domingo, 12 de enero de 2020

CUZ DE MARÍA VILLANUEVA " MARÍA CATELA " - PONTE DE PORTO SALGUEIRO - LAXEDO - A LAMA

CRUZ DE MARÍA VILLANUEVA
"MARÍA CATELA"
CAMIÑO LAXEDO - GATEIRA
PONTE DE PORTO SALGUEIRO
LAXEDO
A LAMA


     Os que coñecedes Galicia teredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.


      Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos ocurridos nese lugar.



     A que hoxe publicámos e grazas a axuda de María Rosa, unha veciña de Laxedo - A Lama que me axudou a a poñer nome a Cruz que atopei no camiño de Laxedo a Gateira, e que recorda un traxico acidente.



     Esta cruz situada no lugar de Laxedo na Parroquia de Covelo polo que puidemos saber esta dedicada a veciña de Laxedo María Villanueva "María Catela" que indo para o Muiño dos Tellado, resbalou e caeu na presa que vai paralela o camiño e como consecuencia do golpe morreu afogada no rego



     O lugar atopase un pouco antes da Ponte de Porto Salgueiro no Rego de Silvas no Camiño a Gateira dende Laxedo, alí existe outra Cruz da que falaremos noutro traballo.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: María Rosa Gonzalez
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 10 de enero de 2020

MUIÑO DA SOLLA - BORELA - RÍO BORELA - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DA SOLLA
RÍO BORELA
BORELA
CERDEDO COTOBADE



Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006. 


     Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. 


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². 


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras.


Cotobade
     En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. 


    O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74)


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 9 de enero de 2020

CRUCEIRO PETO DA PONTE DE ESTEIRO - O COUTO - CESANTES - REDONDELA

CRUCEIRO PETO DE PONTE DE ESTEIRO
O COUTO
CESANTES
REDONDELA

 
      O que hoxe podemos ver aquí son os restos dun cruceiro de ánimas composto por unha base cúbica, no que se pode ver un relevo de tres álmiñas en actitude orante. 
 


     Na súa parte dereita aparece unha prolongación feita en pedra na que se atopaba o caixón para as esmolas. O conxunto remataba nun varal, posiblemente de sección octogonal, do que hoxe so se conserva o seu inicio.


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, molinos, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales de de o sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe dedicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que aos longo dos séculos, sobre todo desde a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara á súa intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non dedicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DOS TELLADO - CAMIÑO LAXEDO A GATEIRA - REGO DE SILVAS - COVELO - A LAMA

MUIÑO DOS TELLADO
CAMIÑO LAXEDO A GATEIRA
REGO DE SILVAS
COVELO
A LAMA


Laxedo
     Laxedo é un lugar da parroquia de Covelo, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 



     Segundo o IGE, en 2018 tiña 69 habitantes (35 homes e 34 mulleres).



Covelo

      San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. 



     Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.



Lugares de Covelo
     Barbeira, Covelo, A Fírveda, O Forno, A Gateira, Laxedo, O Outeiro, O Pelete, A Perdiz, O Toxal, O Valciño, Ventoselo, A Vincurada



A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.



Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.



     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións

     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.



Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas.



     Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido).



     Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.



     En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.



Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".



     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.



     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



  Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA