PORTO DE ÉZARO
ÉZARO
DUMBRÍA
O Ézaro
Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría, bañada pola Ría de Corcubión.
Segundo o IGE en 2022 tiña 603 habitantes (322 mulleres e 281 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.
A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico.
A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.
Etimoloxía
Ézaro ou Ésaro (con seseo) vén do medieval Isaro, que tería unha orixe hidronímica indoeuropea cunha raíz eis- ou is-: moverse rapidamente ou violentamente, referido ao tramo final do río Xallas cando cae na fervenza de nome Ézaro.
A raíz está viva en verbos do sánscrito como ísyati (bulir), ésati (esvarar). En Italia existe o río Esaro, afluente do Crati, coa mesma orixe.
En Francia existe o río Isère, afluente do Ródano, en Aragón o río Esera, afluente do Cinca.
En Baviera o Isar, afluente do Danubio, en Flandres o Yser ou Ijzer, o Eisrà en Lituania e casos británico deformados.
Lugares do Ézaro
O Cancelo, O Castelo, As Covas, A Croa, A Estrada, O Ézaro, Finsín, As Lagoelas, A Laxe, O Lombiño, A Pena, Río do Barco, San Crimenzo, Santa Uxía, O Santo
Comarca de Fisterra
A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee.
O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra.
A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.
Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901