Meira é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis.
Segundo o IGE do 2008 tiña 154 habitantes deles 79 eran homes e 75 mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.
Cuntis Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis.
Limita coas parroquias de Arcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, e cos concellos de Caldas de Reis e A Estrada.
No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, 245 menos que en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 1.316 persoas.
Patrimonio Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro Grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).
Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.
Lugares da parroquia de Cuntis Calvos, Campo, Cardecide, Castrolandín, Cuntis, Ermida, Folgoso, Fontecova, Fuxacos, Laxos, Louriña, Meira, Mesego, Noval, A Paizosa, A Patela, O Pazo, Piñeiros, Porto de Gómez, Rebordelo, Rogadío, Trasponte, Vilar, Vilariño, Xinzo, Zo
Parroquias do Concello de Cuntis Arcos (San Breixo), Cequeril (Santa María), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia), Troáns (Santa María)
PASEO DO RÍO GALLO No núcleo urbano de Cuntis hai varias zonas de paseo que discorren á beira do Río Gallo.
Nelas podémonos atopar con árbores autóctonas e foráneas.
Diversas pontes de madeira comunican as dúas bandas do río e preto dunha ducia de lavadoiros fluviais son testemuñas vivas dá a nosa etnografía e son practicamente pezas únicas en toda Galicia.
Cerdedo – Cotobade conta cun importante patrimonio de arte rupestre, espallado por todo o territorio.
As terras deste concello albergan importantes asentamentos desde a antigüidade, polo que son abundantes os restos arqueolóxicos; sobre todo petróglifos, mámoas e castros que conforman as mostras máis significativas dos antigos poboadores do municipio.
Aínda que é certo que moitos deles, debido ao seu difícil acceso e sobre todo pola súa propia conservación seguen sen ser estudados e desenterrados.
Os petróglifos son gravados históricos con representacións de caracter simbólico, realizados en rocas graníticas dos que se coñecen máis de 150 exemplos.
Calvelo Calvelo é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE, en 2015 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), o que supón un aumento de 12 persoas respecto ó ano 2006.
Lugares de Tenorio Barro, A Cal, Calvelo, O Castro, Covas, A Esquipa, A Laxe, Lérez, O Outeiral, Parada, Rascadería, O Río Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova, Zamar
Cerdedo-Cotobade Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.
Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².
Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Toponimia O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.
Cerdedo Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.
Cotobade En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.
O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).
Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74).
Patrimonio Patrimonio arqueolóxico Calzada do monte Pé da Múa. Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.
Patrimonio arquitectónico Igrexa de San Martiño de Rebordelo. Igrexa de San Xurxo de Sacos. Igrexa de Santa María de Sacos. Mosteiro de San Pedro de Tenorio. Ponte sobre o río Lérez. Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo. Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
Etnografía Festas e celebracións A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo; A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo; A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños; A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira; A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.
Parroquias de Cerdedo-Cotobade Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)
Cerdedo – Cotobade conta cun importante patrimonio de arte rupestre, espallado por todo o territorio.
As terras deste concello albergan importantes asentamentos desde a antigüidade, polo que son abundantes os restos arqueolóxicos; sobre todo petróglifos, mámoas e castros que conforman as mostras máis significativas dos antigos poboadores do municipio. Aínda que é certo que moitos deles, debido ao seu difícil acceso e sobre todo pola súa propia conservación seguen sen ser estudados e desenterrados.
Os petróglifos son gravados históricos con representacións de caracter simbólico, realizados en rocas graníticas dos que se coñecen máis de 150 exemplos.
Laxe das Coutadas (Costa-Viascón) Conxunto de gravados sobre rocha de granito de gran medio, de 12 x 5 ms. As representacións de cérvidos comparten cos círculos a superficie da rocha. Hai asociacións de motivos, como a combinación de círculos concéntricos no medio de zoomorfos.
Viascón Santiago de Viascón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.
Patrimonio Nesta parroquia está o grupo de petróglifos da Portela da Laxe.
Lugares de Viascón A Atalaia, A Bouza, Cabanelas, O Camiño Novo, O Castro, A Costa, A Costiña, Cuíñas. O Mallo, Quintán, O Valiño, Viascón