martes, 13 de enero de 2026

CRUCEIRO DE A CARBALLEIRA -A CARBALLEIRA - SALCEDO - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DA CARBALLEIRA

A CARBALLEIRA

SALCEDO

PONTEVEDRA

     Cruceiro de pedra de dous chanzos sobre base de formigón. 

      Reconstruído mediante fotografías pola Escola de Canteiros de Poio, tras caer e romper toda a parte superior. 

    Base cúbica, con cantos superiores rematados.

      Fuste cadrado e octogonal, que se coroa por capitel de catro caras con cabezas de anxos nunha metade, e follas de acanto inferiores. 

     Nos ángulos aparecen espirais. Na parte dianteira vemos as figuras de San Martín, patrón da parroquia, e a de Santa Rita. 

      Por detrás está representado San Francisco e a Virxe das Dores. 

A cruz é cilíndrica, con vultos en forma de nós, na que aparece un Cristo crucificado, ao que asiste San Francisco co Santo Grial. 

      Por detrás unha Virxe de pé, sobre peaña de lúa e dous anxos que aparecen sobre os brazos da cruz. 

      Na parte dianteira de base estaba o oco, agora sen tapa, do caixón das esmolas.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN XILLAO DO MATO - A CARBALLEIRA - O MATO - CHANTADA

 IGREXA DE SAN XILLAO DO MATO

A CARBALLEIRA

O MATO

CHANTADA

 Igrexa de San Xillao do Mato    
        Edificio construído no ano 1871, tal e como reza nunha inscrición do lintel da porta da fachada:
NO ANO 1871 FÍXOSE ESTA OBRA SENDO CURA ECÓNOMO D. VICENTE VARELA NATURAL DESTA PARRQ.

       O retablo da capela maior é de estilo pseudogótico, o dereito neoclásico, e o esquerdo barroco.

O Mato
       San Xillao do Mato é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. 

      Tiña 88 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 42 homes e 46 mulleres. 

      O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 100 habitantes (51 homes e 49 mulleres).

Patrimonio
    Igrexa de San Xillao do Mato, construída en 1871.
    Peto de Mato, na Carballeira.

Lugares de O Mato
        Abral, A Carballeira, Fondo da Vila, A Moreira, O Pacio, O Romeo, Vilar de Eiriz 

Comarca de Chantada
      A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

      Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 12 de enero de 2026

ADEGA NO COTO DA RAPOSA - COTO DA RAPOSA - A IBIA - QUINS - MELÓN

 ADEGA NO COTO DA RAPOSA

COTO DA RAPOSA

A IBIA

QUINS

MELÓN

 A Ibia
      A Ibia é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. 

     Tiña 121 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 57 eran homes e 64 mulleres. 

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

       A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO NAS ROZADAS - AS ROZADAS - ESCUADRA - A LAMA

 MUIÑO NAS ROZADAS

AS ROZADAS

ESCUADRA

A LAMA

 Rozadas
      Rozadas é un lugar da parroquia de Escuadra, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. 

        Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 7 habitantes (2 homes e 5 mulleres). 

Escuadra
     San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

      Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Lugares de Escuadra
     Albáns, Barbeira, Os Cabanelas, Carrizáns, As Chozas, O Peso, Portela das Eiras, Rozadas, San Lourenzo, Sualomba, O Verdugo 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 


MUIÑO DO PICHO - O IGREXARIO - ARDAN - MARÍN

 MUIÑO DO PICHO

O IGREXARIO

ARDAN

MARÍN 

 O Igrexario
      O Igrexario é un lugar da parroquia de Ardán no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo. 

      Tiña 71 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 34 eran homes e 37 mulleres. 

 Ardán
      Santa María de Ardán é unha parroquia que se localiza no concello de Marín. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1591 habitantes (761 homes e 830 mulleres), 114 menos ca en 2004 (871 mulleres e 834 homes) e 176 menos ca en 1999. 

     Ten trece entidades de poboación.

Lugares de Ardán
     Cabodevila, Casás, O Igrexario, Malvido, Moledo, Pastoriza, O Pazo, Os Picotes, A Tioira, Vilaseca, Xermade,  Xuncal 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 11 de enero de 2026

IGREXA DE SANTIAGO DE LESTEDO - LESTEDO - PALAS DE REI

 IGREXA DE SANTIAGO DE LESTEDO

LESTEDO

PALAS DE REI

       Iglesia sencilla de construcción popular. La nave es rectangular, con dos portadas de acceso, y presbiterio en la cabecera, al que se le adosa la sacristía en la parte posterior, con dos puertas de acceso. 

       La cubierta es de teja a dos y cuatro aguas. En la nave dispone de un coro alto a los pies, y el frontis tiene una portada adintelada, y remata con una espadaña de dos vanos. 

      Conserva en su interior dos retablos, el de la capilla mayor y uno en el lateral, ambos de autor popular.

Lestedo
       Santiago de Lestedo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 98 habitantes, deles 49 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Lestedo
     Abenostre, A Brea, Chouso Vello, As Lamelas, Lestedo, Liúlfe, Lodeiro, A Mamurria, Portos, A Riba, O Rosario, Sucastro, Os Valos, Vilaxoán 

 Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

      No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

      O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA DE SAIÁNS - SUIGREXA - SAIÁNS - MORAÑA

 CRUCEIRO DA IGREXA DE SAIÁNS

SUIGREXA 

SAIÁNS

MORAÑA

 Saiáns
       San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

       Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

      No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA