domingo, 4 de septiembre de 2022

PETO DE AMEIXEIRA - AMEIXEIRA - CRECENTE

 PETO DE AMEIXEIRA

AMEIXEIRA

CRECENTE

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



PETO DA NOSA SEÑORA DA PAZ - BARRAL - VILA CHA - PONTE DA BARCA

PETO SA NOSA SEÑORA DA PAZ

BARRAL

VILA CHA

PONTE DA BARCA


   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 30 de agosto de 2022

EXPOSICION " O CAMINHO, O CAMIÑO E AS ARTES - MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM - LOURES - LISBOA

 EXPOSICIÓN O CAMINHO, O CAMIÑO 

O CAMIÑO E AS ARTES

MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM

LOURES

LISBOA

     Do día 2 o 24 de Setembro estara aberta o publico no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo. O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.

     Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.

     Eu asistirei o día 2 día da apertura da exposición a que estades convidados e sera un pracer saudarvos.


MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 24 de agosto de 2022

PASAL NO RÍO CORVO - LIEIRO - CERVO

 PASAL NO RÍO CORVO

LIEIRO

CERVO

Parroquia de Lieiro
     Dentro desta parroquia cómpre destacar o atractivo turístico de San Ciprián, vila mariñeira que, xunto coa capital do municipio, é o núcleo de poboación máis importante do Concello.

     A vila atópase rodeada de extensas praias, entre as que destacan a do Torno, a de Cubelas e a da Caosa.

     O seu porto pesqueiro entraña riqueza e constitúe parte da historia deste lugar. 

     A importancia que ten o mundo da pesca reflíctese na existencia dun Museo do Mar, único na provincia de Lugo. Nesta instalación, situada no antigo grupo escolar, expóñense pezas relacionadas coas distintas modalidades de navegación e pesca, así como buguinas, cunchas, ósos de baleas, arpóns, maquetas de barcos, fotografías, etc.

     É de especial beleza o faro desta vila, situado na Atalaia, rodeado dunha área recreativa dende a que se poden divisar os Farallóns, tres illas nas que se orixina a máis famosa lenda do lugar sobre a serea Maruxaina e que están incluídas na ‘Relación de Espazos Naturais’ da provincia de Lugo.

     Por último, San Ciprián pode presumir dun pasado destacado e, como mostra, pódense visitar as ruínas de dúas antigas fábricas de salgadura e a ponte de orixe medieval que cruza o río Covo.


    Extensión: 10,1 Km2
    Poboación: 2357 habitantes.

ALDEAS:
    A Venta, Gondrás, Lieiro, O Castelo, O Guioncho, Pedrosa e  San Ciprián.

DE INTERESE:
    Igrexa de Sta. María e rectoral (Lieiro), capela do Guioncho, capela de San Andrés e de San Ciprián (San Ciprián), pazo de Pedrosa, ponte medieval, antigas fábricas de salgadura (San Ciprián), Museo do Mar, praias do Torno, da Caosa , de Cubelas e de Lieiro.

Comarca da Mariña Occidental
     A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro.

     A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo. 

MAPA 

 

Fuente: Concello de Cervo

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 23 de agosto de 2022

SARTEGOS DE MARZÁN - MARZÁN - O ROSAL

 SARTEGOS DE MARZÁN

MARZÁN

O ROSAL

     Dous sepulcros antropomorfos. Pola súa orientación ao Leste (sol nacente, símbolo de Cristo), por tanto de signo cristián, datan dos séculos V-VI, en plena época visigótica.

     Estes dous sarcófagos (home e muller), pertenceron aos patróns do poboado cristián que no Concilio II de Braga, no 572, se menciona na Diócese de Tui, como parroquia denominada: Marciliana (Marciana, Marzán).

Comarca do Baixo Miño
     A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.


     Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Situación
     A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

Economía
      Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas. 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 22 de agosto de 2022

MUIÑO DE VENTO DA CRUZADA - SANTA CATALINA - A GUARDA

 MUIÑO DE VENTO DA CRUZADA

SANTA CATALINA

A GUARDA

     Muíño de torre fixa e cuberta xiratoria duns 4’25 metros de altura, de sección cilíndrica e construída a base de cachotería granítica irregular.

     Posuía dúas plantas e funcionaba con velas de lenzo.

     Posúe porta de acceso na cara Sur oeste, e tres fiestras, unha sobre a porta na planta alta e as outras nas caras noroeste e sueste


     No interior se conservase unha lareira e unha despensa. 

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 16 de agosto de 2022

MUIÑO DO PORTIÑO - O MUIÑO - A GUARDA

 MUIÑO DO PORTIÑO

O MUIÑO

A GUARDA


     Muíño de torre fixa de sección cilíndrica, feita a base de cachotería granítica irregular encintada.

     Cunha altura aproximada de 4’8 metros, o muíño posúe tellado cónico e fixo, aínda que na súa orixe tiña cuberta xiratoria pois os muros rematan en pedras de cantería levando unha canella central por onde xiraba a cuberta con velas de lenzo.

      Posúe unha porta de acceso e catro pequenas fiestras unha dela por riba da porta.

     Por fontes orais sabemos que o muíño era de dúas plantas, a superior era utilizada como vivenda do muiñeiro, mentres que a planta de abaixo era ocupada polos elementos mecánicos e a pedra de moer.


     Polas mesmas fontes sabemos que aínda era usado a principios do século XX.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA