jueves, 13 de noviembre de 2025

CRUCEIRO DO CARRAMAL - O CARRAMAL - SALCEDO - PONTEVEDRA

CRUCEIRO DO CARRAMAL

O CARRAMAL

SALCEDO

PONTEVEDRA

      Cruceiro que nace sobre un so chanzo de sección cadrada. 

     A súa base cúbica coas arestas rebaixadas presenta unha inscrición case ilexible no que figura a data da súa construción. 

      O varal octogonal da paso a un capitel moldurado con colariño.

      O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada e os brazos potentados; presenta as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI

      Foi trasladado da súa localización orixinal a final dos anos 70 a raíz das obras da estrada a Figueirido.

O Carramal
     O Carramal é un lugar da parroquia de Salcedo no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 213 habitantes (108 homes e 105 mulleres).  

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 12 de noviembre de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE CEQUERIL - A IGREXA - CEQUERIL - CUNTIS

IGREXA DE SANTA MARÍA DE CEQUERIL

A IGREXA

CEQUERIL

CUNTIS

 Igrexa de Santa María de Cequeril
      Trátase dunha igrexa de estilo barroco con planta de cruz latina e fachada simple e sobria na que destaca a espadana que alberga o campanario.

     O seu interior alberga a imaxe de Santiago Apóstolo, un fragmento orixinal do lignum cruces e dous pequenos relicarios con ósos das santas Honorata e Liberata, traídos de Roma por D. Francisco da Ruza e Silva.

A Igrexa
     A Igrexa é un lugar da parroquia de Cequeril no concello pontevedrés de Cuntis, na comarca de Caldas. 

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 14 habitantes (6 homes e 8 mulleres).

Toponimia
      O topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santa María de Cequeril. 

 Cequeril
      Santa María de Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 195 habitantes (115 mulleres e 80 homes), 52 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

        Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN XIAO DE FIGUEIROÁ - FIGUEIROÁ - PADERNE DE ALLARIZ

 IGREXA DE SAN XIAO DE FIGUEIROÁ

FIGUEIROÁ

PADERNE DE ALLARIZ 

Figueiroá
      San Xiao de Figueiroá é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz (Ourense).  

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 229 habitantes (122 homes e 107 mulleres).

Patrimonio
    Igrexa de San Xoán Bautista de Rioseco.
    Igrexa da Nosa Señora da Asunción da Torre.
    Capela de Santa Bárbara de Caxamonde. O día de Pascua sácase á Virxe desde esta capela para atoparse co Cristo na chaira da Parroquia.
    Igrexa de San Xillao de Figueiroá. Ten a inscrición "ESTA ESICLA D REFVGIO I SACRO".

Lendas
Dise que na aldea da Torre había un cárcere, hoxe convertido en domicilio particular, e aqueles presos que conseguían alcanzar a Igrexa quedaban libres. 

      Este privilexio foi concedido pola Condesa de Torre-Múzquiz, que moraba nunha casa señorial, conservada na actualidade, situada a escasos 15 metros do citado cárcere. 

 

      Na fachada da mencionada antiga casa señorial aínda se pode contemplar o Escudo de Armas da Condesa. 

Comarca de Allariz 
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

     A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 

      Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN VICENTE COUCIEIRO - COUCIEIRO - PADERNE DE ALLARIZ

 IGREXA DE SAN VICENTE COUCIEIRO

COUCIEIRO

PADERNE DE ALLARIZ

Coucieiro
      San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 165 habitantes (88 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación.

       Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polos 9 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Baños de Molgas.

Lugares de Coucieiro
     Baamonde, A Costa, Coucieiro, O Covelo, O Moredo, A Neta, Ousende, Penelas, A Pousada 

Comarca de Allariz 
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

     A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 

     Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 11 de noviembre de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE AMIUDAL - AMIUDAL - AVIÓN

 IGREXA DE SANTIAGO DE AMIUDAL

AMIUDAL

AVIÓN

Amiudal
      Amiudal é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 252 habitantes (144 mulleres e 108 homes), 46 menos ca no ano 2000 e 12 menos ca no ano 2005. 

      A perda de poboación non foi tan acentuada en Amiudal coma no resto da zona, aínda que a perda demográfica é lenta mais constante.

      Foi concello de seu entre 1833 e xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.

Lugares de Amiudal
 
    Amiudal, Espiñeiro, Pascais 

Comarca do Ribeiro
        A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.  

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

       O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 10 de noviembre de 2025

CRUCEIRO DA CORGA DE BAIXO - A IGREXA - A PENELA - CEQUERIL - CUNTIS

 CRUCEIRO DA CORGA DE ABAIXO

A IGREXA - A PENELA 

CEQUERIL

CUNTIS

 Cruceiro da Corga de Abaixo
       Ao carón do muro do adro da igrexa de Santa María de Cequeril podemos ver este cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. 

        A súa base cúbica con moldura na parte superior da paso a un varal que comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica.

      O capitel decorado con volutas da paso a unha cruz de brazos potenzados na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cos brazos abertos acompañada de dous anxos e apoiada sobre unha peaña con forma de anxo alado.

 Cequeril
      Santa María de Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 195 habitantes (115 mulleres e 80 homes), 52 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

        Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.  

MAPA

  

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA