viernes, 13 de agosto de 2021

ANTIGUA ELECTRICA DE GOSOLFRE - RIO DO COUTO - CHACÍN

 ANTIGUA ELECTRICA DE GOSOLFRE

GOSOLFRE

RÍO DO COUTO

CHACÍN

  Chacín
     Santa Baia de Chacín é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 612 habitantes (328 mulleres e 284 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.

Patrimonio
     Entre o seu patrimonio, destaca a capela de Santa Leocadia e San Brais. O templo, de planta cuadrangular cun pórtico no lado norte, foi construído na idade moderna, en pedra de cantaría con cuberta a dúas augas e unha espadana de ferro sen campá. Na fachada está a porta centrada no lenzo, unha pequena fiestra e unha bufarda.

      E tamén cabe salientar a Igrexa de Santa Baia de Chacín, inda que pechada ó culto dende o ano 1974, chegouse a celebrar unha misa mensual ata o ano 2000. É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros.

     A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. No lado do evanxeo pégase a sacristía, tamén de planta rectangular con un único acceso desde o interior do presbiterio. Un grade arco triunfal da acceso a gran nave, que se cobre con cimbros de madeira.

     Aos pés aparece un coro alto de madeira, hoxe en estado ruinoso. No exterior da fachada destaca pola súa composición asimétrica ao presentar no muro norte, dentro do mesmo plano que a fachada unha torre-campanario formada por dous corpos. O primeiro, de planta cadrada con arcos de medio punto sobre machóns achafranados e decorado con cornixas moi saíntes. O segundo corpo, tamén con catro vacíos, coróanse cunha cúpula semiesférica ornamentada cun pequeno acroterio con bola.

     A porta principal, alintelada, esta cuberta por un arco de medio punto que crea un tímpano no que se sitúa unha imaxe da santa titular. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral Na parroquia houbo un poboado castrexo, o castro da Pena dos Mouros.

     Preto da ermida de Santa Leocadia e San Brais, no bosque de Augabril, nace o río Nosiño, creando unha fervenza.

Lugares de Chacín
     Asenso, Chacín, Fontemourente, Gosolfre, Lamasapín, O Pino de Val, Santa Baia, Val, Vilariño de Chacín, Vioxo

Comarca do Xallas
     A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.

     Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 11 de agosto de 2021

CRUCEIRO PETO DE BOUZAS - BOUZAS - BAÑOS DE MOLGAS

 CRUCEIRO PETO DE BOUZAS

BOUZAS

BAÑOS DE MOLGAS

Bouzas
      Bouzas é un lugar da parroquia de Baños de Molgas no concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. 

      Tiña 23 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 10 eran homes e 13 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 27 habitantes (12 homes e 15 mulleres).

Lugares de Baños de Molgas
      Alvite, Baños de Molgas, Bouzas, Formigoso, Nocelo

Historia e patrimonio
     A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.
A capela de Santa Eufemia de Ambía, templo medieval con ventás arcos de ferradura, está declarada monumento nacional.


        No santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo celébrase unha romaría a principios de setembro.
      Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.
      Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.

Parroquias de Baños de Molgas    
     Almoite (Santa María), Ambía (Santo Estevo), Baños de Molgas (San Salvador), Betán (San Martiño), Cantoña (San Mamede), Coucieiro (San Vicente) | Guamil (Santa María), Lama Má (San Cibrao), Poedo (Santa María), Ponte Ambía (Santa María), Presqueira (San Martiño), Ribeira (San Pedro), Vide (San Xoán)

Comarca de Allariz
       A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

       Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 9 de agosto de 2021

MUIÑO DOS DE VIDAL - PRADO - COVELO

MUIÑO DOS DE VIDAL

PRADO

COVELO

Prado
     San Salvador de Prado é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 157 habitantes (90 mulleres e 67 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 98 habitantes, sendo 50 homes e 48 mulleres.


Lugares de Prado
     As Carballas, Carballeira, Cende, A Costiña, Coveliño, Fondo de Vila, A Fraga, Os Loureiros, Outeiro, A Presa, O Toxaliño, As Veigas do Chan

Covelo
     Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta.

      Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio é «covelense».

     Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.


Patrimonio
     Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

 Parroquias de Covelo    
     Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA

 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 
XOAN ARCO DA VELLA

PASAL NO ARNOIA - RÍO ARNOIA - XUNQUEIRA DE AMBÍA

 PASAL NO ARNOIA

RÍO ARNOIA

XUNQUEIRA DE AMBÍA


 Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda.

     A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

    Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
     Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.


Fontes
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido
      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova.

     Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas.

     Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico.

      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.

Xunqueira de Ambía
     Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda.

     Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes. O seu xentilicio é xunqueirao.

Situación
     O concello, de 60,21 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Hidrografía
     O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

Parroquias de Xunqueira de Ambía     
     A Abeleda (San Vicente), Armariz (San Salvador), Bobadela a Pinta (Santa Mariña), A Graña (Santiago), Sobradelo (San Román), Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Comarca de Allariz
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.  

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA