Cabanas, A Esculca) que conteñen petróglifos. Foron atopados diversos miliarios de orixe romana.


     O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galiza, dedicada á investigación científica e especializada no millo.


     Así mesmo, son merecentes de visitar a igrexa parroquial e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

Lugares de Salcedo
     A Almuíña A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira, O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro, A Esculca, A Igrexa, Matalobos, A Muimenta, O Nabalexo, A Ruibal, O Xistro  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 27 de abril de 2021

PONTELLA NO RÍO BORELA - RÍO BORELA - BORELA - CERDEDO COTOBADE

PONTELLA NO RÍO BORELA

RÍO BORELA

BORELA

CERDEDO COTOBADE

 Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.


     Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006.


     Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 26 de abril de 2021

MUIÑO DE CACHADAS - REGO DE FILLAGOSA - O OUTEIRO - LÉREZ

 MUIÑO DE CACHADAS

REGO DE FILLAGOSA

O OUTEIRO

LÉREZ

 Lérez
     San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

     Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.


Historia
     A ruta portuguesa do camiño de Santiago correspóndese ao seu paso pola parroquia coa vía romana XIX do itinerario de Antonino.

     Segundo a tradición, no lugar da Santiña o apóstolo Santiago parou a descansar no súa peregrinación por Galicia. 

     A raíz desta lenda, o día de Santiago (25 de xullo) ofrécese ao patrón unha uva dunhas parras que maduran antes. A poucos metros está situado un cruceiro de 1822.

     En 1925 foi creada a Caja Rural de Lérez, que permaneceu activa até 1936, sendo pechada tralo Alzamento Nacional. O 10 de setembro dese mesmo ano, no contexto da guerra civil española, apareceu morto no lugar da Gándara Juan Magdalena García, labrego de 36 anos veciño de Cerponzóns, que foi paseado.


Patrimonio
     No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.

     O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX. Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. 

     Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial. Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa.


Festas

     O 11 de xullo, día de San Bieito, celébrase a romaría de San Benitiño de Lérez, onde os fieis van curar as espullas e a pedir saúde ao "santo máis milagreiro".

Lugares de Lérez
    O Arco, Casal Novo, Casaldarado, O Castelo, A Cendona, As Cernadas, Cimbelo, O Couso, O Cruceiro, A Ferreira, A Fontaíña, A Gándara, A Laxiña, O Outeiro, A Pedra Picada, A Piolla, A Porta da Coxa, Ramallás, A Regueira, A Torre, A Xunqueira de Lérez 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 


MUIÑO DE RIBA - RÍO RONS - SAN CAETANO - CERPONZÓNS

 MUIÑO DE RIBA

RÍO RONS

SAN CAETANO

CERPONZÓNS

 Cerponzóns
     San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en 2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.

     Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

     Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

     A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

     Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela.

     Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Lugares de Cerponzóns
     A Balea, Bouza, O Bravo, O Castrado, A Costa, O Cunchido, A Ermida, Leborei, A Meán, Pidre, O Queimado, San Caetano, Tilve, Vigario


Río Rons
     O Rons é un río que discorre polo concello de Pontevedra e desauga no río Lérez no seu treito final na Xunqueira de Alba, na parte norte da cidade de Pontevedra.


     A foz no río Lérez localízase na zona das Correntes, así chamada porque neste punto xúntanse as correntes dos ríos Rons e Lérez e mailas augas da ría de Pontevedra

Percorrido
     A lonxitude do río Rons é de aproximadamente seis quilómetros. É o río que forma o encoro da cidade de Pontevedra, o encoro de Pontillón de Castro, situado na parroquia pontevedresa de Verducido. Nace moi preto do monte Acibal e parte duns poucos metros ao norte do Encoro de Pontillón de Castro até o río Gándara.

     Ambos conflúen na parroquia de Alba e xa co nome de Gándara desembocan na maior zona húmida do municipio de Pontevedra: as marismas de Alba, que forman parte do parque da Xunqueira de Alba.

     O río pasa por varias parroquias do municipio de Pontevedra, partindo de Verducido e pasando no seu treito alto por Cerponzóns. Nesta parroquia no lugar de Leborei é cruzado por unha ponte do século XVIII que ten un cruceiro monumental, chamado o cruceiro de Ánimas.

     Consérvanse varios muíños no curso do río. No seu treito baixo pasa pola parroquías de Campañó e de Alba  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA