domingo, 12 de enero de 2020

CRUCEIRO PETO EN CASTRO - O CASTRO - SEIXO - MARÍN

 CRUCEIRO PETO EN CASTRO
O CASTRO
SEIXO
MARÍN


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.



     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe dedicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o se intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DE CARMEN COTA TABOAS - PONTE DE PORTO SALGUEIRO - REGO DE SILVAS - LAXEDO - A LAMA

 CRUZ DE CARMEN COTA TABOAS
PONTE DE PORTO SALGUEIRO
CAMIÑO LAXEDO - GATEIRA
LAXEDO
COVELO
A LAMA


     Xa  falamos  outras veces das cruces, que son miles as que hai por todo Galicia, e que recordan tráxicos sucesos.


      A de hoxe que recorda a morte de Carmen Cota Taboas, está situada cerquiña da aldea de Laxedo no lugar da Ponte Porto Salgueiro a beira do camiño entre os  lugares de Gateira e Laxedo na parroquia de San Sebastian de Covelo, camiño moi transitado no tempo do suceso, ano 1900.


   É coñecido o lugar como lavadeiro do Rego das Silvas e xusto ao pé da cruz estaba este lavadeiro hoxe cuberto por a maleza e os arrastres do río.


     Aquí apareceu morta Carmen Cota, así o recorda a placa que hai colocada baixo a cruz.


     Camen Cota morreu afogada no lavadeiro, parece ser por causa de enfermidade que padecia.


     Foron varios os veciños de Laxedo que me contaron que carmen foi a avoa de Don German, que foi cura de Antas e de Seixido tamen no concello de A Lama



    O meu agradecmento a María Rosa Gonzalez por o tempo que nos adicou para poder contar esta historia.


     Esta cruz está moi ben conservada e de marmol blanco eincrustada no muro, desde fai mais 100 anos.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: María Rosa Gonzalez
XOAN ARCO DA VELLA

CUZ DE MARÍA VILLANUEVA " MARÍA CATELA " - PONTE DE PORTO SALGUEIRO - LAXEDO - A LAMA

CRUZ DE MARÍA VILLANUEVA
"MARÍA CATELA"
CAMIÑO LAXEDO - GATEIRA
PONTE DE PORTO SALGUEIRO
LAXEDO
A LAMA


     Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.


      Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos ocurridos nese lugar.



     A que hoxe publicámos e grazas a axuda de María Rosa, unha veciña de Laxedo - A Lama que me axudou a a poñer nome a Cruz que atopei no camiño de Laxedo a Gateira, e que recorda un traxico acidente.



     Esta cruz situada no lugar de Laxedo na Parroquia de Covelo polo que puidemos saber esta dedicada a veciña de Laxedo María Villanueva "María Catela" que indo para o Muiño dos Tellado, resbalou e caeu na presa que vai paralela o camiño e como consecuencia do golpe morreu afogada no rego



     O lugar atopase un pouco antes da Ponte de Porto Salgueiro no Rego de Silvas no Camiño a Gateira dende Laxedo, alí existe outra Cruz da que falaremos noutro traballo.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: María Rosa Gonzalez
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 10 de enero de 2020

MUIÑO DA SOLLA - BORELA - RÍO BORELA - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DA SOLLA
RÍO BORELA
BORELA
CERDEDO COTOBADE



Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006. 


     Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. 


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². 


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras.


Cotobade
     En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. 


    O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74)


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 9 de enero de 2020

CRUCEIRO PETO DA PONTE DE ESTEIRO - O COUTO - CESANTES - REDONDELA

CRUCEIRO PETO DE PONTE DE ESTEIRO
O COUTO
CESANTES
REDONDELA

 
      O que hoxe podemos ver aquí son os restos dun cruceiro de ánimas composto por unha base cúbica, no que se pode ver un relevo de tres álmiñas en actitude orante. 
 


     Na súa parte dereita aparece unha prolongación feita en pedra na que se atopaba o caixón para as esmolas. O conxunto remataba nun varal, posiblemente de sección octogonal, do que hoxe so se conserva o seu inicio.


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, molinos, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales de de o sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe dedicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo desde a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara á súa intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA