ANTIGA ESTACIÓN DE TREN
QUEIXAS-LONDOÑO
CERCEDA
Estación de Queixas-Londoño
Queixas-Londoño é un apeadoiro de Adif, situado en Londoño e moi preto de Queixas, no concello de Cerceda, provincia da Coruña.
Estaba situada na liña A Coruña-Madrid, mais dende 2007 non presta servizos de pasaxeiros e está situada nunha vía morta.
Segundo o IGE en 2018 tiña 809 habitantes (419 mulleres e 390 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 998 habitantes.
Lugares de Queixas
A Abelleira, Astande, O Barroso, O Boedo, O Calvario, A Capela,, Casaldalbre, O Cruceiro, O Grixario, A Lagoa, O Lodeiro, A Nespereira, O Pao do Lobo, O Pedregal, O Penzo, Portobrea, O Portofranco, Recegulfe, O Redondelo, O Sabugueiro, San Vicenzo, O Telleiro, Tourío, O Uval, O Vilar de Queixas, O Vilarvello, Virís
Cerceda
Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Demografía
Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio é «cercedense».
Patrimonio
Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.
Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.
Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.
Parroquias de Cerceda
Cerceda (San Martiño), As Encrobas (San Román), Meirama (Santo André), Queixas (Santa María), Rodís (San Martiño), Xesteda (Santa Comba)
Comarca de Ordes
A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes.
A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA