viernes, 7 de marzo de 2014

IGLESIA DE SAN GREGORIO - CORREDOIRA

IGLESIA DE SAN GREGORIO
CORREDOIRA
COTOBADE
PONTEVEDRA


COTOBADE
     La denominación de Cotobade podría derivar de la unión de las palabras "Couto do abade", pues toda la comarca pertenecía a la antigua jurisdicción que ejercía el superior del convento de Benedictinos de Tenorio.



     El municipio posee un abundante patrimonio arquitectónico empezando por las numerosas capillas e iglesias parroquiales, entre las que destacan la de Santa María de Sacos y la de San Martiño de Rebordelo de origen románico.



     Se trata de un ayuntamiento famoso por la piedra trabajada lo que se refleja en la arquitectura tradicional; grandes casas solariegas, rectorales y pazos como el de Bermúdez de Castro en San Xurxo de Sacos. Caminos empedrados y puentes comunican las distintas parroquias.



     Según la tradición, Cotobade es tierra de afamados canteros que trabajaban por toda España y se conocían con la denominación popular de “barrocos” (esta denominación tiene relación con el estilo arquitectónico del mismo nombre).



     Entre los más importantes está el maestro Cerviño, natural de Augasantas, autor de los cruceros de Hío, Covelo e Ponteareas entre otros.



     Destaca también la abundancia de molinos de agua en los márgenes de los ríos Almofrei, Lérez y Barbeira, los canales de agua y lavaderos de piedra, petos de Ánimas "sencillos monumentos de piedad popular asociados a la idea del purgatorio", frecuentes en caminos y encrucijadas como el de O Trebello o el de Famelga en Augasantas.



     La nevera de Caroi en el Monte do Seixo, construida para recoger la nieve y conservarla para el verano o los “foxos do lobo”, construcciones tradicionales empleadas para la caza del lobo. Destacan los de Corredoira, Carballedo y Valongo.



     En Cotobade pueden distinguirse dos zonas perfectamente diferenciadas: por un lado "las Tierra Altas”, donde se asinetan las parroquias más altas y bañadas por el río Almofrei, que nace en el Monte do Seixo, y que, desde Caroi, discurre por frondosos vallesdonde abundan los robledales, y otras masas forestales.



     Por otro, "las Tierras Bajas"; formadas por las parroquias del Valle del Lérez, que recibe los ríos Cabanelas, Calvelo y el propio Almofrei, afluente del río Lérez eje vertebrador de la comarca.



     Al mismo tiempo, Cotobade cuenta con un espacio perteneciente a la Red Natura 2000 en su extremo oriental, el LIC de la Sierra del Cando, incluida como Lugar de Interés Comunitario debido a su riqueza arbórea y hermosopaisaje de montaña.



 Corredoira (San Gregorio)
     Corredoira se localiza en el norte del municipio de Cotobade. 


     Cuenta con 156 habitantes (según el IGE del 2007). Se compone de diez entidades de población: A Anta, O Carballal, O Casal, O Lombiño, O Meixoeiro, O Outeiro, A Pedra Picada, As Pozas, A Redonda y O Val.



Iglesia de San Gregorio de Corredoira
     Planta basilical. Capilla con bóveda de nervios sobre ménsulas, de una sola clave decorada. 


     Nave con tres tramos, abovedada con bóveda de cañón, y arcos fajones de medio punto sobre pilastras.

MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE ALA - BARRO DE AREN

 MUIÑO DE ALA
BARRO DE AREN
CERDEDO


     A  parroquia de San Xoán Bautista de Cerdedo ten unha poboación de 935 habitantes, repartidos nas entidades de Abelaíndo, Arén, Barro, Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, O Coteliño, Limeres, Lourido, Meilide, Revolta, San Bernabé e Viduído.



     Bañan á  parroquia o río Lérez e os seus afluentes, que con augas cristalinas permiten a localización do rápido viaxar das súas abundantes troitas, dispoñendo para os aficionados á pesca dos cotos de pesca de Cerdedo nos ríos Lérez e Castro.



     Cerdedo, integrado na comarca de Terra de Montes, formaba parte no século VI da Diócese de Iria. 


     En 1115, dona Urraca otorgou a Xelmírez o señorío absoluto destas terras que formaban parte do actual municipio.



      Desta terra xurdiron os primeiros caudillos populares na loita contra os franceses, pagando por iso co incendio do templo de Castro e o arraso da parroquia de Quireza.



     Dentro do patrimonio cultural destacamo-los numerosos muíños que se atopan nun treito do río Lérez. 
 

     Esta zona, chamada polos veciños "os muíños", está situada ó final dun camiño estreito que está na man dereita da Ponte Valoutas.



     Neste lugar hai sete muíños dos que destacan o Muíño de Rosendo, antigo aserradeiro, o Muíno dos Netos, aínda en funcionamento e o Muíño dos Santeses.



     Tamén destacamos dúas eiras, a máis singular delas é a Eira da Pena situada na outra aldea. Trátase dunha concentración de canastros onde antigamente a xente mallaba o centeo.



     No barrio das Longas atópase a segunda eira, chamada Eira dos Netos, actualmente moi descoidada.



     Fai uns corenta anos en Cerdedo celebrábanse numerosas festas, e se ben hoxe algunhas se perderon outras estanse a recuperar, como a festa de San Pedro que se volve a celebrar dende hai uns anos. 


     A  festa de San Pedro é o 29 de Xuño, celébrase cunha misa solemne no barrio de San Pedro, logo os veciños van comer á carballeira do mesmo nome e pola noite hai unha gran festa.



     Outra das festas celebradas é a de San Xoán, patrón de Cerdedo. Celébrase cunha sardiñada e unha churrascada patrocinada polo concello para tódolos veciños,  e ás doce da noite préndese a tradicional fogueira para espanta-las meigas.



     Nembargantes, a  festa máis importante da parroquia é o Ecce Homo. Celébrase dúas veces no ano, en inverno o domingo anterior ó entroido, con novena durante toda a semana e o sábado e  domingo con misas solemnes.



     No verán celébrase de igual xeito, pero con verbenas pola noite os últimos venres, sábado e domingo do mes de xullo. A celebración do verán é moi importante pola súa procesión coas imaxes do divino Ecce-Homo, da Virxe das Dores e da Cruz do Desencravo, asistindo os devotos vestidos cun hábito de Nazareno. Ten moita devoción e asistencia.



     Como fillos ilustres   de Cerdedo temos o Pai Martín Sarmiento que viviu no pazo de Raposeiras en Meilide, o párroco Fernando García Leiro que fundou a rectoral e intentou facer un asilo e Pedro de Arén, mestre arquitecto das torres da catedral de Ourense.


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE FEÁS - BOBORÁS - OURENSE

IGREXA DE FEÁS
BOBORÁS
OURENSE


     Santo Antón de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. A parroquia abarca os núcleos de poboación de Feás, Borraxas, Vilachá e A Fenteira. A capitalidade parroquial está na aldea de Feás. 


     No século XX sufriu un gran descenso de poboación pola emigración, maiormente a México, pero tamén a Panamá, Venezuela, Suíza, Alemaña e incluso a Sudáfrica. Segundo o IGE, en 2012 contaba con 427 habitantes (186 homes e 241 mulleres). O nome da parroquia ten orixe na palabra latina fenales, é dicir, lugar de feno, de herba seca.



Xeografía
     Para chegar a Feás débese usar a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra), desviándose á altura de Brués. A parroquia de Feás está situada ó abeiro da cadea montañosa do Testeiro, ó agarimo do norte nas estribacións da serra.



     A parte máis alta da parroquia localízase no lugar da Fenteira, situada arredor dos 800 metros e chega nas cotas máis baixas ata os 450 metros de Borraxas, atopándose nunha zona de transición A Vilachá e Feás, que teñen unha altitude próxima ós 500 metros.



     A disposición destes dous últimos lugares semella a dunha zona de aterrazamento formadas nesa transición das terras de montaña cara ós fondos vales que describen os ríos Cardelle e Lodairo, xa en altitudes próximas ós 320 metros. Son estes cursos fluviais os que permitiron a construción de muíños e propician a aparición das primeiras paisaxes de viñedo na zona do Foxo e Amarante.



     Cunha superficie de 12,6 km², o seu terreo está constituído por rochas xistosas que modelan un relevo típico que se prolonga ata as veciñas terras de Beariz e ata o río Lodairo, onde se produce o contacto co dominio granítico, predominante na súa marxe esquerda.



Demografía
     A evolución demográfica de Feás está marcada pola emigración cara a América e Europa e, como noutras moitas zonas de Galicia, polo progresivo abandono do mundo rural.



Historia
     A parroquia de Santo Antón de Feás nace oficialmente o día 11 de xullo de 1789 ó segregarse xunto coa de Cardelle da de San Miguel de Albarellos á que pertencían as dúas. O primeiro párroco de Feás foi Agustín Otero, natural da mesma. Inicialmente quedou constituída polos lugares de Feás, As Costiñas, A Vesada, Puzós, Vilachá, A Fenteira e Antas Portas.



     En 1893 produciuse por parte do Bispado de Ourense un arranxo parroquial que afectou á configuración dos seus lindes, incorporando nesa data o lugar do Curro, que pertencía a Moreiras, e o de Borraxas, que dependía da parroquia de Cameixa.



     Na Idade Media e Moderna, a súa dependencia á Encomenda de Pazos de Arenteiro, da Orde de San Xoán, condiciona a súa vida e a dos seus habitantes, marcada pola existencia dos chamados foros ou arrendamentos de terras, constituíndo un territorio agrícola e gandeiro e lugar de paso de arrieiros e comerciantes cargados de viño do Ribeiro con dirección a Pontevedra.



     Este paso dunha importante vía de comunicación fai dela unha parroquia puxante e así, no ano 1842, comeza a realizarse cada día 5 -máis adiante pasará ó día 8- unha importante feira á que concorren as xentes do seu contorno a comerciar co gando e demais especies da zona. Esta feira mantivo certo pulo ate a década de 1980.



Patrimonio
     A presencia do home nesta terra vén dende moi antigo, quedando como testemuña milenaria desta pegada humana a existencia de numerosas mámoas espalladas por todo o seu territorio: 4 na Vesada, 3 no Curro, 5 en Vilachá e 1 na Fenteira. Estes indicios prehistóricos son tamén visibles no chamado Castro de Meimón, en Vilachá.



     A parroquia mantén, aínda que cada vez máis deturpada, unha rica arquitectura tradicional que se observa nas zonas máis antigas da mesma e que está presente en toda a zona montañosa conformada polas serras do Testeiro e do Suído. É unha arquitectura cunha tipoloxía básica de casa de cachotería de xisto, tellado de grandes lousas, corredor pétreo e patín. En moitas delas vese un curral que pecha por diante a casa e que recibe o nome de quinteiro.



     O cruceiro situado no lugar da Cruz é o único vestixio artístico do seu pasado máis recente. Estas arquitecturas tradicionais, completadas con eiras e numerosos hórreos, víronse alteradas coas novas edificacións construídas polos numerosos emigrantes, que racharon cos modelos tradicionais.



     Testemuña interesante das súas tradicións é a figura do felo, personaxe asociado ó entroido desta parroquia, que por esas datas percorrían disfrazados de tal figura os camiños e casas os mozos de Feás. 
 

     Ían dotados dunha vestimenta na que destacan as colchas coas que se cobren, a carauta e o gorro con numerosas fitas de cores. Eran personaxes dotados dunha certa "agresividade", xa que zoupaban coas varas que portaban facendo fuxir coas súas carreiras a quen se lle puña por diante. Actualmente acoden anualmente ó Entroido de Boborás.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CASTRO DA CRUZ DO CASTRO - COTOBADE

CASTRO DA CRUZ DO CASTRO
CARBALLEDO
COTOBADE
PONTEVEDRA


     A Cruz do Castro é un outeiro que se sitúa ás costas do barrio da Igrexa, en Carballedo, e sirve de soporte a un dos conxuntos patrimoniais máis coñecidos do Concello de Cotbade.



     Consta dun xacemento arqueolóxico, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construccións de arquitectura popular.



     As escavacións arqueolóxicas feitas polo equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Concheiro en 2008, 2009 e 2010, sacaron á luz vestixios de construccións e materiais da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, os dous intres históricos nos que se move o asentamento.



     Desa última fase o rexistro material é sorprendentemente rico:  cerámica local e de importación do Mediterráneo, algún numisma e obxectos de uso cotián e adorno persoal, entre os que destaca un anel de bronce e un pendente de ouro.



     Esta última peza ten unha importancia extraordinaria, xa que é a primeira vez que se atopa en Galicia unha xoia desas características nunha escavación científica.



     No recinto principal atópase, asemade, o Muíño de Vento de Laredo, unha das catro construccións deste tipo existentes en Cotobade. É do tipo bidireccional de cuberta fixa e foi recentemente restaurado.



     Nas súas inmediacións atópase o baseamento e pedestal da cruz que coroaba o monte e que lle daba nome, destruída durante o século pasado.



     O descubrimiento dun pendente de ouro, na campaña do 2009, dentro da excavación tivo unha repercusión mediática importante.



     Neste ano 2010 a excavación recibiu numerosas visitas incluíndo unha nocturna, co fin de achegar a traballo realizado a todos os veciños e interesados.

MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA