viernes, 11 de septiembre de 2020

MENHIR CABEZA DE SAN PEDRO - MONTE ACIBAL - A PICOTA - AMIL - MORAÑA

MENHIR CABEZA DE SAN PEDRO
 A PICOTA
AMIL
MONTE ACIBAL
MORAÑA


     É unha desconcertante escultura situada a 300 m de altitude na ladeira norte do monte Acibal que funciona como marco ou fito separador entre as parroquias de Rebón e Amil. 


     Está situada nunha faldra do monte, nunha forte pendente que dende o río Gundeiro sobe por unha devasa. 


     Crese que é da Idade de Bronce e presenta semellanzas con estatuas-lapa das illas de Córcega e Cerdeña. 


     Para esculpir a cara empregouse un tetón natural da laxa. 


     Os ollos están representados por dúas lixeiras fochas, o nariz por un suco en ferradura e a boca, algo inclinada, por outro suco mal trazado. 


     Descubriuna en 1962 o mestre Carlos Paratcha.


Moraña
     Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. 



     Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio é «morañés».


Xeografía
     Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.



Patrimonio
     Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña. 


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Concello de Moraña
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 10 de septiembre de 2020

LAGOA DA CANTEIRA - A TEIXUGUEIRA - CARTELLE

 LAGOA DA CANTEIRA
A TEIXUGUEIRA
CARTELLE


A Teixugueira
     A Teixugueira é un lugar da parroquia de Cartelle no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova.



      Tiña 19 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 10 mulleres.


     Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 19 habitantes (9 homes e 10 mulleres).


     Lugares da parroquia de Cartelle no concello de Cartelle   
     A Armada, Baldariz, A Bouza, Calvelos, Cartelle, Madarnás, Pereda, Os Pereiros, Reigoso, San Martiño, San Pedro, A Teixugueira



Santa María de Cartelle
     Santa María de Cartelle é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense.



     No ano 2007 tiña 612 habitantes, dos cales 285 eran homes e 327 mulleres.



Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Cartelle, do século XVIII, pertenceu aos templarios, e estivo baixo a xurisdición de Quiroga.


Concello de Cartelle
     Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. 



     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).


Xeografía
     O concello, de 93,94km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño. 



     Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.


     O territorio é unha superficie de erosión desenvolvida entre as máximas alturas, situadas no extremos noroeste, Coto de Novelle de 718 metros e ó nordés situase o Alto do Castro con 635 metros. 


     Ao sur, o Val do río Arnoia é a unidade xeográfica fundamental cara ao que aflúen numerosos emisarios.


     Trátase dun terreo escarpado e alterable, polo que os procesos de erosión evidéncianse na paisaxe; a abundancia de cursos de auga compleméntase cunhas multiplicidades de lombas e suaves montículos distribuídos por todo o territorio.


Parroquias do Concello de Cartelle   
     Anfeoz (Santa Baia), Cartelle (Santa María), Couxil (Santa María), Espiñoso (San Miguel), As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas), O Mundil (Santa María) , Penela (Santiago), Sabucedo de Montes (San Pedro), San Tomé (Santa María), Sande (San Salvador), As Seixadas (San Xoán), Vilar de Vacas (Santa María)



Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.


     A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 8 de septiembre de 2020

PEDRA DO BECERRAL - XEVE - PONTEVEDRA

PEDRA DO BECERRAL
XEVE
PONTEVEDRA


     A chamada Pedra do Becerral atópase bastante preto dun outeiro da parroquia, chamado Outeiro do Castro. 


     Este ben trátase dun conxunto de tres pedras superpostas, dúas enriba da terceira.

 
     O conxunto é comúnmente usado como punto de reunión polos rapaces do pobo, que se suben á cima dunha das dúas pedras superiores (a máis baixa).



      Na parte superior desta, a pedra ten pías tanto circulares coma ovaladas, que semellan ser naturais. 



     Sen embargo, na parte superior da pedra de máis altura pódense observar cazoletas, atopadas no bordo, e só ata lugares alcanzables dende o alto da segunda rocha.


Xeve
     Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.066 habitantes (560 mulleres e 506 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.219 habitantes. 



     Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve como concello independente, aínda que agora pertence ó de Pontevedra. Nesta parroquia naceu a escritora Fina Casalderrey.


     A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cerdedo-Cotobade.



Lugares de interese

      Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.



Celebracións relixiosas

     O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).



Lugares de Xeve
     O Couso, Filgueira, Fragoso, Maúnzo, Santa Cruz, Sobral


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

PRESA DO INFERNO - RÍO VERDUGO - TABOADELO - PONTE CALDELAS

 PRESA DO INFERNO
RÍO VERDUGO
TABOADELO 
PONTE CALDELAS


Río Verdugo
     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.


Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei). 


     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.


     No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.


     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.


Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).


     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior. Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.


     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).


     O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.


Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.


     O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA