martes, 5 de noviembre de 2019

IGREXA DE SAN RAMÓN DE ARMARIZ - NOGUEIRA DE RAMUÍN

IGREXA DE SAN RAMÓN
ARMARIZ
NOGUEIRA DE RAMUÍN
OURENSE

 
Armariz
     San Cristovo de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.



     No ano 2007 tiña 204 habitantes (101 homes e 103 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.



Patrimonio

     Igrexa de San Cristovo de Armariz



Nogueira de Ramuín

     Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 2.124 habitantes (2.565 en 2003).



Xeografía
     O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.



      Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).


     Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).



Historia
     Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.



     Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.



Patrimonio

    Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.



Parroquias de Nogueira de Ramuín   

     Armariz (San Cristovo), A Carballeira (San Xosé), Cerreda (Santiago), Faramontaos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Moura (San Xoán), Nogueira de Ramuín (San Martiño), San Miguel do Campo (San Miguel), Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz), Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo), Vilar de Cerreda (Santa Baia), Viñoás (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de noviembre de 2019

PONTE DO CREGO - A FIRVEDA - RÍO VERDUGO - A LAMA

 PONTE DO CREGO
A FIRVEDA
RÍO VERDUGO
A LAMA


Río Verdugo
     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.



Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).



     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.



     No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.



     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.



Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).



     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior.



     Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.



     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).



     O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.



Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.



     O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 3 de noviembre de 2019

CRUCEIRO DA PRAZA DO CAMPO - A INSUA - PONTE CALDELAS

CRUCEIRO DA PRAZA DO CAMPO
A INSUA
PONTE CALDELAS


Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.



     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.



     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...



     Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.



A INSUA (Santa Mariña)


 
POBLACIÓN: 

     1.209
LUGARES: 

     Chaín, A Insua, Rebordelo, Regodobargo, Silvoso, A Roca e Covelo

 
FESTAS:
     Romería da Virxe da Saúde: celébrase o domingo seguinte a Semana Santa


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 1 de noviembre de 2019

SAÍDA FOTOGRAFICA SERRA DO SUÍDO - A GRAÑA

 SAÍDA FOTOGRAFICA
SERRA DO SUÍDO
A GRAÑA - COVELO


DATA:
23 DE NOVEMBRO
     Visitaremos diferentes lugares da contorna da Serra do Suído e A Graña



COLABORA:

     Colectivo fotográfico "Bauler@s"



QUE LEVAR:
- Cámara fotográfica (ou na súa falta cámara do teléfono móbil)
- Outro material fotográfico do que se dispoña (trípode, flash, monopié, parasol, filtros, etc)
- Equipación comoda para unha xornada de campo: atuendo cómodo, botas de montaña ou calzado deportivo, gorra, paraguas (en caso de choiva), etc
- É conveniente levar algo de auga (ou outra bebida) e un pequeno tentempié de avituallamiento



INSCRIPCIÓN GRATUITA:

     Podedes chamarme ou enviarme WhatsAp.: 

600590901
XOAN


COMIDA:
     Comeremos na Taberna da Graña os que o desexen, o costo é de 13 euros


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 25 de octubre de 2019

TALLER DE FOTOGRAFÍA DE LOURIZÁN, GRACIAS - AA.VV. ESTRICERES

TALLER DE FOTOGRAFÍA
LOURIZÁN
AA.VV. ESTRICERES


     Moitisimas grazas a todos/as por estes día tan especiais e permitirme gozar da vosa compañía, grazas de corazón.


      Agradecer a  "AA.VV. ESTRICERES" de Lourizán o organizar este taller e invitarme a contar as miñas historias e as miñas mañeras de facer.



      Como dicía no Taller nunca copiar de ninguén, ser vós mesmos e mostar as cousas como as vedes, iso é arte o demais fotocopias.



      Grazas, xa sabedes cando queirades imos por outra.... bueno o 23 de Novembro vamos A Graña na Serra do Suído, espero estedes todos/as.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PEDRA DAS CAMPANILLAS - SALINAS DO ULLÓ - VILABOA

 PEDRA DAS CAMPANILLAS
SALINAS DO ULLÓ
VILABOA


     En Vilaboa atópase a "Pedra dás Campanillas" onde habitaba unha fermosa muller encantada que unha vez saía da cueva convertíase en serpe. 


     Pediulle a un home que evitase dicir a palabra "Deus" e, si non a dicía, tería para sempre forma de muller fermosa. Pero o home, ao ver á serpe, atemorizouse e exclamou "Ai, meu Deus" e a serpe desapareceu e nunca se volveu a ver á muller.


     A crenza popular, e tamén histórica, é que o conxunto da Pedra dás Campanillas, é de formación natural, unha formación lítica realmente curiosa..



     É certo que nesta zona de Vilaboa, e en moitas outras de Galicia e Europa, existen grandes caládevos, ou pedras con formas, e de orixe totalmente natural. 


     Denomínanse en muchs ocasións Covas dás Mouras.



      A orixe deste tipo de formacións baséase na acción biogeoquímica do auga sobre a pedra granítica, e é típico de Galicia e o norte de Italia.


     Con todo, é moito máis fermoso imaxinar que estamos diante da obra do diaño ou dalgún trasNo burlón, que segundo contan en Vilaboa, aínda está esperando por homes capaces de desenterrar os seus misterios.


     Cóntanse varias lendas sobre o lugar, unha delas conta que unha das covas ou pedras está chea de alquitrán e si rompese, inundaríase toda a zona.


      A outra comenta que unha da pedra está chea de ouro, e o que lograse rompela atoparíao e faríase rico.


     Ambas lendas foron recollidas na zona, por palabras de algun veciño.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA