MUIÑO EN VILAR
VILAR
REGO DA INSUA
TOURO
Vilar
San Miguel de Vilar é unha parroquia que se localiza ao oeste do concello de Touro.
Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 195 habitantes distribuidos en 9 entidades de poboación:
Barreiriña, Bugalleira, Casal, Coto de Millán, Empalme, Millán, Outeiro de Millán, Porcariza e Vilar.
ARQUITECTURA RELIXIOSA:
Igrexa parroquial de San Miguel, Casa Reitoral e Cruceiro.
ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR:
Muíños do Casal.
RECURSOS NATURAIS:
Fervenza do Choufano e Carballeira dá Pomba.
Touro
Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.
Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes.
O seu xentilicio é tourense.
Xeografía
Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.
Orografía
O Concello de Touro presenta un perfil semellante ó resto das terras do Ulla; un relevo suave que se acentúa cara ó sur ata chegar ó val do Ulla. As maiores altitudes corresponden cos montes de Pena Cabreira, Xunqueira e o Coto de San Sebastián (parroquia de Loxo), rondando todos eles os 400 metros.
Hidrografía
En canto á rede hidrográfica, á parte do mentado Ulla, atopamos os ríos Brandelos e Lañas, cos seus respectivos afluentes: Quintáns, Prevediños, Pucheiras, Rozas, Abelenda e Beseño.
Patrimonio
No inventario Histórico-Artístico do concello figura a igrexa parroquial de Quión, ao igual que a igrexa de Loxo, que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas son a de Fao, co seu campanario inclinado; e a de Foxás, que tiña unha campá facendo soar as horas.
O concello está cheo de muíños. Moitos deles abandonados, e outros foron restaurados, como o muíño de Rozas, en Quión.
Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento,ao que segundo a tradición popular asistía a veciñanza da outra bando do río Ulla para facer enterramentos.
En escrituras do século XII fálase dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo.
Patrimonio cultural
Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.
Etnografía
En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.
En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.
Festas e celebracións
Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes.
Festa da Terceira Idade
Día do Neno
Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.
Festas parroquiais:
O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro
Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril
San Breixo en Foxás o 1 de outubro
Santa Mariña en Circes o 18 de xullo
Festa do Coto de San Sebastián en Loxo
San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.
Turismo
Touro conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo, a PR-G 93 ou ruta da Ribeira do Ulla, e a PR-G 121 ou ruta dos Tres Ríos. A PR-G 93 é unha ruta sendeirista lineal de 12,8 km con principio/fin en Ponte Basebe e fin/inicio xunto á estrada de San Pedro de Ribeira. O percorrido é case unha senda botánica, con mostras de distinta vexetación, destacando os castiñeiros e sobreiras. É de mención a fervenza do Inferniño e a vaira do Pozo do Pego. A ruta dos Tres Ríos é unha prolongación desta primeira, que vai desde a Ponte Basebe até a Santaia, pasando polo que son os ríos Ulla, Beseño e Lañas.
Parroquias de Touro
Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)
Comarca de Arzúa
A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901