viernes, 10 de octubre de 2025

CATEDRAL DE BRAGA - BRAGA

 CATEDRAL DE BRAGA

BRAGA

 Catedral de Braga
     A catedral de Braga ou sé de Braga é unha catedral católica que se localiza na freguesía da Sé, cidade e concello de Braga, distrito de mesmo nome, en Portugal.

      A catedral comeza a se contruír en épocas do aínda Reino de Galiza e se constitúe na sede do bispado fundado, segundo a tradición, polo padrón do reino, Santiago o Maior, que aquí tería deixado como primeiro bispo o seu discípulo, san Pedro de Rates. 

      Debido a esa orixe apostólica é considerada como Sacrosanta Basílica Primacial da Península Ibérica, e o seu arcebispo, Primaz das Espanhas. 

    Posúe liturxia propia, a liturxia bracarense.

      Considerada como un centro de irradiación episcopal e un dos máis importantes templos do románico no país, aquí atópanse os túmulos de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, e súa dona, a galega Tareixa, pais de Afonso I de Portugal.

Historia
      Aséntase sobre as fundacións dun antigo mercado ou templo romano dedicado a Isis, conforme testemuña unha pedra votiva na parede leste, e os muros dunha posterior basílica paleocristá.

     A súa historia mellor documentada remonta á obra do primeiro bispo, Pedro de Braga, e corresponde á restauración da sé episcopal en 1070, da que se conservan poucos vestixios.

     En 1128 comezou a construción dun edificio de cinco capelas na cabeceira, por iniciativa do arcebispo Paio Mendes, parcialmente destruído polo sismo de 1135.

     Respectando os canons arquitectónicos dos Beneditinos clunicenses, os traballos foron dirixidos por Nuno Paio.

     En 1268 as obras aínda non estaban concluídas. 

     O edificio continuou a ser modificado con algunhas intervención artísticas, sendo particularmente significativa a galilea, mandada construír, na fachada, por Jorge da Costa nos primeiros anos do século XVI e que sería concluída por Diogo de Sousa. 

     Este último mandou facer as grades que agora a fechan, tendo aínda alterado o pórtico principal, (destruíndo dúas das súas arquivoltas) e mandado executar a ábsida e a capela maior, obra de João de Castilho datada de inicios do século XVI.

     En 1688 destacou a campaña de obras promovida polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, que modificou toda a fachada ao gusto barroco, mandando executar tamén o ciborio que ilumina o cruceiro.

     Nas dependencias da antiga casa do Cabido, mandada construír a comezos do século XVIII, polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, encóntrase actualmente o Tesouro Museo da Sé de Braga.

     No século XX colocouse xunto aos claustros o túmulo da taumaturga, relixiosa e estigmatizada, irmá Maria Estrela Divina, centro de gran devoción popular. 

     Foi sonado o seu espolio de reliquias sagradas, onde destaca o pedazo dun manto da Virxe María, na Capela das Reliquias. 

     Na catedral atópanse arcas que seica conteñen os ósos de moitos santos, e a lendaria Araca Sagrada, cuxo contido era notábel e que noutrora saía en posesión nos días solemnes de festa. 

     A sé de Braga está declarada Monumento Nacional de Portugal desde 1910.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DE SANTA MARGARIDA - SANTA MARGARIDA - SAIÁNS - MORAÑA

 CAPELA DE SANTA MARGARIDA

SANTA MARGARIDA

SAIÁNS

MORAÑA

 Saiáns
     San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2021 a súa poboación ascendera ata os 1.885 habitantes, sendo 945 homes e 940 mulleres.

     No lugar de Santa Lucía aséntase a capitalidade do concello.

Lugares de Saiáns
     A Alberguería, A Barosela, O Buelo, A Chociña, Corrigatos, As Cortiñas, O Covelo, Mos, O Río, Sabadín, Saiáns, Santa Lucía de Moraña, Santa Margarida, Suigrexa 

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.  

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA SANTA ISABEL - LIÑARES - BAÍSTE - AVIÓN

  CRUCEIRO DA SANTA ISABEL
LIÑARES
BAÍSTE
AVIÓN

 Liñares
     Liñares é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.  

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (58 homes e 74 mulleres), dous máis ca en 2010 (58 homes e 72 mulleres). 

     En 2009 tiña 149 habitantes (65 homes e 64 mulleres) segundo datos do concello de Avión.

Baíste
      Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

    Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación
     Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura
      Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares.  

     Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

     No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

     Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984). 

Lugares de Baíste

     Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón 

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


jueves, 9 de octubre de 2025

CRUCEIRO DO ADRO - LIÑARES - BAÍSTE - AVIÓN

 CRUCEIRO DO ADRO

LIÑARES

BAÍSTE

AVIÓN

 Liñares
     Liñares é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.  

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (58 homes e 74 mulleres), dous máis ca en 2010 (58 homes e 72 mulleres). 

     En 2009 tiña 149 habitantes (65 homes e 64 mulleres) segundo datos do concello de Avión.

Baíste
      Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

    Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación
     Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura
      Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares.  

     Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

     No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

     Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984). 

Lugares de Baíste
     Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 8 de octubre de 2025

CRUCEIRO DE ARÉN - CAMIÑO REAL - ARÉN - SAMIEIRA - POIO

CRUCEIRO DE ARÉN

CAMIÑO REAL

ARÉN

SAMIEIRA

POIO

    Cruceiro de plataforma dun so chanzo e pequeno baseamento de arestas redondeadas. 

     O varal é no comezo de planta cadrada pero pasa a pouca altura a ser octogonal. 

     Amosa varias incripcións, polo reverso, no tramo cuadrangular, unha cruz, e polo lateral dereito por debaixo da súa altura media, un epígrafe non lexible. 

     Na súa altura media tamén podemos ver un santiño que porta Mitra, báculo na man esquerda e libro na dereita. Ten un labra sen detalle.

   O capitel está labrado moi polo miúdo. Amosa volutas angulares que se montan sobre unha moldura. 

As cabezas de querubíns aparecen enriba das molduras sobre o equino non sendo no anverso no que vemos unha caveira. As tibias aparecen baixo a forma da moldura.

     A Cruz é latina e sinxela cun Cristo baixo cartela de INRI no anverso acompañado pola Virxe e San Xan. Ámbolos dous son representado xerarquicamente nun tamaño menor. 

No reverso, vemos a Virxe cos pes apoiados sobre a cabeza dun querubín, levando no colo ao meniño Xesús e na súa man dereita unha folla de palma. 

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA