miércoles, 6 de diciembre de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILELA - VILELA - PUNXÍN

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILELA

VILELA

PUNXÍN

Vilela
      Santa María de Vilela é unha parroquia do concello de Punxín na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2012 tiña 63 habitantes, deles 35 eran mulleres e 28 eran homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 88 habitantes.

Patrimonio
       Igrexa de Santa María de Vilela. De orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi.

       Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

Lugares de Vilela
       Barxelas, O Chao, Figueiroa, A Nogueira, A Vila

Punxín
      Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

        Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 749 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio é punxinés.

Xeografía
      O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polo río Barbantiño.

Patrimonio
        Consérvanse restos de poboados castrexos no monte de San Trocado e no castro de San Cibrao de Las, no límite co concello de San Amaro.

        A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

       A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.

      A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.

       A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.

       A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras  de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.

      A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.
 
     O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901