viernes, 13 de septiembre de 2019

IGREXA DE SAN CRISTOVO DE ARMARIZ - NOGUEIRA DE RAMUÍN

IGREXA DE SAN CRISTOVO
ARMARIZ
NOGUEIRA DE RAMUÍN
OURENSE


Armariz
     San Cristovo de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 



     No ano 2007 tiña 204 habitantes (101 homes e 103 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.


Patrimonio
Igrexa de San Cristovo de Armariz
     A igrexa de San Cristovo de Armariz foi edificada no século XII. Existe un escrito de 1182 no que o rei Fernando II doa dita igrexa ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. 



     A concesión destes privilexios supuxo que esas terras se encontran sometidas ao Mosteiro e este ten dominio sobre o territorio.


     Esta igrexa atópase algo afastada do núcleo de poboación, apartada das aldeas da súa contorna e está rodeada polo cemiterio. É de estilo románico tardío. Na actualidade utilízase só para actos funerarios. Existen varios elementos da construción que confirman a antigüidade da igrexa, como os canzorros da cornixa, a portada ou a planta. 
 

     Como era tradicional na Idade Media, a súa porta principal está orientada cara ao oeste e a ábsida cara ao este. Crese que na entrada do atrio houbo un cruceiro, agora inexistente, no lugar que agora ocupa o gran carballo que a preside.


     A igrexa permaneceu inalterada durante séculos. A primeira obra da que se ten constancia é de 1682. Foi a construción da sancristía, hoxe desaparecida, que se engadiu á parte esquerda do presbiterio, pola parte exterior do seu lateral norte, que abriu a correspondente porta a través do muro da igrexa. 
 

     Cando as cerimonias parroquiais se trasladaron á capela de San Ramón, esta porta foi tapiada e a sancristía desmontada.


     Na parede esquerda da igrexa, construíuse un habitáculo con paredes de pedra dunha altura de dous metros que foi utilizado como osario. Alí depositábanse os restos óseos que se retiraban da terra do cemiterio e os que aparecían ao escavar novas sepulturas.


     No ano 1731 inaugurouse  o retablo da capela maior da igrexa que, tanto polo custo como polo número de artesáns que interviron na súa construción, foi unha obra de gran envergadura.


     Non houbo máis obras ata 1754, cando se construíu o campanario que loce actualmente.


     A igrexa conta con tres altares laterais, ademais do altar maior dedicado a San Cristovo.


     É necesario destacar a pía bautismal e a pía da auga bendita. A primeira é de grandes dimensións con decoración de motivos xeométricos no seu exterior e orixinaria do século XIII. No bordo superior ten dúas argolas de ferro opostas, que se usaban para pasar unha barra de ferro e así cerrar a tapa de madeira que a cubría cun parafuso. 


     A pía de auga bendita é moito máis sinxela, a súa época é indeterminada, pero posiblemente sexa coetánea da pía bautismal.


     Actualmente presenta un estado de abandono, motivado pola esixencia das autoridades culturais da Xunta.


     Non se permite tocar os paramentos á espera de que os técnicos de restauración artística os examinen na busca de frescos antigos. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 11 de septiembre de 2019

SAN JERONIMO, O SANTO CON GAFAS - BASILICA DE SANTA MARÍA - PONTEVEDRA

SAN JERONIMO CON GAFAS
BASILISA DE SANTA MARÍA
PONTEVEDRA


     A Basílica de Santa María a Maior é o orgullo da cidade, ademais do símbolo de poder do gremio de mareantes na Idade Media.


     Trátase dun dos mellores exemplos do gótico de Galicia, con pequenas trazas do estilo manuelino portugués, e declarado BIC no ano 1931. 


     Concibida como un gran retablo en pedra, Cornelius de Holanda e Joâo Nobre foron os artífices desta fachada onde se unen o plateresco e o manuelino, con abundante iconografía e varias pezas interesantes como San Jerónimo con gafas.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 10 de septiembre de 2019

MUIÑO DAS CHORRETAS - O CEO - FORNELOS DE MONTES.

MUIÑO DAS CHORRETAS
RÍO PARADA
O CEO
FORNELOS DE MONTES


Fornelos de Montes
     San Lourenzo de Fornelos de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes. 



     Segundo o IGE en 2014 tiña 597 habitantes (280 homes e 317 mulleres), 60 menos ca en 2004 (352 mulleres e 305 homes) e 110 menos ca en 1999. Ten 6 entidades de poboación.


Lugares de Fornelos de Montes

     A Arrotea, O Ceo, A Costiña, Fondo de Vila, A Igrexa, A Portela, O Portovilán, Rial, Soutosico, Vilán



Fornelos de Montes
     Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".



Xeografía
     O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).



     A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.


     Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. 


     O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.


     Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).


Patrimonio
      A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.



     O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.


      Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. 


     Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.


     Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. 


     A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.


      Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes.



     Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.


     Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído. 


Parroquias de Fornelos de Montes
     Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel) 


VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 9 de septiembre de 2019

PONTE COLGANTE DE SOUTOMAIOR - RÍO VERDUGO

 PONTE COLGANTE
POZÁ DAS BESTAS
SOUTOMAIOR
RÍO VERDUGO


Ponte colgante de Soutomaior
      A ponte colgante do Verdugo atópase a poucos metros da confluencia do Verdugo co Oitavén, que cede o seu caudal ó primeiro. 



     A ponte cruza o Verdugo nunha área que forma unha charca de gran profundidade coñecida como a Poza dás Bestas, á beira dunha pequena praia fluvial


Río Verdugo
     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuia foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.



Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei). 

 

     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.


     No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.



     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.



Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).



     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior. Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.



     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).



     O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.



Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.



     O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA