IGREXA DE SAN XIAO DE RODÍS
RODÍS DE IGREXA
LALÍN
Templo do século XII. é unha das xoias románicas do municipio.
A pesar da sancristía apegada no muro norte e a espadana, engadidas no S XVIII. posúe a súa fábrica orixinal case intacta.
A ábsida é rectangular, con cruz patada. A portada occidental é dunha arquivolta sustentada por columnas arrimadas, con bases e fustes lisos e capiteis decorados con cunchas.
Sobre a porta ábrese unha saetera de derrame interno.
O muro sur alberga unha porta sinxela sen arquivolta finalizada cun tímpano pentagonal. A cornixa está sustentada por ménsulas en proa e curva, e está decorada con bólas.
A 300 metros da igrexa atopamos a antiga fábrica de papel de Rodís..
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
Situación
A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia.
Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
























































