A Veiga de Cascallá Santa Cruz da Veiga de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Está situada entre o río Galir -afluente do Sil- e a estrada N-120, e crúzaa a estrada OU-622.
A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída en 1959 coas pedras da igrexa da Alberguería (A Veiga), parroquia asolagada en 1958 ao se construír o encoro de Prada, no río Xares.
Lugares de A Veiga de Cascallá A Veiga de Cascallá
Rubiá Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio é «rubiao».
Historia A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.
Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.
Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.
Sendeirismo Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.
No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.
Parroquias de Rubiá O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción), Biobra (San Miguel), Covas (San Salvador), Oulego (San Miguel), Pardollán (Santo Estevo), O Porto (San Cristovo), Quereño (San Cristovo), O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción), Rubiá (Santa Mariña), A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)
Trabadela Trabadela é un lugar da parroquia de Ribela, no concello pontevedrés da Estrada.
Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 20 persoas (9 homes e 11 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 29 habitantes.
Patrimonio A presa de Leira é un acueduto centenario leva a auga ata a veciña aldea de Parada derivando pola marxe esquerda as augas do río Umia e transportándoas a unha distancia de 2 km. aproveitando o desnivel do río.
Ribela Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.
No ano 2019 tiña 135 habitantes, 43 menos ca en 2009 (93 mulleres e 85 homes segundo o IGE) e 120 menos ca en 1986.
En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Ten dez entidades de poboación.
Patrimonio A Igrexa de Santa Mariña de Ribela data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro en forma de fervenza, no lugar da Aldea Grande.
O Outeiro de Trabadela, O castro da Aldea Grande e o Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada.
Existen tamén varios petróglifos.
Casona dos Ballesteros. Hórreo da casa reitoral. Pombal do Cura. Muíño do Cura. Restos da Ponte do Cura. Colexio de Ribela. Castro de Ribela, Castro de Entrecastrelo, Castro de Parada, Castro de Eira dos Mouros. Ponte de Leira Presa de Leira Cruceiros. Muíños de auga. Fábrica de Luz de Ribela.
Festas Cada ano, despois de mediados de xullo, celébranse as Festas de Santa Mariña, patroa de Ribela.
Lugares de Ribela A Aldea Grande, Carracedo, Entrecastrelo, Fondo da Vila, Guitón, A Pedreira, Pumares, Sesto, Trabadela, Vilar
Parroquias da Estrada Agar (Santa Mariña), Aguións (Santa María), Arca (San Miguel), Arnois (San Xiao), Baloira (San Salvador), Barbude (San Martiño), Barcala (Santa Mariña), Berres (San Vicenzo), Callobre (San Martiño), Cereixo (San Xurxo), Codeseda (San Xurxo), Cora (San Miguel), Couso (Santa María), Curantes (San Miguel), A Estrada (San Paio), Frades (Santa María), Guimarei (San Xiao), Lagartóns (Santo Estevo), Lamas (San Breixo), Liripio (San Xoán Bautista), Loimil (Santa María), Matalobos (Santa Baia), Moreira (San Miguel), Nigoi (Santa María), Oca (Santo Estevo), Olives (Santa María), Orazo (San Pedro), Ouzande (San Lourenzo), Parada (San Pedro), Paradela (Santa María), Pardemarín (Santa Baia), Remesar (San Cristovo), Ribeira (Santa Mariña), Ribela (Santa Mariña), Riobó (San Martiño), Rubín (Santa María), Sabucedo (San Lourenzo), San Miguel de Barcala (San Miguel), San Miguel de Castro (San Miguel), San Pedro de Ancorados (San Pedro), San Tomé de Ancorados (San Tomé), San Xiao de Vea (San Xiao), San Xurxo de Vea (San Xurxo), Santa Cristina de Vea (Santa Cristina), Santeles (San Xoán), Santo André de Vea (Santo André), A Somoza (Santo André), Souto (Santo André), Tabeirós (Santiago), Toedo (San Pedro), Vinseiro (Santa Cristina)
Vilar San Miguel de Vilar é unha parroquia que se localiza ao oeste do concello de Touro.
Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 195 habitantes distribuidos en 9 entidades de poboación: Barreiriña, Bugalleira, Casal, Coto de Millán, Empalme, Millán, Outeiro de Millán, Porcariza e Vilar.
ARQUITECTURA RELIXIOSA: Igrexa parroquial de San Miguel, Casa Reitoral e Cruceiro.
ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Muíños do Casal.
RECURSOS NATURAIS: Fervenza do Choufano e Carballeira dá Pomba.
Touro Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.
Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes.
O seu xentilicio é tourense.
Xeografía Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.
Orografía O Concello de Touro presenta un perfil semellante ó resto das terras do Ulla; un relevo suave que se acentúa cara ó sur ata chegar ó val do Ulla. As maiores altitudes corresponden cos montes de Pena Cabreira, Xunqueira e o Coto de San Sebastián (parroquia de Loxo), rondando todos eles os 400 metros.
Hidrografía En canto á rede hidrográfica, á parte do mentado Ulla, atopamos os ríos Brandelos e Lañas, cos seus respectivos afluentes: Quintáns, Prevediños, Pucheiras, Rozas, Abelenda e Beseño.
Patrimonio No inventario Histórico-Artístico do concello figura a igrexa parroquial de Quión, ao igual que a igrexa de Loxo, que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas son a de Fao, co seu campanario inclinado; e a de Foxás, que tiña unha campá facendo soar as horas.
O concello está cheo de muíños. Moitos deles abandonados, e outros foron restaurados, como o muíño de Rozas, en Quión.
Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento,ao que segundo a tradición popular asistía a veciñanza da outra bando do río Ulla para facer enterramentos.
En escrituras do século XII fálase dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo.
Patrimonio cultural Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.
Etnografía En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.
En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.
Festas e celebracións Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes. Festa da Terceira Idade Día do Neno Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.
Festas parroquiais: O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril San Breixo en Foxás o 1 de outubro Santa Mariña en Circes o 18 de xullo Festa do Coto de San Sebastián en Loxo San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.
Turismo Touro conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo, a PR-G 93 ou ruta da Ribeira do Ulla, e a PR-G 121 ou ruta dos Tres Ríos. A PR-G 93 é unha ruta sendeirista lineal de 12,8 km con principio/fin en Ponte Basebe e fin/inicio xunto á estrada de San Pedro de Ribeira. O percorrido é case unha senda botánica, con mostras de distinta vexetación, destacando os castiñeiros e sobreiras. É de mención a fervenza do Inferniño e a vaira do Pozo do Pego. A ruta dos Tres Ríos é unha prolongación desta primeira, que vai desde a Ponte Basebe até a Santaia, pasando polo que son os ríos Ulla, Beseño e Lañas.
Parroquias de Touro Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)
Comarca de Arzúa A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.