jueves, 14 de octubre de 2021

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE VERDÍA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

 ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE VERDÍA

VERDÍA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Estación de Verdía
      Verdía é un apeadoiro de Adif, situado en Verdía, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. 

      Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.


    Santa Mariña de Verdía é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. 

      Segundo o IGE en 2009 tiña 306 habitantes (162 mulleres e 144 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Patrimonio
    Igrexa de Santa Mariña de Verdía, románica.
    Estación de Verdía, antiga estación de tren reconvertida en centro sociocultural.

Festas
     As festas parroquiais son o 18 e 19 de xullo.

Lugares de Verdía
      A Eirexe, Insuas, Lobra, Quintáns, Verdía de Abaixo, Verdía de Arriba, Vilar de Outeiro


Comarca de Santiago
     A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña, a capital é Santiago de Compostela.

    A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.


Situación
      No sur da provincia da Coruña, linda polo norte coa comarca de Ordes, polo oeste coas de Xallas, A Barcala e Noia, polo sur coas do Sar e Tabeirós - Terra de Montes, e polo leste coas de Arzúa e Deza.

      Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o Dubra, o seu curso vai encaixado polas terras de Ames e Brión, onde é represado no encoro Barrié de la Maza.

      Polo sur o río Ulla, límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fértil val para encaixarse profundamente na Ponte Ulla, ao pé do Pico Sacro. Tamén fértil é o val de Amahía, que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo río Sar que, xunto co Sarela rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar achega o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



miércoles, 13 de octubre de 2021

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE GARGA - TRASMONTE - OROSO

 ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN

GARGA - TRASMONTE

OROSO

 Estación de Garga Trasmonte
     A Estación de Garga Trasmonte esta nunha pequena aldea de 19 casas. 

     Localizada na parroquia Garga Trasmonte, no Concello de Oroso.

     Linda co Concello de Trazo e polo río Lengüelle. Antiguamente tiña estación de tren de carga e descarga de mercancías e cambío de vías de tren que agora está totalmente abandonada. 

     Fai 10 anos había algúns veciños que se dedicaban ao negocio de leite e carne pero abandonaron todo e tamen a estación.

     Agora as leiras dedícanse á plantación de piñeiro ou eucalipto.

     Ten unha estrada que enlaza coa N-550 que é a estrada de Coruña Tui e outra co Concello de Trazo e está previsto que na antiga estación de ferrocarril fagan unha paseo de bicicletas entre Ordes e Oroso. 

     Moi cerca pasa unha vía de tren de alta velocidade que separa esta aldea doutras lindantes: Fafián, Rial,e Piñeiro


Trasmonte
     Santo Estevo de Trasmonte é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Oroso.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 490 habitantes (250 mulleres e 240 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.

Patrimonio
    Arqueolóxico: Medorra da Costa e Os Castros.
    Patrimonio civil: Escudo de Rial e Estación da Garga.
    Cruceiro de Trasmonte, do século XVIII.

Lugares de Trasmonte
     Burgao, Cacheiros, O Cano, Castro, A Costa, Cruz do Monte, O Empalme, A Esquipa, A Estación de Trasmonte, Fafián, Garga, Piñeiro, A Polveira, Rial, Zan

Comarca de Ordes
     A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN ORDES- PONTRAGA- NUMIDE - TORDOIA

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN

ORDES - PONTRAGA

PONTRAGA

NUMIDE

TORDOIA

 Estación de Ordes-A Pontraga
     Ordes-A Pontraga foi unha estación de tren de Adif, situada na Pontraga, no concello de Tordoia, provincia da Coruña, no límite co concello de Ordes. Non ten servizos de viaxeiros e emprégase como escola obradoiro.

     A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Ordes en 2003.

Numide
      Santiago de Numide é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia. 

     Segundo o INE en 2018 tiña 121 habitantes (65 mulleres e 56 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.

Lugares de Numide
     Belvís, O Castro, O Liñariño, Liste, A Paínza, A Pontraga, O Regueiro

Tordoia
     Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Ten unha extensión de 124,5 km² distribuídos en dez parroquias.

Demografía
     Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2014 a súa poboación era de 3.706 persoas. O seu xentilicio é «tordoiés/tordoiesa».

Patrimonio
    Acea de Estevo
    Dolmen de Cabaleiros
    Pedra Longa

Festas
Anxeriz
    Santa Mariña, 18 e 19 de xullo.
    Virxe do Rosario, primeiro domingo de outubro.

Andoio
    Samede, 7 e 8 de agosto.
Bardaos
    Bardaos, 15 e 16 de agosto.
Castenda
    Santa María, 15 e 16 de agosto.
    Festa de Campo na ermida do Carme, terceiro domingo de xullo.
    San Ramón, 30 de agosto.
    Festa do Sacramento, en agosto.

Parroquias de Tordoia     
     Andoio (San Mamede), Anxeriz (Santa Mariña), Bardaos (Santa María), Cabaleiros (San Xián), Castenda da Torre (Santa María), Gorgullos (Santaia), Leobalde (San Cristovo), Numide (Santiago), Tordoia (San Xoán), A Vila de Abade (San Cibrán)

Comarca de Ordes
     A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes.

     A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 12 de octubre de 2021

MEDALLA DE OURO DO CAMIÑO PORTUGUÉS - SR. VITOR MENDES - JOSÉ MARÍA CUNHA - AMIGOS E AMIGAS DO CAMIÑO PORTUGUÉS - PONTEVEDRA

 SR. VITOR MENDES

JOSÉ MARÍA CUNHA

 MEDALLAS DE OURO DO CAMIÑO PORTUGUÉS
AMIGOS E AMIGAS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

PONTEVEDRA

     Os presidentes das cámaras municipais de Ponche de Lima e Viana do Castelo recibiron as insignias de ouro nun acto no Liceo Casino

     Recoñecer o papel de Portugal na promoción e impulso do Camiño Portugués a Santiago é o que levou á Asociación de Amigos do Camiño Portugués a entregar as súas insignias de ouro aos presidentes das cámaras municipais de Ponte de Lima e Viana do Castelo, Vítor Mendes e José María Cunha Castro.

     O Liceo Casino de Pontevedra acolleu onte un acto que o presidente do colectivo anfitrión, Tino Lores, cualificou de moi "emotivo" e no que se puxo en valor non só o empuxe que os peregrinos do país veciño deron á ruta xacobea, senón tamén o apoio desde as institucións lusas.

 "Portugal é para nós clave no Camiño, é a outra parte da beira do Miño, e é bo que tamén lles digamos moitas grazas por vir", manifestou o presidente de Amigos do Camiño Portugués. 

     Tino Lores recoñeceu a colaboración que desde hai once anos estableceron coas cámaras municipais portuguesas. "Levamos colaborando desde 2010, sempre nos recibiron moi ben. 

      Antes de que se vaian queremos dicirlles moito obrigado pola axuda que nos están prestando".

    "Levamos colaborando coas cámaras portuguesas desde o ano 2010 e sempre nos atenderon moi ben", afirma Tino Lores

     As insignias de ouro son o máximo galardón que entrega a Asociación de Amigos do Camiño Portugués.

     O profesor Filgueira Valverde foi o primeiro en recibila polo seu apoio á ruta xacobea, tamén se entregou esta insignia ao actual rei de España, Felipe VI, ou ao expresidente Mariano Rajoy, nun intento de visibilizar o Camiño. 

     Posteriormente, a Brilat foi a primeira institución en recibila en recoñecemento ao seu labor e o Concello de Pontevedra foi o destinatario do galardón no 25 aniversario da asociación. 

     O ano pasado obsequiouse coa insignia ao entón conselleiro de Cultura Román Rodríguez.

      Tino Lores destacou que "é posible que o ano que vén se repita a entrega de insignias por ser un momento difícil no Camiño". "Estes actos —engadiu— tamén contribúen a fortalecer a ruta".

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: María Varela

Diario de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA