miércoles, 3 de junio de 2015

MUIÑO DA POZA DA CAVADOSA

 MUIÑO POZA DA CAVADOSA
RÍO SEIXO
CAVADOSA
CERDEDO

  Cavadosa
     Cavadosa é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 contaba con 22 habitantes, 11 deles eran homes e 11 eran mulleres; isto supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.

Cerdedo
     Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.860 habitantes (2.333 en 2005).

     Limita cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio é «cerdedense».

Demografía do concello de Cerdedo
     A poboación deste concello de interior sufriu un descenso acusado froito da emigración que minguou os seus habitantes case en 4.000 habitantes entre 1950 e 2008.

Parroquias
     Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Tomonde (Santa María)

A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.

Localización e características
     Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sul.

     En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

     A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.

     En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca.

     En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DOS ESTRIPOS - CERDEDO

 MUIÑO DOS ESTRIPOS

martes, 2 de junio de 2015

MUIÑO DE PORTO DOS BOIS - CERDEDO

MUIÑO DE PORTO DOS BOIS
ABELAÍNDO
RÍO SEIXO
CERDEDO

  Abelaíndo
     Abelaíndo é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo, na provincia de Pontevedra. 

     No ano 2008 tiña 29 habitantes (13 homes e 16 mulleres), máis ca en 2006. 

     Este lugar atopase a 3 quilometros da capital do concello.

     O fitónimo Abelaíndo fai referencia á abundancia de abeleiras.

Cerdedo
     Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.860 habitantes (2.333 en 2005).

     Limita cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio é «cerdedense».

Demografía do concello de Cerdedo
     A poboación deste concello de interior sufriu un descenso acusado froito da emigración que minguou os seus habitantes case en 4.000 habitantes entre 1950 e 2008.

Parroquias
     Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Tomonde (Santa María)

A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.

Localización e características
     Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sul.

     En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

     A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.

     En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca.

     En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 30 de mayo de 2015

A CAMPA DE FIEIRÓ - LENDA

A CAMPA DE FIEIRÓ
LENDA
DEGRADA
ANCARES

      Un home de Degrada, dunha casa coñecida, foi a Castela. Daquela ían moito ás segas... Ao chegar a Valladolid sentiu a unha rapaciña que estaba nun balcón lendo nas lendas do Fieiró de Arriba. O home quedou escoitando e dixo:
     -Pero se iso é do noso pobo!
     A rapaciña ía dicindo:
     -... na primeira uceira, na que dea o sol a mañá do día do San Xoán, hai debaixo unha arca chea de ouro.
     O home xa non foi para as segas. Díxolles aos outros:
     -Eu non me encontro ben, vou para a casa.
     Deu a volta e veu para a casa, pensando na riqueza que lle estaba esperando.
     A véspera do San Xoán chamou a un veciño e díxolle:
     -Aí, ho, tes que vir comigo ata as brañas que teño que ir buscar unhas reses que me faltan. Non viñeron e para ir só teño algo de medo, porque xa sabes que hai moitos lobos e por aí arriba éche o corredor deles.

     E foron e pasaron a noite por aí arriba por se vían algo. El xa sabía que non ía atopar nada porque tiña todo o gando na casa pero ao amigo non lle constaba tal cousa. Cando foi día mandou ao amigo para a casa e díxolle:
     -Vaite para a casa que agora xa me amaño eu só. Xa mirarei por aí, quen sabe para onde marcharon!
     Así que quedou só, foi ao Fieiró de Arriba e cando saíu o sol fixouse na uceira onde daba primeiro o sol e despois marchou para a casa. Para o día seguinte levou un pico e empezou a descubrir a uceira, quitouna e debaixo había unha tapa que cubría a arca que estaba chea de ouro. En veces foi baixando o tesouro para a súa casa e botouno nun baúl deses antigos que tiña por pechadura un atume cun viorto de aceiro. Este home tiña un sobriño que era rapaz novo e que cando lle parecía íalle sacando do baúl o que lle facía falta. Ata que ao pasar unha temporadiña o tío foi mirar e notou coma se andaran os ratos, e dixo:
     -Aquí andou o sobrín. Debeu ser o sobrín!
     Porque os outros que vivían na casa eran todos irmáns e eran do seu tempo.
     -Levou algo, teño que ter coidado -pensou, e díxolle aos outros irmáns- Parece que me anda o sobrín no neal porque encontrei alí algo en falta!
     -E canto che levou logo?
     -E eu que sei que levou!
     -Pois se non o sabes tampouco tes que ter pena!        Cando non o sabes é que moito non afandaría!
     Outro día ía á leña de cocer... Un veciño estivera arando no barbeito que hai arriba da estrada da Campa da Braña e encontrara un penedo amarelo, redondo, da forma dun calabazón e tirouna para unha finca que estaba máis para abaixo e que era de outro. Este cando o viu tirouno para máis abaixo. Ao pasar por alí o dono do tesouro e ver aquel penedo amarelo deulle coa cota da fouce e escachouno. Todo cheo de moedas!      Colleunas e meteunas coas outras. De alí a unha tempada grande, queima a casa e ardeulle todo. Despois déranlle algo pola borra, pero pouco foi, se cadra aínda ía algunha moeda coa cinza... Sorte con desfortuna!   Alegría con tristura!

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 28 de mayo de 2015

A FONTE SANTA DE BELMIL

 A FONTE SANTA DE BELMIL
BELMIL
SANTISO

     A Fonte Santa de Belmil, concello de Santiso (A Coruña) atópase na beira dereita (ou norte) do río Ulla, preto da ponte de Belmil. A Fonte agroma polo fondo dunha grande pena. Trátase dunha fonte de augas sulfurosas, das que cheiran a ovos podres. Esas augas bebíanse en xaxún durante nove días do mes de setembro. Son consideradas medicinais para moitos males, para a asma e especialmente para o aparato dixestivo. Testemuñas orais de veciños da parroquia fan fincapé nesas virtudes terapéuticas e curativas:

     “Se vades á Fonte Santa atoparédela abaixo da aldea de Pumares, á beira do río, onde hai unha pena grande onde se poñían as cruces nos buratos e fendas. E tamén na casa de Sánchez había un peto de ánimas, onde os devotos deixaban a esmola para a Virxe dos Alimentos (imaxe que se venera na igrexa de Belmil), cando volvían da fonte coa auga"

     "A fonte ten auga azafrada, e a ela viña moita xente da comarca, e aínda a levaban para as leiras e bichos das hortas. E poñíanlle (á fonte) cruces e flores, e se algún botaba pecados secaba, e cando deixaba de botalos a auga volvía. E facía milagres e curábase a xente"

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA