domingo, 6 de diciembre de 2020

FERVENZA DA GRELA OU FERVENZA DO POUSO - REGO DE AGRELA - TRABADELA - RIBELA - A ESTRADA

 FERVENZA DA GRELA OU DO POUSO

REGO DE AGRELA

TRABADELA

RIBELA

A ESTRADA

Trabadela
     Trabadela é un lugar da parroquia de Ribela, no concello pontevedrés da Estrada. 

     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 20 persoas (9 homes e 11 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 29 habitantes.



Patrimonio
     A presa de Leira é un acueduto centenario leva a auga ata a veciña aldea de Parada derivando pola marxe esquerda as augas do río Umia e transportándoas a unha distancia de 2 km. aproveitando o desnivel do río.


Ribela
     Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

 

     No ano 2019 tiña 135 habitantes, 43 menos ca en 2009 (93 mulleres e 85 homes segundo o IGE) e 120 menos ca en 1986. 

     En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Ten dez entidades de poboación.

Patrimonio
     A Igrexa de Santa Mariña de Ribela data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro en forma de fervenza, no lugar da Aldea Grande.

     O Outeiro de Trabadela, O castro da Aldea Grande e o Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada. 

     Existen tamén varios petróglifos.

    Casona dos Ballesteros.
    Hórreo da casa reitoral.
    Pombal do Cura.
    Muíño do Cura.
    Restos da Ponte do Cura.
    Colexio de Ribela.
    Castro de Ribela, Castro de Entrecastrelo, Castro de Parada, Castro de Eira dos Mouros.
    Ponte de Leira
    Presa de Leira
    Cruceiros.
    Muíños de auga.
    Fábrica de Luz de Ribela.

Festas
     Cada ano, despois de mediados de xullo, celébranse as Festas de Santa Mariña, patroa de Ribela.

Lugares de Ribela
     A Aldea Grande, Carracedo, Entrecastrelo, Fondo da Vila, Guitón, A Pedreira, Pumares, Sesto, Trabadela, Vilar

Parroquias da Estrada
    Agar (Santa Mariña), Aguións (Santa María), Arca (San Miguel), Arnois (San Xiao), Baloira (San Salvador), Barbude (San Martiño), Barcala (Santa Mariña), Berres (San Vicenzo), Callobre (San Martiño), Cereixo (San Xurxo), Codeseda (San Xurxo), Cora (San Miguel), Couso (Santa María), Curantes (San Miguel), A Estrada (San Paio), Frades (Santa María), Guimarei (San Xiao), Lagartóns (Santo Estevo), Lamas (San Breixo), Liripio (San Xoán Bautista), Loimil (Santa María), Matalobos (Santa Baia), Moreira (San Miguel), Nigoi (Santa María), Oca (Santo Estevo), Olives (Santa María), Orazo (San Pedro), Ouzande (San Lourenzo), Parada (San Pedro), Paradela (Santa María), Pardemarín (Santa Baia), Remesar (San Cristovo), Ribeira (Santa Mariña), Ribela (Santa Mariña), Riobó (San Martiño), Rubín (Santa María), Sabucedo (San Lourenzo), San Miguel de Barcala (San Miguel), San Miguel de Castro (San Miguel), San Pedro de Ancorados (San Pedro), San Tomé de Ancorados (San Tomé), San Xiao de Vea (San Xiao), San Xurxo de Vea (San Xurxo), Santa Cristina de Vea (Santa Cristina), Santeles (San Xoán), Santo André de Vea (Santo André), A Somoza (Santo André), Souto (Santo André), Tabeirós (Santiago), Toedo (San Pedro), Vinseiro (Santa Cristina)  

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901