domingo, 2 de marzo de 2025

CAPELA DE SANTIAGO - BARRIO LAXIÑA - COVELO

 CAPELA DE SANTIAGO

BARRIO LAXIÑA

COVELO

 Santiago de Covelo
     Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

      O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Lugares de Santiago de Covelo
      Carballeda, O Carrizó, O Castro, O Costal, Coveliño, A Ermida, Fontán, O Mangón, Pedregal, Os Piñeiros, Santiago de Covelo

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

sábado, 1 de marzo de 2025

LAGAR DE CERA DA CONGOSTRA - A CONGOSTRA - A LAMOSA - COVELO

 LAGAR DE CERA DA CONGOSTRA

A CONGOSTRA

A LAMOSA

COVELO

O Lagar da cera
     Este antigo lagar de cera está feito a base de perpiaño granítico e cachotería, de planta rectangular.

     No interior aínda se conservan as tres pías de pedra onde se separaba a cera do resto das impurezas, a viga de madeira e o taco de prensar a caera feito en pedra (o único feito en pedra que se coñece ata o momento).

     Ao seu carón, e pegado a un dos seus muros, podemos ver unha edificación adxectiva de menor tamaño, que posiblemente funcionara de almacén.

     Próximo ao lagar podemos ver tamén a Cruz cuberta da Congostra

Curadoiros  ou eiras da cera
     Os curadoiros ou eiras da cera son espazos arquitectónicos ao aire libre, cubertos con lousas de pedra e que adoitan formas diversas, podendo estar a rentes do chan ou elevados.

     Normalmente están orientados cara ao sur, sen ningún obstáculo que produza sombra para favorecer o mellor aproveitamento da insolación.

     Son estruturas rectangulares, compostas por grandes lousas de granito, traballadas pola cara visíbel cunha leve inclinación.

      Conforman un empedrado perfecto e moi ben traballado que remata en todo o seu perímetro, nunha sorte de bordo feito en pedra elevado sobre a superficie da eira. Estes curadoiros poden chegar a ter unha superficie de 132 m2.

     Usábanse para branquear a cera ao sol (que era estendida sobre a súa superficie durante varios días). 

     Con este proceso conseguíase que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera amarela en branca (chamada popularmente “cera esperma”). 

 VIDEO

MAPA

 

 Fuentes: Web Patrimonio Galego

Comunidade de Montes de Paraños

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO CALVARIO - O CALVARIO - TABAGÓN - O ROSAL

 CRUCEIRO DE O CALVARIO

O CALVARIO

TABAGÓN

O ROSAL

     Cruceiro que nace sobre tres chanzos con cornixa. 


     A súa base de sección cuadrangular soporta a un varal acanalado.

     O capitel cadrado e de estilo xónico, con volutas e revelos de catro cabezas.

 
     O conxunto remata nunha cruz cadrada no que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en oración e sobre unha peaña.
 

Comarca do Baixo Miño
     A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.

     Pertencen a ela os concellosda Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía
      A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica. 

 MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO CALVARIO DA PORTELA - A PORTELA - TABAGÓN - O ROSAL

 CRUCEIRO CALVARIO DA PORTELA

A PORTELA

TABAGÓN

O ROSAL

     Este cruceiro, deseñado e proxectado polo pontevedrés Agustín Portela no ano 1957, nace sobre tres chanzos cadrados.

     A súa base de arestas rebaixadas soporta un varal de sección octogonal no que podemos ver a imaxe de Verónica vendo ó norte sobre unha peaña.

     O seu capitel posúe unha decoración de catros anxos nas súas catro caras.

     O conxunto remata cun curioso Calvario. 

     Na parte central aparece a cruz de maior tamaño, chafranada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso e a Virxe co Neno no colo no reverso. 

     As cruces laterais, de menor tamaño, corresponden a do Bo Ladrón (Dimas) e do Mal Ladrón (Xestas), coas imaxescorrespondentes.  

               

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PETO EN AS MEDELAS - AS MEDELAS - PARAÑOS - COVELO

 PETO EN AS MEDELAS

AS MEDELAS

PARAÑOS

COVELO

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 7 de febrero de 2025

PETO DO ANDRÉ OU DA IGREXA - RÚA DA IGREXA - APÚLIA

PETO DO ANDRÉ OU DA IGREXA 

RÚA DA IGREXA

APÚLIA

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA