lunes, 3 de julio de 2023

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CELAVENTE - CELAVENTE - O BOLO

 IGREXA DE SAN MARTIÑO

CELAVENTE

O BOLO

Celavente
      San Xoán de Celavente é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Bolo.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 mulleres e 65 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 89 habitantes, sendo 44 homes e 45 mulleres.

O Bolo
     O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. 

     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio bolés.

Xeografía
     O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.

     Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira.

     Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.

Historia
     Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.

     Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.

     Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult.

       En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.

Patrimonio
     A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe de planta cadrada, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.

     O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.

     A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.

     En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

LAGAR RUPESTRE DE XAN PETRO - OIMBRA

 LAGAR RUPESTRE DE  XAN PETRO

OIMBRA

      Viñedos centenarios cubrindo campos e outeiros ou precipitándose de forma vertixinosa cara aos leitos dos ríos; pazos e outras construcións señoriais reconvertidas en adegas e imaxe dos nosos viños; estruturas escavadas en terra para preservar as propiedades destes caldos…

     Son moitos os elementos que dan testemuño da importancia que a industria vitivinícola ten en Galicia desde hai séculos. Algúns deles están gravados en pedra como proba a antigüidade desta actividade e do enxeño e da habilidade dos pioneiros na arte de transformar a uva en viño.

     É o caso dos  lagares rupestres, un vestixio dunha época xa afastada no tempo e que alcanza a súa máxima expresión no municipio ourensán de Oímbra.

     Os lagares rupestres son estruturas esculpidas en pedra para depositar as uvas e proceder ao seu pisado ou esmagado. Alí conseguíase o mosto de cuxa posterior fermentación acababa por obterse o viño. Os canteiros tallaban estes lagares nos propios emprazamentos nos que había afloramentos graníticos, por iso é posible atopar moitas destas estruturas en lugares agrestes.

     Foron localizados exemplos en territorios correspondentes á práctica totalidade das denominacións de orixe galegas, aínda que a súa presenza é máis evidente no caso da D. O. Monterrei e, especialmente, en Oímbra.

    Nese municipio foron contabilizadas máis dunha ducia destas estruturas, o que constitúe toda unha proba das boas condicións que tiña xa en séculos atrás para a cultura vitivinícola.

     Hoxe en día esa tradición produtora mantense, aínda que en instalacións modernas, de tal forma que aqueles primeiros lagares pasaron a ser un elemento etnográfico, patrimonial e turístico. Tanto é así que as autoridades locais convertérono nun dos principais reclamos promocionais do municipio.

     Aínda que diversos investigadores determinaron que algúns dos lagares preservados en Galicia poderían remontarse xa á época dos romanos, os que se poden ver en Oímbra corresponden presumiblemente á Idade Media, a unha época na que os pequenos produtores procesaban as uvas nos lugares habilitados nos propios viñedos polos canteiros.

     Ademais do espazo para o pisado do viño (pileta ou calcatorium), a maioría dos lagares dispoñían dun depósito (pío)para recoller o mosto situado nun plano inferior ao primeiro, aínda que nalgúns casos empregábanse depósitos de madeira (barcales) para esta última función. 

     A continuación mergullábanse alí uns odres con capacidade para máis de 100 litros e unha vez cheos eran transportados en carros ou mulas ata as cubas situadas nas adegas.

      Da Cotiña, do Lagar, Da Regata da Vela, Da Quinta, Do Patulo, Da Fecha, Das Viñas, Dos Mouros ou Da Tapadiña son algúns dos evocadores nomes dos lagares que atoparás en Oímbra.

     En todos eles é posible apreciar o labor que realizaron os canteiros na pedra e imaxinar como era o traballo dos antigos viticultores. 

      Ademais, o lagar de Xan Petro (incluído xunto co da Ribeira de Fornos na ruta comarcal de lagares de Monterrei) foi reconstruído dotándoo dunha prensa de madeira para poder apreciar así o seu aspecto orixinal ao completo.

      Non moi lonxe de alí atópase tamén o lagar das Barrocas, unha estrutura de 30 metros cadrados de superficie que a converten posiblemente na de maiores dimensións de toda a comarca e que ademais está integrada nunha construción tradicional que incluía vivenda e adega. 

MAPA

 

Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE ÁNIMAS DE TAMAGUELOS - TAMAGUELOS - VERÍN

 PETO DE TAMAGUELOS

TAMAGUELOS

VERÍN

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 2 de julio de 2023

SANTUARIO DO NOSO SEÑOR DO SOCORRO - LABRUJA - PONTE DE LIMA

 SANTUARIO DO SEÑOR DO SOCORRO

LABRUJA

PONTE DE LIMA

Santuario do Noso Señor do Socorro
     O Santuario do Noso Señor do Socorro, en Labruja, Ponte de Lima, acolle unha das romarías máis populares da rexión, a primeira fin de semana de xullo. 

     Construído en 1773, conta con dous campanarios, unha fachada profusamente decorada e unha escaleira frontal que, no seu conxunto, destacan na paisaxe pola súa monumentalidade.

     Antes de entrar, podese admirar as dúas estatuas de San Pedro e o Papa Clemente XIV, a escaleira rodeada de estatuas de figuras bíblicas e a cova artificial coa imaxe de Abel, e a Fonte do Deserto.

     No interior destaca un importante conxunto de tallas douradas da última fase do rococó.

     Se visitas o santuario durante a Festa de Senhor do Socorro coñecerás unha verdadeira romaría do Miño, co seu folclore, bailes tradicionais e procesión dominical.

Labruja
     Labruja é unha fregresia portuguesa do concelho de Ponte de Lima, con 16,73 km² de superficie e 482 habitantes (2001).

     A súa densidade de poboación é de 28,8 hab/km².

Ponte de Lima
     É sede dun municipio de 321,20 km² e 41 169 habitantes (2021), subdividido en trinta e nove freguesias (parroquias).

     O municipio limita ao norte con Paredes de Coura, o leste con Arcos de Valdevez e Ponte dá Barca, o sueste con Vila Verde, o sur con Barcelos, o oeste con Viana do Castelo e Caminha, e o noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Recibiu un foro de Teresa de León en 1125, polo que é considerada a vila máis antiga de Portugal.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA