ESTACIÓN DE TABOADELA
TABOADELA
Estación de Taboadela
Taboadela é unha estación de tren de Adif, situada en Veredo, nas proximidades da vila de Taboadela, provincia de Ourense.
Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 234,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 312 metros de altitude, entre as estacións de Paderne-Cantoña e Ourense-San Francisco. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".
É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación de Taboadela quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Puebla de Sanabria.
A estación
O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos adornada con dous arcos no seu parte baixa. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA