martes, 9 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN PEDRO DE REBÓN - REBÓN - MORAÑA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE REBÓN

REBÓN

MORAÑA

 Igrexa de San Pedro de Rebón
      A igrexa de san Pedro de Rebón, é unha igrexa románica, dos séculos XII-XIV, da parroquia de Rebón (Moraña).  

       Foi moi modificada por reformas posteriores, especialmente as realizadas no século XIX para ampliar a nave e construír o campanario.

Descrición
        Conserva da súa estrutura orixinal a ábsida semicircular, os canzorros con diversas figuras humanas e animais e os capiteis interiores.  

      A ábsida está dividida en tres tramos por dúas columnas acaroadas, que se completan por dous contrafortes na unión da ábsida coa nave; en cada unha daquelas columnas hai esculpida unha pequena figura hoxe irrecoñecible. 

       No tramo central abríase unha ventá de arco semicircular, cegada, na que se colocou unha imaxe, moi deteriorada, de san Miguel.  

       Esta imaxe foi roubada en 2011 e non volveu aparecer, e no seu lugar colocaron unha estatuíña de San Pedro como papa.

Os veciños pedían a intercesión deste san Miguel con oracións coma esta:
    San Miguel, pesai as almas,
    San Miguel, pesainas ben.
    San Miguel, pesai as almas,
    pesai a miña tamén.

         No pinche posterior da igrexa, sobre a ábsida, ábrese un rosetón con celosía en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. A cornixa está apoiada nunha serie de canzorros figurados, entre os que hai gravados motivos xeométricos consistentes en rosetas sextifolias ou estrelas de seis puntas.

         ”A expresividade das figuras dos canzorros é extraordinaria ... a diversidade das cabezas de animais, as caras con raros acenos, o instrumentista tocando a forza de soprar, os rolos de influencia visigótica, os corpos distorsionados e a conxunción de dous corpos en postura nada recatada”

       No interior, a ábsida ábrese á nave principal mediante un arco triunfal semicircular. Destacan nas columnas interiores, lisas e tamén acaroadas ó muro, os capiteis figurados con aves e outros animais, así como figuras humanas.

        A fachada é de factura barroca, lisa e sen decoración ningunha. Remata nun frontón clásico, liso, sobre o que se ergue un campanario central. Para a construción desta fachada derrubouse a orixinal románica e tapiáronse as portas laterais, tamén románicas. 

      Hipólito de Sá escribe que el viu o tímpano da portada principal, integrado no muro do adro, e descríbeo como adornado na parte central por unha cruz de Malta dentro dun círculo de bólas, e catro rosetas nos extremos dos brazos da cruz.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 


METEORITO DE MONTOUTO - ALTO DE MONTOUTO - A CAÑIZA

 METEORITO DE MONTOUTO

ALTO DE MONTOUTO 

A CAÑIZA  

      O círculo de 110 metros de diámetro que se aprecia na foto é a zona do cráter ocasionado pola suposta caída do meteorito fai miles de anos. 

     Produciríase fai uns 6.000 anos e provocaría unha explosión similar a unha bomba atómica.

      Un profesor de bioloxía vigués, Evaristo Alfaya, investiga, pola súa propia conta, a posibilidade de que un meteorito caese na Cañiza, concretamente no alto de Montouto, nun período de tempo que se remonta a fai, polo menos, a máis de 6.000 anos, provocando o primeiro cráter de impacto da península ibérica que podería ser recoñecido oficialmente. 

      As súas investigacións achegaron numerosas evidencias dos feitos, pero aínda queda unha proba que será determinante: unha análise de PDFs. Para poder levalo a cabo será necesario realizar unha cata no centro do cráter (na actualidade practicamente cuberto de terra) e unha análise posterior en laboratorio que, unha vez concluído, poderá determinar se un obxecto interestelar caeu nesa zona sen ningún xénero de dúbidas. “Para realizar esta extracción necesítanse permisos e financiamento” explica o profesor. “Antes da pandemia expuxen o asunto ao alcalde da Cañiza, Luis Piña, espero que cando se recupere a normalidade podamos abordar esta proba irrefutable”. 

     Unha vez realizada a extracción, se finalmente pode facerse, o material será analizado coa axuda dun ou varios centros especializados e a colaboración da Universidade de Vigo, segundo explicou a FARO o profesor Alfaya. 

      Alfaya explica que descubriu o cráter fai uns 17 anos, e desde entón traballa na súa investigación. “Está situado preto da cima de Montouto, a uns 900 metros de altitude, e ten un diámetro de 110 metros, que corresponde polas súas dimensións a un impacto dunha potencia lixeiramente inferior á bomba atómica de Hiroshima”. Ademais dos estudos sobre o terreo, realizáronse análise de laboratorio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, descubrindo iridio, un elemento moi raro na cortiza terrestre pero relacionado cos meteoritos, nos que se atopa nunha abundancia moito maior que na terra. 

       De feito a presenza de iridio inusualmente alta na capa de arxila no límite Cretáceo-Paleógeno deu lugar á coñecida como hipótese de Álvarez de que o impacto dun obxecto extraterrestre masivo causou a extinción dos dinosauros e moitas outras especies fai 65 millóns de anos. “Os primeiros estudos de campo que fixen foron sobre a súa topografía (previamente obtivera unha fotografía aérea de Sigpac), a cal obtiven nun código aberto da NASA e coa que puiden comprobar en 3D o que xa comprobara en terra: unha forma de cráter”, explica. "A realidade é que se axusta a este feito, xa que a explosión non é a nivel de chan, senón que é unha onda aérea que viaxa pola atmosfera” “Posteriormente, cun compás e un clinómetro [medidor de ángulos], estudei as rocas fraccionarias nos bordos do impacto, que mostraban fracturas tanxenciais na súa dirección (independentemente da súa posición no perímetro) cunha posible onda de impacto e un buzamiento en todos os casos de aproximadamente 34º, de modo que a súa proxección coincide nun punto central do ceo sobre a superficie, no centro da estrutura.  

        Aínda que, a priori, estes datos desconcertáronme e leváronme a pensar que non se trataba dun impacto, a realidade é que se axusta a este feito, xa que a explosión non é a nivel de chan, senón que é unha onda aérea que viaxa pola atmosfera”, engade. 

      Nunha terceira fase de traballo foi cando recolleu rocas “sospeitosas” de derretirse debido á enorme temperatura e presión dos impactos “son os chamados “fundidos de impacto”. 

       A presenza de iridio, evidencia non concluínte da caída do meteorito Entre as evidencias atopadas, atópase unha roca analizada na súa estrutura e composición mediante difracción de raios X e espectrofotometría de absorción atómica, no CACTI da Universidade de Vigo. “O computador, segundo os datos, catalogouna como riolita (unha roca volcánica inexistente en Galicia) e que destaca pola súa natureza dentro do macizo granítico no que se atopa o impacto”, afirma Alfaya. “Ao revisar os datos, o elemento iridio aparece nunha proporción significativa nesta roca. Este é un elemento moi raro e relaciónase cunha orixe extraterrestre”, salienta. O profesor indica que tamén xeólogos de Aterraego, estudosos da herdanza galega, deron un paso importante: “Tras atopar unha nota miña en Google Earth animáronse a facer un estudo do subsolo para resistividade, pola súa propia conta. O resultado foi perfís similares a outros impactos recoñecidos noutros meteoritos de tamaño similar”. 

       En España baralláronse outros cráteres de impacto, como o de Azuara (Zaragoza), pero Alfaya matiza que non se puido demostrar cientificamente que o sexan. 

VIDEO

 

MAPA

 

Fuente: Faro de VIgo

Autor: Gabino Porto  

XOAN ARCO DA VELLA  

 



PETO DE SÁ - ÁLVORA - ARCOS DE VALDEVEZ

 PETO DE SÁ

ÁLVORA

ARCOS DE VALDEVEZ

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

 MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 8 de septiembre de 2025

IGREXA DE CEIVÃES - CEIVÃES - MONÇAO

 IGREXA DE CEIVÃES

CEIVÃES

  MONÇAO

Igrexa de Ceivães

      A Igrexa de Ceivães ou Igrexa de San Salvador de Ceivães e unha igresia ubicada en Ceivães , Monção , Portugal . 

     O corpo da igrexa e do seculoo XV , un exemplar único en todo o municipio de Monção.

      Sufreu importantes reformas o longo dos seculos, añadindose un campanario e altares no interior do edificio.

 Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros    

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado 

VIDEO

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DO SOCORRO - CEIVÃES - MONÇAO

 CAPELA DO SOCORRO

 CEIVÃES

 MONÇAO

  Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros    

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.


     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado

MAPA

   

XOAN ARCO DA VELLA