domingo, 28 de enero de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE PRADO - PRADO - CASTRELO DE MIÑO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE PRADO

PRADO

CASTRELO DE MIÑO

 Prado de Miño
        Santa María de Prado de Miño é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense.

     No ano 2017 tiña 198 habitantes (100 homes e 98 mulleres).

Lugares de Prado de Miño 
     Prado

Lugares da parroquia de Prado de Miño 

      Astariz (Santa María), Barral (Nosa Sra. das Neves), Castrelo de Miño (Santa María), Macendo (Santa María), Ponte Castrelo (Santo Estevo), Prado de Miño (Santa María), Vide de Miño (San Salvador)

Castrelo de Miño
       Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Xeografía
       Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia.

       Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.349 habitantes (conforme o padrón de 2019), distribuídos nas parroquias de Macendo, Barral, Castrelo de Miño, Astariz, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño.

     A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral.

       Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 


      Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901