viernes, 5 de diciembre de 2014

CHOZO DOS FOIXOS - COVELO

 CHOZO DOS FOIXOS
CAMPO
COVELO
SERRA DO SUIDO


       O chozo é unha construcción en pedra de neis que daba acobillo aos pastores da Serra do Suído, cando se turnaban diariamente para coidar o gando ao longo do ano. Hoxe en día estos símbolos desta arquitectura, permite coñecer cómo era a vida en épocas pasadas nesta zona. 



     

     Aínda que non existen datos arqueolóxicos fiables ou documentos escritos que precisen a súa construcción, segundo a tradición oral xa eran recordados como moi antigos no século pasado. Dado o seu estilo arquitectónico podería sinalarse a súa orixe nos séculos de difusión do románico (séculos XII e XIII)


A SÚA ARQUITECTURA

     O interior é unha peza única, dunhas dimensións ao redor dos 20 metros cadrados, construídos en neis. Ao redor dos chozos establecíanse os "cortellos", cada familia tiña o seu e estaban destinados a acobillar aos becerros , na actualidade a maioría están derruídos. 



     Cerca dos chozos había tamén un redil non moi grande, feito de cachotería, lousas e grandes bloques pétreos. 



     Pechando todo o conxunto situábanse as lousas verticais que delimitaban a zona de pastoreo de cada chozo. 


     Podemos dicir por tanto que o conxunto era unha unidade de explotación gandeira de montaña. 


     Os chozos atópanse en torno á cota dos 900 metros de altitude, na falda nacente, protexidos dos ventos e aproveitando en ocasións a inclinación das ladeiras da montaña. Integrándose totalmente os tellados coas pendentes do terreo.



     Este emprazamento na caída da montaña facilitaba a súa construcción. De planta regular, as súas dimensións son prácticamente constantes, adoita a haber bancos de pedra corridos adosados á parede, o espesor dos seus muros é considerable (0,6-0,8 metros) debido á grande carga que teñen que soportar. 




     A porta de entrada non adoita ser grande, e debido ao pesado da construcción os vanos adoitan reducirse.


     Sobre a existencia de portas de madeira, ferro ou outro elemento que pecharan o chozo non existen referencias, aínda que é lóxico pensar que dispoñian dalgun elemento para pechalos, principalmente para manter o calor dentro do habitáculo e protegerse de posibles ataques de lobos e outras feras. 



     Hai soamente uns ventanucos, que semellan arpilleiras e que adoitan situarse nas fachadas laterais, orientados a nacente e a poñente, pódese pensar que valen como "tiro" do lume que se facía no interior, e tamén para recoller os primeiros e últimos raios de sol. Ademáis no interior hai unha serie de nichos rectangulares que servían para gardar obxectos personais, comida, roupa, etc.



Campo
     Parroquia de grande tradición gandeira, bañada polo río Tea e situada na aba sur da Serra do Suído dispón dun bo monte cinexético. Nas súas cotas máis baixas poderemos perdernos en frondosos bosques autóctonos.



Os seus barrios e lugares son:
 

     Barcia, A Bouciña, Bustelo, Cascardoso, A Costa, A Ladeira, O Loureiro, O Outeiro, San Pedro.

 
Covelo
     Covelo fórmano 14 parroquias sobre un terreo moi variado e accidentado. Vales profundos, ríos, montañas especialmente marcadas no límite noroeste, con alturas superiores ós 1.000 metros constituen unha grande variedade paisaxística.



MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

DROGUERIA MODERNA - PONTEVEDRA

 DROGUERIA MODERNA
 PLAZA DE CURROS ENRÍQUEZ, 8
PONTEVEDRA


     La Drogueria Moderna de Luis Esteban, es el vivo recuerdo que tenemos de los comercios de antaño. Esa mezcla de colores, olores y formas que permanecen en la memoria de por vida; y que los más jóvenes observan con ese asombro mezcla de respecto e imagen irreal  sacada de una película cinematográfica.


     

     La Dorgueria Moderna es un comercio que ha sabido adaptarse a los cambios que marcan las tendencias de consumo, pero que ha mantenido toda la gama de productos y  la  experiencia acumulada con el paso de los años. 


     El reto debe ser difícil, ya que es la única en su género en nuestra comarca, lo que constituye uno de los polos de atracción más grande sobre las gentes de nuestro rural; además de su eficaz servicio de envío de mercancías a cualquier punto de la península.


Recetas de la fama
     La clave del éxito de la droguería se debe, a que ha sabido «adaptarse muy bien a los tiempos», manteniendo casi en exclusiva productos muy específicos ‘de toda la vida’ y renunciando a todos los artículos presentes en los grandes canales de distribución. «Así consiguen que la gente que busca algo concreto empiece por aquí».



     Hay cerca de 6.350 productos diferentes que atestiguan esta particular receta de la fama. En la ‘Droguería Moderna’ todavía se encuentran «colonias que nadie se atreve a copiar», como la afamada Varón Dandy y las de la casa Maja; los históricos masajes Floid para después del afeitado y un amplio abanico de productos de la firma Crusellas.


     Buena parte de sus demandantes son veteranos, con más de 65 ‘primaveras’, pero también hay mucha gente joven que, cansada de llevarse chascos con los productos comerciales, «vuelven a los remedios de antes o a los productos que les aconsejan sus padres y abuelos». 



     En el número 8 de Curros Enríquez encuentran, por ejemplo, un fantástico remedio para el tratamiento de las canas: la loción Sin Canil, que se fabrica en Lugo «y ha conseguido tumbar a los productos anunciados en televisión». También las lociones de quina para frenar la caída del cabello y varios antídotos para combatir el acné.


     Otro de los puntos fuertes del negocio son los combinados de hierbas para elaborar licor café y aguardiente de hierbas, cuya fórmula fue ideada por el fundador de la droguería y es utilizada por particulares y «bodegas importantes». 



     Tampoco hay que olvidarse de los productos para el campo, entre los que se encuentran repelentes de palomas, culebras y serpientes y un sinfín de compuestos para contraatacar las plagas en «viñedos, frutales y cuadras».


Historia
     Tras un recorrido por varios locales de la zona vieja, la ‘Droguería Moderna’ se asentó en Curros Enríquez en el año 1924, cuando la plaza era centro del comercio y reunía a firmas míticas como «Olmedo, Saturnino Varela o Tejidos Pedrosa».




     

     Su creador preparó el local para funcionar como una droguería de aquella época, en la que servían productos químicos, drogas y plantas, para la elaboración de todo tipo de productos. 


     El primer cambio llegó en los años 30, cuando se aprobó una ley que prohibía hacer drogas. «Solo permitía vender productos hechos por farmacéuticos, por lo que el fundador, que era droguero, se hizo farmacéutico y abrió en la puerta de al lado la farmacia que se mantiene a día de hoy».


     Con el paso de los años el negocio pasó a las manos de su hijo Luis Esteban Menéndez, que también se hizo farmacéutico y todavía sigue al frente con 94 años.

 

     El relevo generacional continuó con Eduardo Esteban Meruéndano, también boticario y tremendamente orgulloso de «seguir la tradición familiar» en la droguería, «un referente por antigüedad, seriedad y conocimiento».


MAPA


Fuentes: Web DROGUERIA MODERNA
Diario de Pontevedra 
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 4 de diciembre de 2014

FOXO DO CAMPO - COVELO

 FOXO DE LOBO DO CAMPO
PORTELA DAS TRAVESAS
COVELO
SERRA DO SUIDO


Foxo do Campo
      Tamén coñecido como a forca do lobo, é un antigo vestixio dunha trampa para cazar estes animais. 


     O do Campo ten como particularidade dous funís de entrada ao foxo. Segundo se recolleu da xente do lugar, cada funil de entrada correspondía a unha parroquia distinta.


     O foxo consta dun cercado de tres paredes converxentes feitas de grandes laxes graníticas que se vai pechando en forma de funil para finalmente rematar en dous corredores de 60 cms. que levan ao foxo, onde o lobo fuxindo da xente e verse cercado entra facilmente. 


     Este foxo, feito en mampostería granítica, ten unha profundidade aproximada de 2,5 metros de altura e 5 m. de diámetro. 


     Unha vez que o lobo caia na trampa, a veciñanza dáballe morte con pedras e paus.
Dúas pedras da parede norte, xa perto do pozo, amosan marcas de canteiro en forma de cruces gravadas.


     Dentro do foxo atópase un chouso para a durmida dos pastores, un curral, e unha mamoa espoliada e moi modificada.


     O conxunto, que foi restaurado no verán de 2013, está referenciado nun documento do ano 1650, aínda que é posible que o Foxo sexa máis antigo.


Campo
     Parroquia de grande tradición gandeira, bañada polo río Tea e situada na aba sur da Serra do Suído dispón dun bo monte cinexético. Nas súas cotas máis baixas poderemos perdernos en frondosos bosques autóctonos.


Os seus barrios e lugares son: 
     Barcia, A Bouciña, Bustelo, Cascardoso, A Costa, A Ladeira, O Loureiro, O Outeiro, San Pedro.



Que visitar en Covelo
     O concello de Covelo ofrece un conxunto de lugares para visitar diferentes e particulares.


     Podemos dividilos en varias categorías:
     Lugares de baño con encanto único como a praia de Maceira, praia de Barciademera, e lugares máis convencionais como a piscina municipal de Covelo.


     Patrimonio histórico: Covelo é o concello da zona con máis patrimonio histórico, as súas 14 parroquias contan cun grande número de monumentos: cruceiro de Covelo, o conxunto abacial de Barcia de Mera, a ermida de San Xoán do Mosteiro, son os máis emblemáticos, xunto cos xa mencionados no apartado de patrimonio histórico.


     Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para mover as máquinas. Construído en 1922 consta de catro edificacións: o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Conta ademais cun centro de interpretación das serras e o val. 


     Favum, o lugar da cera. O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños. Durante siglos os cereiros de Covelo elaboraron velas, exvotos e bloques de cera amarela e branca, que os llevou a unha especialización ainda visible hoxe no numeroso legado etnográfico relacionado coa ceraría. O Favum é un exemplo representativo que pode vostede visitar.



     Rutas de sendeirismo: Covelo é o sitio ideal para rutas, miradoiros naturais de situación extraordinaria, prados verdes, bosques autótonos, fervenzas, regatos; paraxes naturais de bondadosa beleza... estas características particulares convérteno nun lugar ideal para todo o que signifique práctica de turismo verde. O Concello de Covelo conta coas seguintes rutas: Ruta dos Carranos, Ruta Poza de Piñeiro, Ruta do Xabriña, Ruta Covelo Natura Aqa y Ruta Pedra do Lobo. Pode atopar toda a información necesaria para recorrer estos sendeiros nos enlaces seguintes e mais completa nas audioguías que se poñen a sua disposición na sección: Audioguias Rutas MP3 ou tamén nesta sección.


     Para os amantes da naturaleza as serras do Faro e Suído, os ríos Alén e Tea, os seus afluentes e as súas fragas, son os valores que máis poden satisfacerlles.



     Dispón de diversas posibilidades de aloxamento entre as que podemos resaltar o Camping de Maceira de recente apertura e a  Rectoral de Fofe, exemplo de casa rural, que se levanta sobre as ruínas da orixinal casa do cura, construída no século XVII. A torre e o muro de cierre do patio construíronse segundo a inscrición que figura no paramento exterior da torre, no ano 1830.



     Casa Museo Pazo da Cruz este conxunto atópase na Hermida e constitue un dos mellores exemplos da arquitectura tradicional da comarca e é un expoñente da Casa Grande (casa solariega) galega do século XVII que conserva todos os elementos propios desa época: Portón de entrada con cruz e pináculos, patio empedrado con fonte (auga no interior, privilexio do clero e a nobleza, en outra época) vivenda principal, vivenda dos caseiros, escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, “lareira”, “Alacenas” chan e paredes de pedra, habitacións con chans e divisións de madeira, cuadras, cobertizos, hórreo ...


     Casa Museo Leónides nome que toma da familia propietaria desta vivenda tradicional en  A Graña Covelo. O actual museo foi na súa orixe a casa familiar dos Leónides e agora foi cedida pola familia. A vivenda pretende reflectir coa máxima fidelidade como vivían os habitantes da Graña ós que se lle atribúe unha orixe xudea-conversa. A Casa é semellante ás tradicionais pallozas galegas e ten máis de trescentos anos de antigüidade. É a única que se conserva na actualidade nesta parroquia covelense.


MAPA


Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA