jueves, 5 de febrero de 2026

IGREXA DE SAN FIZ DE LAXE - MEITRIZ - A LAXE - O SAVIÑAO

 IGREXA DE SAN FIZ DE LAXE

MEITRIZ

A LAXE

O SAVIÑAO

Meitriz
     Meitriz é un lugar da parroquia da Laxe no concello do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos. 

     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 2 persoas (1 home e 1 muller), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 6 habitantes. 

A Laxe
     San Fiz da Laxe é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 44 habitantes, deles 23 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares da Laxe
     Beleigán, Fondo de Vila, Gonzán, Meitriz, San Fiz, A Veiga 

Comarca de Terra de Lemos
     Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 

      Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 4 de febrero de 2026

IGREXA DE SAN XOÁN - RUBILLÓN - BAÍSTE - AVIÓN

 IGREXA DE SAN XOÁN

RUBILLÓN

BAÍSTE

AVIÓN

 Rubillón
     Rubillón é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión, na comarca do Ribeiro. 

     Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), dous menos ca en 2010 (33 homes e 33 mulleres). 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres), 27 menos ca en 1999.

     A aldea ten numerosas vivendas de construción recente, propiedade de emigrantes retornados de México. 

      A súa arquitectura contrasta coas casas vellas de construción popular, moitas delas en situación de abandono.

     Neste lugar e mais no de Baíste rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción en 1984.

Lugares de Baíste
   
  Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón  

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 3 de febrero de 2026

PETO DE SAN ROQUE - ALBERGUERIA - SAIÁNS - MORAÑA

 PETO DE SAN ROQUE

ALBERGUERIA

SAIÁNS

MORAÑA 

 A Alberguería
      A Alberguería é un lugar da parroquia de Saiáns no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 103 habitantes (51 homes e 52 mulleres). 

Saiáns
      San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

       Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

      No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
      A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

Comarca de Caldas
       A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

       Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO-CAPELA DE SAN ROQUE - ALBERGUERIA - SAIÁNS - MORAÑA

 PETO-CAPELA DE SAN ROQUE

ALBERGUERIA

SAIÁNS

MORAÑA 

 A Alberguería
      A Alberguería é un lugar da parroquia de Saiáns no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 103 habitantes (51 homes e 52 mulleres). 

Saiáns
      San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

       Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

      No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
      A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

PEDRAFITA DE LAMAS DE LAGORZOS - LAGORZOS - SAN COSMEDE DE CUSANCA - O IRIXO

 PEDRAFITA DE LAMAS DE LAGORZOS

LAGORZOS

SAN COSMEDE DE CUSANCA

O IRIXO

Pedrafita de Lamas de Lagorzos
      Situada á dereita da estrada local que vai dende O Irixo a Dozón, xusto no límite entre os dous concellos e as provincias de Ourense e Pontevedra. 

      De 1,50 metros de altura, ten gravadas unha D na cara norte e unha I na cara sur, nidia referencia aos concellos de Dozón e O Irixo. 

      Na cara oeste pódese ver unha gravura de feitura indeterminada e na cara que dá ao leste unha cruz tipo pometeada. 

      Aprécianse, ao menos, dúas pequenas coviñas.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

        Toma o nome da súa vila principal. 

      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.  

VIDEO 

MAPA

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Xavier Moure 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 2 de febrero de 2026

PEDRAFITA DE TOALDE - BUXÁN - LOUREDO - O SAVIÑAO

PEDRAFITA DE TOALDE

BUXÁN

LOUREDO

O SAVIÑAO 

 Pedrafita de Toalde
      Atopada na ribeira de Toalde, xunto o río Miño (Pesqueiras). Hoxe en día está situada en Buxán, parroquia de Louredo, xunto o peche da finca do seu descubridor. 

     Trátase dun monolito duns tres metros de altura e sen gravuras, que na base ten un perímetro aproximado de dous metros.