jueves, 2 de mayo de 2024

EIRA DE LOUREDO - LOUREDO - MASIDE

 EIRA DE LOUREDO

LOUREDO

MASIDE

 Louredo
      Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.

Etimoloxía
      O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.

Patrimonio
       Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal.

      No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.

Festas
     As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.

Fonte
       Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.

Lugares de Louredo 
     A Carreira, Espiñeiros, Louredo. Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro. Ribadal. Sante

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

EIRA DE LAMAS - LAMAS - SAN MARTIÑO DE LAMAS . SAN CRISTOVO DE CEA

 EIRA DE LAMAS

LAMAS

SAN MARTIÑO DE LAMAS

SAN CRISTOVO DE CEA

San Martiño de Lamas
     San Martiño de Lamas é un lugar da parroquia de Lamas, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE, en 2023 tiña 8 habitantes (2 homes e 6 mulleres).

Lamas
       San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      En 2007 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres), sete menos ca en 2006

Toponimia
      O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.

Lugares de Lamas
      
Lamas, San Martiño de Lamas, Santrós

San Cristovo de Cea
       San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
        O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

      O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

       O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Historia
       Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

       En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Toponimia
       O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira".

       A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

       Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).

Patrimonio arquitectónico
        Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
        No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Economía
      O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.

      A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

 Parroquias de San Cristovo de Cea    
       Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

HORREOS DE OXÉN - SOBREIRA - VILAMARÍN

 HORREOS DE OXÉN

OXÉN

SOBREIRA

VILAMARÍN

Oxén
      Oxén é un lugar da parroquia de Sobreira, no concello ourensán de Vilamarín, na comarca de Ourense. 

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 75 habitantes (41 homes e 34 mulleres).

Sobreira
     San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres. O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Patrimonio
      No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión.

     O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.

Lugares de Sobreira
      Arbor, Oxén, O Rego, Sobreira

Vilamarín
      Vilamarín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2056 habitantes (2236 en 2003).

      O seu xentilicio é vilamarinés.

Xeografía
     Situado ao norte da provincia e a 17 km da súa capital, o concello de Vilamarín ocupa unha superficie de 56 km².

      Limita ao norte co concello de Carballedo (provincia de Lugo) ao sur con Amoeiro, ao leste coa Peroxa e ao oeste con San Cristovo de Cea.

     Dende 1987 celébranse a mediados de xullo as Noites Teatrais.

Parroquias de Vilamarín    
      Boimorto (Santa Baia), León (Santa Baia), Orbán (Santa María), Reádegos (San Vicente), O Río (San Salvador) | Sobreira (San Xoán), Tamallancos (Santa María), Vilamarín (Santiago), Viña (San Román)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

 

 












































































































































































PETO DE SAN FIZ - SAN FIZ - ARMESES - MASIDE

 PETO DE SAN FIZ

SAN FIZ

ARMESES

MASIDE

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA