CALDEIRAS DO CASTRO
AREA RECREATIVA DO CASTRO
MUXÍA
Constitúe unha das áreas turísticas máis importantes do concello pola súa situación, así como pola existencia das "Caldeiras do Castro", curiosa forma onde o río fai unha especie de cascada que chama a curiosidade do visitante.
A situación asimesmo dunha capela datada de 1660 fan dela un enclave importante dentro do concello.
Son moitas as paraxes naturais e de gran beleza
as que ofrece a Costa da Morte. Un claro exemplo do que o visitante non
pode deixar de ver na Fin do Mundo son As Caldeiras do Castro,
ubicadas na parroquia muxiana de Coucieiro.
Para chegar a este máxico
lugar pode accederse desde a estrada AC-552 A Coruña-Fisterra. Preto do
kilómetro 77 está o desvío á dereita. Tras pasar o lugar de Senande, á
esquerda, en dirección a Trasufre, e a seguinte estrada á dereita xa
leva a O Castro.
Nese lugar, o río que baña o
concello muxián amósase do xeito máis fermoso. Pode verse unha
espectacular cascada, duns oito metros de caída.
O
nome do enclave –caldeiras– débese ás formacións feitas pola auga e o
paso dos séculos nas graníticas rochas, unha especie de piscinas
naturais. Todo elo rodeado de pedras escalonadas e unha espesa e variada
vexetación.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA