LAGAR RUPESTRE VIÑA DO MONTE
LANTAÑO
PORTAS
Este lagar rupestre é o primeiro localizado en toda a comarca do Salnés e, probablemente, foi construído na Idade Media. Trátase dun lagar de pisado, é dicir, nel botábanse os acios que se viñan de vendimar para, mediante pisado, extraer o mosto.
Este saía pola canle onde se poñía un bico de madeira, para que non escorregase pola pedra, e caía probablemente nun barcal de madeira. O máis habitual era que o mosto se baixase ata as adegas en pelellos que se enchían por inmersión no barcal.
Os investigadores dan como época máis probable a Idade Media pero, a falta estudos como datacións radiocarbónicas, aínda non se pode descartar que sexan aínda máis antigos, por exemplo romanos.
Na zona de Monterrei, seguida de Ribadavia, existe a maior concentración coñecida de lagares rupestres de Galicia, aínda que tamén se atopan algúns en Trives, Quiroga, As Neves, Ponteareas e Mondariz. Alí existen de pisado pero sobre todo de prensa, similares aos lagares de pedra que aínda se conservan, e incluso se utilizan, en moitas adegas familiares por toda Galicia.
Este tipo de lagares rupestres téñense atopado tamén noutros lugares da Península Ibérica (Rioja, Douro…) e noutros lugares de Europa (Italia, Alsacia, Alemaña, Malta…) e Asia (Turquía, Palestina…). A súa existencia na Península Ibérica coincide coas actuais zonas vitivinícolas sendo máis frecuente atopalos sobre rochas graníticas.
Actualmente pode vostede comprobar que non existen cultivos de vide na súa contorna inmediata, polo que tamén amosa os cambios no uso do solo que se produciron ao longo destes anos.
A memoria destes cultivos quedou gardada nos topónimos que rodean este lugar con nomes tan suxestivos como Viña Nova ou Viña do Monte.
Ao extraer o mosto e fermentalo separado do bagazo o máis probable é que o viño que se obtivera sería un clarete. Non se sabe con certeza cando se abandonaron este tipo de lagares, aínda que en Portugal se constatou o uso dalgún ata o 1700. Noutras rexións coma na actual Turquía séguense a usar na actualidade.
VIDEO
MAPA
Fuente: Comunidades de Montes de Lantaño
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901