miércoles, 24 de enero de 2024

CRUCEIRO PETO DOS AFLITOS - CRISTELO COVO - VALENÇA DO MINHO

 CRUCEIRO PETO DOS AFLITOS

CRISTELO COVO

VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DE SANTA MARÍA - CRISTELO COVO - VALENÇA DO MINHO

CRUCEIRO PETO DE SANTA MARÍA

IGREXA DE SANTA MARÍA

CRISTELO COVO

 VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

      Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

 Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 23 de enero de 2024

CRUCEIRO PETO DE SANTA BAIA - IGREXA DE SANTA BAIA DE RIBADUMIA - RIBADUMIA

 CRUCEIRO PETO DE SANTA BAIA

IGREXA DE SANTA BAIA

RÚA PARROCO VALIÑAS

RIBADUMIA

Igrexa de Santa Baia 

    En Ribadumia, nunha contorna formada por un atrio natural, con paseo ata a portada principal, levántase esta igrexa no medio do val. 

      Ten unha alta torre central de época barroca. A porta está formada por un arco de medio punto moi sobrio, con entablamento e frontón curvo sobre el.

      Pilastras nas esquinas da fachada rematan en pináculos barrocos. Sobre o frontón, a imaxe da Santa, e máis arriba, a parte alta da torre separada do resto por unha cornixa. 

      A planta cadrada inferior tórnase logo poligonal e na súa parte alta circular remata cunha pequena cúpula.

     Á beira da igrexa unhas esveltas árbores contrastan coa construción, en competencia coa obra da natureza.

      Na contorna da igrexa, os viñedos que levantan as súas cepas sobre piares que falan da relación desta parroquia co viño e o traballo das súas xentes.

MAPA

 

 Fuente: Web www.osalmes.com

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 14 de enero de 2024

CRUCEIRO PETO DE SANTA MARÍA - O PADREIRO - CASTRELO DO MIÑO

 PETO CRUCEIRO DE SANTA MARÍA

O PADREIRO

CASTRELO DO MIÑO

 Padreiro
      Padreiro é un lugar da parroquia de Castrelo de Miño no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro.

     Tiña 8 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 4 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

Castrelo de Miño
      Santa María de Castrelo de Miño é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 315 habitantes, deles 154 eran homes e 161 eran mulleres.

Lugares de Castrelo de Miño
      A Carixa, As Cortiñas, A Costa, Nogueiredo, Padreiro, O Pazo, A Ponte, Reigoso, O Rial, Santa María, O Toledo, Traveso

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

    Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

       Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



sábado, 13 de enero de 2024

CRUCEIRO - PETO DE FILGUEIRA - IGREXA DE SAN PEDRO DE FILGUEIRA - CRECENTE

 CRUCEIRO PETO DE FILGUEIRA

IGREXA DE SAN PEDRO DE FILGUEIRA

CRECENTE

 Filgueira
       San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

     A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé. Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

Toponimia
     O fitónimo galego Filgueira (do latín FĬLĬCARIA, derivado de FĬLIX, -ĬCIS refírese a un lugar abondoso en fentos. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.

Historia e patrimonio
     Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.

      No século XVIII constituíuse a parroquia da A Ameixeira, segregándose os seus lugares de Filgueira. A Ameixeira, que dependía da capela de San Colmede, anexo de Filgueira, reclamou constituírse como parroquia após o derrubamento deste templo para aproveitar as pedras na construción da actual igrexa parroquial de Filgueira.

     A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa).

     Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.

     A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concorrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira.

     Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. 

      O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 12 de enero de 2024

CAPELA DE GUXINDE - GUXINDE - A PEREIRA - ENTRIMO

 CAPELA DE GUXINDE 

GUXINDE

A PEREIRA

ENTRIMO

Guxinde
      Guxinde é un lugar da parroquia da Pereira no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 15 eran homes e 16 mulleres.

A Pereira
      San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 126 habitantes (54 homes e 72 mulleres).

Lugares da Pereira
     Bouzadrago, Guxinde, A Pereira

Entrimo
      Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio é «entrimés».

Xeografía
      O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

     É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Comarca de Baixa Limia
       A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

       Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA