martes, 7 de junio de 2022

CRUCEIRO E FONTE DE SAN PEDRO . SAN PEDRO DE A BOLA - BERREDO - A BOLA

CRUCEIRO E FONTE DE SAN PEDRO

SAN PEDRO DE A BOLA

BERREDO

A BOLA

 Berredo
     San Miguel de Berredo é unha parroquia do concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 116 habitantes (56 homes e 60 mulleres).

Lugares de Berredo
     Berredo, O Capelo, A Cortiña, San Pedro

A Bola
      A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.

      Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nas estribacións da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Forriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.

      Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. ,

     Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

     A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.

      Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Forriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.

Parroquias da Bola    

      Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

 

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE PODENTES - PODENTES - A BOLA

 PETO DE PODENTES

PODENTES

A BOLA


   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE A BOLA - SANTA BAIA DE BERREDO - A BOLA

PETO DE A BOLA

SANTA BAIA DE BERREDO

A BOLA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de junio de 2022

POLDRAS ROMANAS DE LOUREDA - RÍO VEZ - LOUREDA - ARCOS DE VALDEVEZ

 POLDRAS ROMANAS DE LOUREDA

RÍO VEZ

LOUREDA

ARCOS DE VALDEVEZ


 Rio Vez 

     O Rio Vez e un dos afluentes más importantes do rio Limia o Limia en gallego, que desemboca por a sua marxen dereita tras un pecorrido de casi 40 kilómetros.

     Nace na Serra de Soajo a uns 1300 metros de altitude no lugar coñecido como Seida ou Lamas de Vez, en pleno corazón do Parque Nacional da Peneda-Gerês.

     Seu caudal beneficiase do aporte do rio Ázere e parte en dous a Villa de Arcos de Valdevez.

      No nacemiento seu curso sirve como límite territorial entre os concellos de Melgaço y Monçao.

      E un rio de aguas limpas e cristalinas que transmiten frescor con soio mirarlo

Loureda
     Loureda era una freguesia portuguesa del municipio de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi suprimida o 28 de Xaneiro de 2013, en aplicación dunha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de Xaneiro de 2013 ó fusionarse coa fregresia de Álvora, formando a nueva fregresia de Alvora e Loureda.

Arcos de Valdevez
     Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima. Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes.

      Divídese en 51 freguesías. A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes.

Freguesías
      As freguesías son o equivalente ás parroquias en Galicia. Son as seguintes:

    Aboim das Choças
    Aguiã
    Alvora
    Ázere
    Cabana Maior
    Cabreiro
    Carralcova
    Cendufe
    Couto
    Eiras
    Ermelo
    Extremo
    Gavieira
    Giela
    Gondoriz
    Grade
    Guilhadeses

    Loureda
    Madalena de Jolda
    Mei
    Miranda
    Monte Redondo
    Oliveira
    Paçô
    Padroso
    Parada
    Portela
    Prozelo
    Rio Cabrão
    Rio de Moinhos
    Rio Frio
    Sá  

    Sabadim

    Salvador
    Salvador de Padreiro
    Santa Cristina de Padreiro
    Santa Maria de Távora
    Santar
    São Cosme e São Damião
    São Jorge
    São Paio
    São Paio de Jolda
    São Vicente de Távora
    Senharei
    Sistelo
    Soajo
    Souto
    Tabaçô
    Vale
    Vila Fonche
    Vilela

Monumentos
    Igrexa da Lapa e de estilo barroco típico Rococó.

   O proxecto da igrexa da Nossa Senhora da Lapa, é atribuído a André Soares e foi concluido en 1767. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 3 de junio de 2022

MUIÑOS DE RODEIRO - RODEIRO - CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO - MELGAÇO

 MUIÑOS DE RODEIRO

RODEIRO

CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO

 MELGAÇO


     Moito máis que uns simples muiños, é un lugar de soños.

      Lagoa, fervenza e muíños de características moi singulares forman unha paisaxe única. Na aldea de  Rodeiro temos que deixar o coche, despois camiñaremos ata o centro do lugar.

     Despois duns dous minutos atoparemos á dereita unha casa/capela en ruínas, onde xiraremos á dereita.

     Un pouco máis adiante atoparemos á dereita o forno comunitario. Continuaremos camiñando uns 5 minutos máis, baixaremos polo camiño da dereita, que se fai máis “pechado”, e levará o lugar .

Castro Laboreiro
     Castro Laboreiro e unha fegresia portuguesa do municipio de Melgazo, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi suprimida o 28 de Xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de Xaneiro de 2013 o unirse coa fegresia de Lamas de Mouro, formando a nova fregresia de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro.​

Castro Laboreiro e Lamas de Mouro
     Castro Laboreiro e Lamas de Mouro (chamada oficialmente União das Freguesias de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro) es unha fregresia portuguesa do municipio de Melgazo, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi creada el 28 de Xaneiro de 2013 en aplicación de unha resolución da Asamblea da República de Portugal promulgada o 16 de Xaneiro de 2013 coa unión das fregresias de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro, pasando a sede a estar situada na antigua fregresia de Castro Laboreiro.​

Melgaço
     Melgaço é un concello portugués no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, fronteirizo con Galiza.

     En 2004 tiña 9.739 habitantes, 1.300 dos cales viven na vila que dá nome ao municipio.

     Ten 239,04 km², e está subdividido en 18 freguesías. Limitado ao norte e leste con Galiza, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez, e ao oeste por Monção. É o municipio máis setentrional de Portugal.

     O punto máis elevado do concello é o Giestoso, de 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro Laboreiro.

     O concello ten 18 freguesías, repartidas en dúas grandes áreas: 11 delas á beira do río Miño (Alvaredo, Chaviães, Cristóval, Paços, Paderne, Penso, Prado, Remoães, Roussas, São Paio e Vila) e 7 de montaña (Castro Laboreiro, Cousso, Cubalhão, Fiães, Gave, Lamas de Mouro e Parada do Monte).

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Web Montes de Laboreiro

XOAN ARCO DA VELLA