miércoles, 6 de marzo de 2024

CRUCEIRO PETO DE SEÑORÍN - SEÑORÍN - O CARBALLIÑO

CRUCEIRO PETO DE SEÑORÍN

SEÑORÍN

O CARBALLIÑO

 Señorín
      San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2021 tiña 446 habitantes (237 mulleres e 209 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 82 persoas en relación ao ano 1999, cando tiña 364 habitantes.

Xeografía
      Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.

       O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES nº1 do Carballiño (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Chamoso Lamas, de Mesego).

     É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero a inmensa maioría das súas vivendas son unifamiliares.

     A súa altitude media é duns 400 metros.

Historia
      Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia.

     Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.

Festas
     As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.

Lugares de Señorín 
      Centeás, A Pena, Señorín, O Tellado, O Torrón

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 5 de marzo de 2024

ESTACIÓN DE TREN DE O CARBALLIÑO - AVD. VINTECINCO DE XULLO - O CARBALLIÑO

 ESTACÍÓN DE TREN  O CARBALLIÑO

AVD. VINTECINCO DE XULLO

O CARBALLIÑO

 Estación do Carballiño
    O Carballiño é unha estación de tren de Adif situada na vila do Carballiño, na provincia de Ourense. 

       Conta con servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 279,177 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 396 metros de altitude, entre as estacións da Friela-Maside e Boborás. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
      A estación foi inaugurada o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-O Carballiño da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña. 

      A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
       O edificio para viaxeiros é un amplo edificio de planta rectangular formado por dous pisos.

      Ten a particularidade de posuír unha torre de tres pisos nun dos seus laterais. A fachada conta tamén cun pequeno frontón no que se incrusta un reloxo de agulla.

       Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías (vía 3 plataforma lateral, vía 1 e 2, plataforma central).

      Outras cinco vías máis numeradas como vías 4, 6, 8, 10 e 12 completan as instalacións. 

      As dúas últimas son vías mortas que dan acceso a un peirao de carga cuberto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

CRUCEIRO EN MESEGO - MESEGO - O CARBALLIÑO

 CRUCEIRO EN MESEGO

MESEGO

O CARBALLIÑO

 Mesego
     Santa María de Mesego é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes, deles 173 eran homes e 197 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
     Nos seus terreos están asentados o estadio de fútbol do Carballiño, o Espiñedo, e, tamén o IES Manuel Chamoso Lamas, un dos dous institutos públicos da vila do concello (xunto co IES nº1 do Carballiño, en Señorín).

Lugares de Mesego
     O Alboio, Mesego, Mesego de Cabo

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. 


      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

IGREXA DE SANTIAGO DE ANLLO - ANLLO - SAN AMARO

 IGREXA DE SANTIAGO DE ANLLO

ANLLO

SAN AMARO

 Anllo
     Santiago de Anllo é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 164 habitantes, deles 87 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Anllo
      Anllo, A Casanova, A Caseta, A Cruz, O Hospicio, Outeirás, Pazos, Quinteiro, San Sebastián, Vilar

San Amaro
     San Amaro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2017 tiña 1.112 habitantes (1.141 en 2016).

     O seu xentilicio  é «amarense».

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de marzo de 2024

RUINAS DA IGREXA DE SAN PEDRO APOSTOL - POLVORANCA - LEGANÉS

 RUINAS DA IGREXA DE SAN PEDRO

POLVORANCA

LEGANÉS

Historia:
     A existencia de Polvoranca remóntase á época medieval, aínda que non existe unha constancia oficial da súa creación. En 1575, o Conde de Orgaz vendeu as súas posesións ao licenciado De León e a súa esposa Ana de Ossorio.

      A partir de aí creouse o morgado de Polvoranca, que se atopaba a media legua de Leganés.

        En 1655 levantouse a Igrexa de San Pedro, de estilo barroco, sobre os cimentos dunha antiga ermida baixomedieval. Nesa época, a poboación total situábase ao redor de 300 veciños.

Descrición:
     A igrexa de San Pedro foi levantada polos arquitectos Francisco de Amora e o seu sobriño Juan Gómez de Amora. Está construída en ladrillo, sobre zócalo de perpiaño.

      Presenta planta de cruz latina, dunha soa nave, con capelas laterais, e cóbrese con bóveda de canón encamonada. Baixo o edificio existe unha cripta sepulcral.

     Xunto ás ruínas desta igrexa atópanse os restos do antigo pobo de Polvoranca, igualmente en abandono e sen protección. 

      Segundo os informes derivados das prospeccións arqueolóxicas realizadas nos anos 1999 e 2000 para a construción do barrio de Arroyo Culebro (Plan Parcial 5 de Leganés), é probable a existencia de restos altoimperiales e hispanovisigodos neste lugar.


Estado de conservación:
     Colapso parcial do inmoble: derrube ao lado do Evanxeo, parte do cruceiro, o campanario e gran parte da cuberta. Os restos aínda en pé atópanse en estado de ruína avanzada: os muros, cubertas e paramentos presentan multitude de agrietamientos, filtracións e superficies bombeadas. A fachada da porta de acceso principal presenta vencemento cara ao exterior.

       O inmoble e parte dos restos de Polvoranca están rodeados por un aramado para evitar o acceso, aínda que en varios puntos está danada e a porta atópase aberta (sen cadeado ou fechadura), o que fai o conxunto máis vulnerable ás substraccions

MAPA

 

  Fotos: Francisco Torres

XOAN ARCO DA VELLA