lunes, 3 de junio de 2024

IGREXA DE SAN XOÁN BAUTISTA - LOUREDO - CORTEGADA

 IGREXA DE SAN XOÁN BAUTISTA

LOUREDO

CORTEGADA

 Louredo
      San Xoán de Louredo, (do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo) é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar.

      No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos (pirámide de poboación invertida).

        En 2011 tiña 121 habitantes.

Lugares de Louredo
     Louredo

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

     Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

       Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

      O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SANTA ÁGUEDA - PAMBRE - CASARDEITA - RAMIRÁS

 CAPELA DE SANTA ÁGUEDA

PAMBRE

CASARDEITA

RAMIRÁS

       Edificio que conta con planta rectangular, con muros de granito concertado da modalidade de “opus vittatum”.

       Cuberta reformada recentemente, a tres augas, sendo na nave a dúas e no cabildo da entrada a tres.

      Esta zona ten muro a media altura e dúas columnas nos extremos, de sección cadrada, que suxeitan o tellado.

        No muro principal porta de entrada adintelada, e dous ocos cadrados de pequeno tamaño, por encima de esta e sobre o tellado, espadana de un oco, con pequeno campanil, rematada na cima con cruz de pedra.

       Nos muros laterais podemos ver dúas alturas ben diferenciadas da construción utilizando a pedra de diferente tamaño e calidade, puidera marcar unha ampliación de unha antiga edificación.

        Na cima de estes muros pódese ver moldura que acompaña o tellado e no lateral esquerdo vemos outro pequeno oco cadrado.

      Tamén son de mención o magnífico exemplar de carballo, patrimonio natural que está ao seu carón, débese coñecer, valorar e protexer.

       Así como o magnífico cruceiro que se encontra enfronte da capela.

Comarca da Terra de Celanova
       A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SANTO ESTEVO DE BUDIÑO - O BARRAL - BUDIÑO - SALCEDA DE CASELAS

 IGREXA DE SANTO ESTEVO DE BUDIÑO

O BARRAL

BUDIÑO

SALCEDA DE CASELAS

Santo Estevo de Budiño
       Santo Estevo de Budiño, ou Budiño de Baixo, é unha parroquia encravada no Val da Louriña e moi ligada ao Porriño, aínda que pertence ao concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 700 habitantes (363 homes e 337 mulleres).

Historia
     A súa orixe está ligada á veciña parroquia de San Salvador de Budiño, aínda que xa no século XIII se menciona a parroquia co seu nome actual. 

      Durante a Idade Media e até o século XIX formou parte da xurisdición de Budiño (formada polas dúas parroquias que levan o nome) baixo a forma de "couto veciñal", onde os propios habitantes podían escoller os seus cargos públicos.

A actual igrexa parroquial é de mediados do século XIX, e atópase na entidade de Barral.

       Procedente desta igrexa atópase actualmente no Museo Diocesano de Tui unha imaxe da Virxe do Libramento do século XIV. As festas na honra da virxe celébranse o segundo domingo de setembro.

        Comparte unha parte das Gándaras de Budiño, espazo natural protexido pola Rede Natura 2000.

       Dentro dela tamén se atopa o centro industrial do Cerquido, o de maior importancia de todo o concello.

Patrimonio
    Conxunto parroquial de Santo Estevo de Budiño: Formado pola igrexa, construída entre os anos 1849 e 1850, aínda que conserva no seu interior un arco pertencente a antiga igrexa, de posíbel factura románica; a casa reitoral e o via crucis que rodea o conxunto.
    Calvario do Barral: Conxunto de tres cruces situadas no alto dunha rocha, que formaba parte do vía crucis que partía desde a igrexa.

    Cruceiro do Coto: Erguido en 1701, conserva a seguinte inscrición: D JOSEPH / LO IZO / OS 1701 / DEPAI AN, que pode ser traducida como Don Joseph Deapi fíxoo no ano 1701.
    Cruceiro da Lomba: Cruz alta que se localizaba nun cruzamento de camiños no lugar da Lomba, e que se sitúa actualmente nunha propiedade privada preto da súa localización orixinal.

    Aceas ao longo de varios regatos:
        No río da Becerreira e levadas que parten da mesma: muíño de Timóns (en estado ruinoso) e muíño do Cerquido (restaurado).

        No regato de Loureiro: muíño de Veliños ou de Loureiro, muíño da Bouza Panda, muíño da Revolta (case desaparecido), muíño das Quintas, muíño do Regueiro (todos eles en estado ruinoso). No tramo final do regato sitúanse o muíño Novo, o muíño do Cubo, o muíño da Tol, o muíño do Médio e o muíño do Campo, que xuntamente coa fonte do Regueiro, foron restaurados para conformar o Parque Etnográfico do Regueiro.

División eclesiástica
      Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Louriña, na diocese de Tui-Vigo.

Lugares de Santo Estevo de Budiño
     A Ameixeira, Os Areeiros, O Barral, A Becerreira, Bouzapanda, O Cerquido, A Costeira, O Eido Vello, A Lomba, O Rebindo, A Rega da Lama, O Regueiro, O Seixo Branco, A Urgueira

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

IGREXA DE SAN MATEO DE OLIVEIRA - OLIVEIRA - PONTEAREAS

IGREXA DE SAN MATEO DE OLIVEIRA

OLIVEIRA

PONTEAREAS

San Mateo de Oliveira
      San Mateo de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 575 habitantes (288 homes e 287 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes.

Patrimonio
     Igrexa parroquial e Cruceiro do Torreiro.

Celebracións
     A Festa dos maios, e a da Virxe do Carme.

Lugares de San Mateo de Oliveira
     O Agrelo, O Alcázar, O Asperón, O Calandro, A Capela, O Carrascal, A Chan, A Cheira, O Cruceiro, A Cuña, As Godallas, A Manga, O Outeiro, A Pedreira, Penavella, O Piñeiro, Puzo, As Rozas, A Silva, O Val do Eido, Vera, Vilafría

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.


Demografía

     41.780 habitantes

Toponimia
      O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 2 de junio de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE FREÁS DE EIRAS - FREÁS DE EIRAS - RAMIRAS

 IGREXA DE SANTA MARÍA

FREÁS DE EIRAS

RAMIRAS

 Freás de Eiras
       Santa María de Freás de Eiras é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 274 habitantes (132 homes e 142 mulleres), 17 menos ca en 2006.

Historia
     Até 1926 constituíu concello de seu, fusionándose nese ano co de Vilameá de Ramirás para dar orixe ao actual municipio de Ramirás.

      En 1935 inaugurouse a Escola Concepción Yáñez, financiada polo filántropo Rogelio García Yáñez.

Lugares de Freás de Eiras
     Freás de Eiras, O Picouto, Ponte dos Madeiros, Ramirás, San Tomé

Ramirás
      Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.

       Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O xentilicio é ramirao.

Historia
      Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

     O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Patrimonio
     O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

     Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA