PETO DE TEIS
TEIS
VIGO
Estas almas no Purgatorio son sete figuras, seis de elas son homes e mulleres entre as lumaradas do Purgatorio e na parte superior podemos ver a imaxe de San Francisco suxeitando da man a dúas de elas, unha a cada lado, correspondendo unha á representación dun home e a outra a unha muller.
Enriba deste conxunto temos unha Virxe orando enmarcada dentro dunha forma circular.
O conxunto está coroado por Cristo crucificado con tres cravos e os brazos oblicuos apoiado sobre unha bola.
A parte baixa posúe un amplo pedestal e un peto. Debaixo podemos ler: “ECH EL AÑO”. Seguidamente un recadro que posúe una inscrición case ilexible: “A DEVOCION DE D FRAN R D SUY Y SU T…..”
O peto non ten fornelo e está completamente ao descuberto todo el. Foi restaurado e mostra unha fermosa policromía.
Os Petos de ánimas.
A devoción ás ánimas segue viva entre as xentes, que adoitan levarlles como ofrenda patacas e millo con formas raras.
O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio.
Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".
Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".
E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos"
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA