domingo, 19 de febrero de 2023

CAPELA DE SAN ROQUE - FORMIGUEIROS - VILARDEVÓS

 CAPELA DE SAN ROQUE

FORMIGUEIROS

VILARDEVÓS

Vilardevós
     San Miguel de Vilardevós é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 265 habitantes, deles 124 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.

     Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
     Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

     Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).

Particularidades
     Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. 

     Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

      Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



MUIÑO DAS ACEÑAS - AS ACEÑAS - RÍO UMIA - BAIÓN - VILANOVA DE AROUSA

 MUIÑO DAS ACEÑAS

AS ACEÑAS

RÍO UMIA

BAIÓN

VILANOVA DE AROUSA

 Río Umia
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².

     Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados).

     Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela.

     Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada.

     Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza.

     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

     O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTELLA DAS ACEÑAS - AS ACEÑAS - RÍO UMIA - BAIÓN - VILANOVA DE AROUSA

PONTELLA DAS ACEÑAS

AS ACEÑAS

RÍO UMIA

BAIÓN

VILANOVA DE AROUSA

Río Umia
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².

     Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados).

     Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela.

     Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada.

     Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. 

     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

     O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 17 de febrero de 2023

MONASTERIO DE SAN MIGUEL DE XAGOAZA - XAGOAZA - O BARCO DE VALDEORRAS

 MONASTERIO DE SAN MIGUEL

XAGOAZA

O BARCO DA VALDEORRAS

 Mosteiro de San Miguel de Xagoaza
     No mosteiro de Xagoaza pódese atopar unha atmosfera moi tranquila, silenciosa e con moito encanto. 

      A igrexa de San Miguel do século XII e a edificación do mosteiro do século XVIII.

Descrición
     A igrexa de San Miguel, de orixe románico,  pertencente na súa época á Ordende San Xoán de Xerusalén.

     O Mosteiro de construción posterior está realizado en pedra ao redor dun claustro interior rectangular. Actualmente rehabilitado, alberga unha moderna adega de viños e augardentes da zona, cuios viñedos están situados na contorna do conxunto.

     No seu interior acondicionáronse no piso superior unha serie de salas para desenvolver diversos actos culturais: exposicións, ciclos de conferencias, etc.

     A contorna de bosque autóctono que rodea este espazo, os viñedos, ademais de fermosos e plácidos están extremadamente coidados.

Xagoaza
      San Miguel de Xagoaza é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes.

Lugares de Xagoaza
      Xagoaza

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. 


      Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m).

MAPA

 

 Fotos: C.P.C

XOAN ARCO DA VELLA



MONASTERIO DOS XERÓNIMOS - LISBOA

 MONASTERIO DOS XERÓNIMOS 

LISBOA

Mosteiro dos Xerónimos
         Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo.

      Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa.

      Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo.

       Os elementos decorativos están repletos de símbolos da arte da navegación e de esculturas de plantas e animais exóticos.

      O monumento forma parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.

Historia
      Encomendado polo rei Manuel I, pouco despois de Vasco da Gama regresar da a súa viaxe á India, financiouse en gran parte polos lucros do comercio de especias.

      Escollido o lugar, xunto ao río en Santa María de Belén, iníciase en 1502 a obra con varios arquitectos e construtores, entre eles Diogo Boitaca (plano inicial e parte da execución) e João de Castillo (bóvedas das naves e do transepto – esta cunha rede de nervuras en forma de estrela –, piares, porta sur, sancristía e fachada) que substitúe o primeiro en 1516/17. No reinado de Xoán III engadiuse o coro alto.

     Deriva o nome por serlle entregada á Orde de san Xerónimo, nel estabelecida ata 1834. Sobreviviu ao sismo de 1755 mais foi danado polas tropas invasoras francesas enviadas por Napoleón Bonaparte no inicio do século XIX.

      Inclúe, entre outros, os túmulos dos reis Manuel I e a súa muller, María, Xoán III e a súa muller Catarina, Sebastián e Henrique e aínda os de Vasco da Gama, de Luís Vaz de Camões, de Alexandre Herculano e de Fernando Pessoa.

      Despois de 1834, coa expulsión das ordes relixiosas, o templo dos Xerónimos destinouse a igrexa parroquial da freguesía de Santa María de Belén.

     Nunha extensión construída en 1850 está localizado o Museo Nacional de Arqueoloxía. O Museo da Mariña sitúase na ala oeste.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA